Periquito

O periquito (Melopsittacus undulatus) é unha especie de ave psitaciforme da familia Psittaculidae.

É o único membro do xénero Melopsittacus. É endémico de Australia, aínda que foi introducido noutras rexións do mundo por ser moi común o seu uso como mascota. É a ave de gaiola máis popular do mundo, e como animal de compañía só é superado en número polos cans e os gatos.

Periquito
Rango fósil: Paleoceno–actualidade
Periquito
Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Psittaciformes
Superfamilia: Psittacoidea
Familia: Psittaculidae
Subfamilia: Loriinae
Tribo: Melopsittacini
Xénero: Melopsittacus
Gould, 1840
Especie: M. undulatus
Nome binomial
Melopsittacus undulatus
(Shaw, 1805)
Hábitat natural en vermello
Hábitat natural en vermello

Hábitat natural en vermello

Descrición

Periquito 
Un periquito femia en Alice Springs (Australia), na que se aprecia o característico deseño listado que lle dá o seu nome científico undulatus (ondulado).

O periquito mide unha media de 18 cm da cabeza á punta da cola, e pesa ao redor de 35 g. A variedade silvestre ten as partes inferiores de cor verde claro liso, coa cabeza amarela cunha característica listaxe negra na súa parte posterior, do mesmo xeito que o resto das partes superiores do corpo e ás, aínda que con fondo verde amarelado. En cambio a súa garganta e fronte son de cor amarela, cunha pequena mancha morada na fazula e tres pintas negras enmarcando cada lado da base da garganta. A súa cola é de cor cobalto con manchas amarelas no centro das plumas laterais. As plumas de voo das ás son negras e verdosas, e as súas coberteiras negras con bordos amarelos, e teñen manchas amarelas no centro que só se ven cando despregan as ás. Posúe o bico moi curvado cara a abaixo, de cor gris verdoso, e patas grises azuladas zigodáctilas, con dous dedos cara a adiante e dous cara a atrás, o que lles facilita rubir polas árbores e alimentarse de sementes.

Os periquitos silvestres no seu hábitat natural de Australia son notablemente máis pequenos que os que se atopan en catividade. Ademais os criadores desta especie conseguiron multitude de cores e capas de periquitos (ex: azul, gris, gris-azul, violeta, branco, amarelo, amarelo-azul) aínda que a maioría dos que se atopan nas tendas de mascotas son azuis, verdes e amarelos. Como na maioría de especies de papagaios a plumaxe do periquito é fluorescente baixo a luz ultravioleta. Este fenómeno posiblemente está relacionado co cortexo e a selección de parella. Como moitas aves, os periquitos teñen visión tetracromática, aínda que para que funcionen as catro clases de conos simultaneamente necesítase a presenza de todo o espectro da luz solar. O espectro ultravioleta fai brillar as súas plumas, o que axuda a atraer ás parellas. As pintas da súa garganta reflicten a luz ultravioleta e poderían usarse para distinguir individualmente a cada periquito.

Periquito 
O sexo e a idade dos periquitos diferéncianse pola cor da súa cera. Os machos adultos téñena azul.

Determinación de sexos e idades

Para diferenciar se un periquito é macho ou femia a clave é a cera (parte superior do bico ao redor das narinas). Os machos adultos téñena completamente azul. Algunhas femias adultas téñena de cor variable dependendo do seu estado de celo: de branco a cor crema fóra da época de reprodución, e marrón cando está en celo, mentres que outras sempre a teñen branca ou esbrancuxada. Os inmaturos de ambos os sexos téñena rosada, xeralmente rosa violáceo nos machos novos. Ao mes de vida as crías saen do niño coa cera rosa. Durante as semanas seguintes, ás femias váiselles volvendo branca e aos machos azul (excepto nalgunhas variedades, como os albinos, lutinos ou píos recesivos, cuxos machos a manteñen de cor rosada ou morada toda a súa vida.) Nos exemplares novos pódese determinar o sexo así aos 3 meses de nacer sen marxe de erro.

A idade tamén se determina mediante as liñas na fronte: os novos téñena cuberta de liñas e os adultos téñena lisa e despexada; aqueles, ademais, presentan unha plumaxe de tons menos intensos. Tamén se diferencia un periquito novo porque ten o ollo completamente negro, e a medida que crece vaise aclarando o iris quedando un aro branco ao redor da pupila negra (excepto na variedade pía recesiva que non desenvolve esta cor de iris).

Canto

Os periquitos non son moi audaces no que se refire á imitación de sons, a diferenza dos seus curmáns os papagaios. Con todo, adoitan emitir algúns cantos curtos para comunicarse (o que puido dar orixe á súa cría), e expresan os seus sentimentos con movementos e sons. Os machos, caracterizados pola parte superior do bico cor azul escuro, adoitan ser máis activos no canto que as femias. Se se lles ensina con calma e habilidade, é posible que cheguen a repetir moitas palabras sinxelas e algunhas melodías curtas.

