O freixo común, chamado simplemente freixo (Fraxinus excelsior) é unha árbore polígama de ata 30–40 m.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2023.) |
O seu sistema radicular é potente e estendido e presenta un tronco dereito e cilíndrico cunha cortiza lisa e verde agrisada nos exemplares novos que se volve parda escura, rugosa e gretada nos exemplares adultos. A copa é alta, ovoide, estendida e pouco ramalluda.
Freixo común | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Freixo senlleiro | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Fraxinus excelsior' L. | |||||||||||||||||||
Distribución da especie |
Pódese confundir co freixo de folla pequena (Fraxinus angustifolia), do que se distingue por ter as xemas negras e aveludadas.
Esta especie é orixinaria de Europa e o oeste de Asia, habita en sebes, ribeiras e bosques con solos frescos e profundos. É abondosa no norte de Galiza, e no sur é substituída polo Fraxinus angustifolia. O segundo nome latino (Excelsior), significa o "mais alto", por ser o freixo que acada maior altura.
Ademais de freixo, a forma máis común en toda Galiza, outras denominacións galegas son: afereixo, afreixo, freixa, freixeira e frinxo. Para o colectivo existen as denominacións freixal, freixedo, freixeiro e freixido.
As follas do freixo son dun tamaño que oscila entre os 20 e os 30 centímetros, caedizas, opostas, imparipinnadas, compostas de 9 a 13 folíolos (ás veces pode haber menos) de 5-11 x 1–3 cm cada un, sentados ou case sentados, entre ovados e lanceolados, acuminados no ápice, cuneados na base, serrados en todo o seu contorno, cun número de dentes dobre do número de nervios secundarios, verdes escuras na face e máis pálidas no envés. As follas, ó caer, adquiren unha tonalidade amarelenta moi chamativa.
As flores son de distintos tipos, unhas unisexuais e outras hermafroditas, pouco vistosas, amarelo-verdosas ou púrpuras, pequenas (2 mm), núas, con 2 estames e ovario súpero, agrupadas en panículas curtas de 2 a 3 cm, primeiro erectas, logo colgantes.
O froito é unha sámara de 25-50 x 7–10 mm, con á lanceolada, truncada ou escotada no ápice, arredondada na base, primeiro verde e despois parda. A semente madura a finais do verán.
É unha especie leñosa importante na formación da paisaxe, empregada como ornamental, para o que se seleccionan moitas variedades. A madeira empregouse tradicionalmente na construción de carros e outros apeiros de labranza, en xeral aqueles elementos que requiren robustez e flexibilidade como os mangos.
O freixo parece se-la madeira preferida para os eixos dos carros, segundo o cantigueiro popular, pola súa sonoridade:
A leña desta árbores é moi bo combustíbel e dá un carbón de primeira calidade xa que arde mesmo estando verde. As varas empréganse na cestería, e as follas como forraxe, moi apreciada para o engorde do gando.
As follas en infusión téñense empregado como laxante e diurético, e tamén para combater as enfermidades renais e a reuma. A cortiza pode empregarse para baixar a febre e tamén como aromática, aperitiva, tónica e expectorante. Para cura-la dor de cabeza úsanse infusións da casca maumiña de freixo.
Na Fonsagrada (Lugo), para cura-la úlcera dos meniños, empregan este remedio: botan nun prato de freixo nove cabezas de estrugas e nove areas de sal, fan sobre o corpo de cativo varias cruces e círculos e recitan a seguinte oración: “Sal de salgar,/ ortiga de ortigal,/ márchate Ulcera/ pró teu lugar,/ que nin crezas/ nin avivezas,/ nin fagas cousas/ que mal parezas./ Pol-o poder de Dios/ e da Virxe María,/ un Padre Nuestro/ e-un Ave María”. Débese repetir esta oración por nove veces, á vez que se botan ó lume o sal e as estrugas (Jesús Rodríguez López e Víctor Lis Quibén). Lis Quibén tamén recolleu no concello de Cotobade outro tratamento popular para cura-la úlcera que tamén utiliza un prato de freixo: botan nunha cunca de madeira de freixo nove gotas de aceite, nove de viño, nove de auga e nove areas de sal. Bendicen a parte enferma cun hisopo feito de nove gromos: tres de silva, tres de estruga e tres de fiúncho. O tratamento e o ensalmo correspondente repítese tres veces ó día durante nove días seguidos.
A abundancia de freixos en Galiza explica a abundancia de topónimos derivados, tanto do nome da propia árbore como do colectivo. A seguinte relación, quitada do Nomenclátor, amosa a súa distribución histórica por toda a xeografía galega:
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Freixo común |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Freixo común, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.