Taxonomía

O periquito pertence á familia Psittaculidae, a rama afroasiática e oceánica da superfamilia dos papagaios típicos (Psittacoidea), como único membro do xénero Melopsittacus. Anteriormente críase que estaba emparentado cos pericos dos xéneros Neophema e Pezoporus polo patrón listado da súa plumaxe. Con todo, os estudos filoxenéticos máis recentes baseados na análise de secuencias de ADN sitúano moi próximo aos loris (tribo Loriini) e aos loritos de higuera (tribo Cyclopsittini).

No pasado describíronse dúas subespecies do periquito: o periquito do norte e o do oeste, baseándose en pequenas variacións da cor e tamaño. Actualmente a maioría dos ornitólogos cuestionan esta diferenciación, xa que as diferenzas son moi pequenas, e as áreas de distribución das dúas supostas subespecies solapan, de forma que hai zonas onde voan nas mesmas bandadas e se aparean entre si. Por iso na actualidade non se recoñecen subespecies diferenciadas.

Ecoloxía e distribución

Periquito 
As mascotas escapadas ou liberadas asilvéstranse con facilidade nas rexións cálidas e secas. Parella silvestre en Suráfrica.

Os periquitos son orixinarios de Australia, e ocupan a totalidade do interior do continente australiano. É unha ave nómade que ocupa gran variedade de hábitats abertos en Australia, como as zonas de matogueira, herbeiras, sabanas, e arboredos despexados. Xeralmente atópase en pequenas bandadas, pero pode formar grandes bandadas cando as condicións son favorables. Desprázase de forma nómade en busca de comida e auga. Aliméntanse de sementes da herba, especialmente das do xénero Triodia, e ás veces fan incursións nos cultivos de cereais. A vida en bandadas facilítalles a existencia porque os axuda a defenderse dos depredadores.

Naturalizáronse no sur de Norteamérica, rexistrándose poboacións asilvestradas de periquito nas rexións de San Petersburgo (Florida) desde os anos 1940, aínda que na actualidade son menos abundantes que ao principio da década de 1980. Crese que a competencia cos estorniños pintos e os gorrións é a principal causa do declive destas poboacións.

Os niños atópanse normalmente nun oco no tronco da árbore. Pon entre 4 e 7 ovos, os cales son incubados durante 18-20 días, e o novo pito empluma (adquisición do seu primeiro abrigo de plumas) aproximadamente ós 30 días.

Avicultura

Periquito 
En catividade conseguíronse mediante cría selectiva exemplares de cor e tamaño diferente á variedade natural (dereita).

Os periquitos australianos son fáciles de domesticar, e poden ser adestrados para deixarse tocar e xogar coa xente, o que os converte nas aves máis difundidas como mascota do mundo. Son case tan intelixentes como moitos papagaios grandes, e prosperan co estímulo de xoguetes e interacción social coa xente e conxéneres. Peteirar é unha actividade moi agradable, sobre todo para o periquito femia. Un pouco de material para picar sempre debe estar a man, como unha rama coa cortiza ou as pedras de calcio (óso de sepia ou jibia), que axudan a gardar os seus bicos afiados e sempre sans.

En cativerio, viven unha media de 4-6 anos, pero poden vivir até 14. A duración da súa vida varía segundo o tipo do periquito australiano (os periquitos ingleses non viven tanto como os seus curmáns en Australia e América, debido aos anos de endogamia para cambiar o seu tamaño e trazos físicos) e a saúde de cada ave individualmente (exercicio e dieta). As enfermidades que poden aparecer en catividade son afeccións catarrais, diarreas, excoriacións e alteracións da pel das patas (debido a unha limpeza pouco rigorosa). Tamén se poden presentar tumoracións e verrugas nas zonas próximas ao bico en exemplares xa vellos ou criados nun ambiente de excesiva sucidade.

A alimentación do periquito baséase no millo e o alpiste, aínda que debe complementarse con outras sementes ou verduras (como a leituga, espinaca, pemento, cenoria etc). As froitas tamén son un bo complemento dietético para estes paxaros. De cando en vez pódeselles proporcionar un pouco de pan ou galleta, aínda que sempre con precaución de non darlles algo moi doce. Nas tendas de animais pódense atopar biscoitos, barras de sementes enriquecidas con vitaminas e outros suplementos especiais para estas aves. O aguacate, o chocolate e o perexil son tóxicos mortais para os periquitos australianos [Cómpre referencia]. O periquito máis novo, se se foi afacendo desde pequeno, aprende a consumir máis variedade de comida máis facilmente que un máis vello que estivo comendo só un tipo de sementes ou alimento.

Historia

O periquito menciónase por primeira vez no libro Naturalists Miscellany, cuxo autor é George Shaw, director do Museo Británico de ciencias naturais, no ano 1781. No ano 1840, o científico John Gould logrou levar os primeiros periquitos vivos a Inglaterra.

Debido á súa beleza pronto se empezaron a capturar miles de periquitos para comercializalos pero o transporte de meses e o descoñecemento da súa alimentación provocaba unha mortalidade do 98%. Pronto se descubriu que comían millo miúdo e alpiste, igual que os canarios. O que non se sabía é que criaban en caixas niño, só se lles ofrecían niños abertos, ata que por casualidade en 1855 a condesa de Schwerin en Berlín (Alemaña) logrou crialos dentro dunha noz de coco. A partir de aí empezáronse a criar grandes cantidades de periquitos.

A primeira mutación foi a amarela, que apareceu no ano 1872 en Bélxica. No ano 1878, apareceu a mutación azul. Ambas as mutacións alcanzaron prezos desorbitados: unha parella de periquitos azuis podía custar máis que un bo cabalo de carreira. Ata que a cría sistemática destas cores se levou a cabo e apareceron novas mutacións que proporcionaron á especie unha gran variedade.

Periquito 
Novo periquito femia (cera branca) co seu primeiro cambio de plumas e con cores similares aos atopados na natureza.

Variedades

Os criadores traballaron durante décadas para producir unha ampla variedade de cores e mutacións: verde e azul, grises, violetas, perlados, ás claras, entre outras. Actualmente coñécense máis de 25 variedades ou mutacións, incluídas algunhas que modifican a pluma como os moñudos e celestiais xaponeses.

Existe unha variedade considerada como enfermidade, a cal se denomina "plumeiro". Nesta variedade prodúcense alteracións orgánicas que fan que as plumas non deixen de crecer, o que leva a problemas de saúde e inflúe significativamente na expectativa de vida da ave.

Existe unha variedade de periquitos australianos modernos denominada "perico inglés", máis grandes que os seus irmáns salvaxes, con plumas principais máis longas, dándolles unha aparencia notablemente de maior tamaño. Actualmente son coñecidos tamén como "australianos de exposición" pero, a pesar de haber diferenzas na súa cría, trátase do mesmo periquito Melopsittacus undulatus. Nos máis modificados, os ollos e o bico quedan bastante ocultos dentro das plumas nunha vista de fronte. Estas variacións afectan á mecánica de voo e dificultan algunhas tarefas básicas como a reprodución, o que diminúe a súa calidade da vida. Tales aves son tamén máis propensas a mutacións xenéticas debido á endogamia que lles deu orixe.

Cría

A reprodución en catividade é relativamente fácil. Indúcese á cría colocando un niño que pode ser unha caixa de madeira na que a femia poida estar completamente ás escuras. A femia deposita de tres a nove ovos, e a incubación dura dezaoito días. Poden criar durante todo o ano; é importante ter unhas condicións aptas para a cría xa que ao ter pouco espazo para esta ou un niño moi alto as crías poden caer e morrer.

Tanto se se desexa a súa cría coma se non, o mellor para o equilibrio psicolóxico dunha ave social intelixente como esta é tela en parellas, para que poida desenvolver a interacción social que necesita. Ter só un macho podería causar trastornos sexuais, mentres que ter dúas femias pode causar a animosidade entre elas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pranty, B. 2001. The Budgerigar in Florida: Rise and fall of an exotic psittacid. North American Birds 55: 389-397.
  • Forshaw, Joseph M. & Cooper, William T. (1978): Parrots of the World (2nd ed). Landsdowne Editions, Melbourne Australia ISBN 0-7018-0690-7
  • Collar, N. J. (1997). Budgerigar (Melopsittacus undulatus). Pg. 384 in: del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. eds. (1997).
    Handbook of the Birds of the World. Vol. 4. Sandgrouse to Cuckoos. Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 84-87334-22-9

Tags:

Periquito DescriciónPeriquito TaxonomíaPeriquito Ecoloxía e distribuciónPeriquito AviculturaPeriquito NotasPeriquito Véxase taménPeriquitoAustraliaAvesDomesticaciónEndemismoEspecieFamilia (bioloxía)PsitaciformeXénero (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

2022Juan CopaRDía Internacional dos TraballadoresKAna BolenaFerrolDeportivo da CoruñaMelideTim RobbinsCopa da CostaBisexualidadeVictoria Álvarez Ruiz de OjedaFernando Alonso1Luísa VillaltaRequiarioMaría VázquezMichelle PfeifferBakúMariola (xogo)Mona SimpsonAlba ManceboElvis PresleySomersby (sidra)Esther EstévezXosé Luís BernalAlfabeto galegoDeputación de OurenseAntón TovarLista de programas de Televisión EspañolaAlternativa por ArzúaBoyanka Kostova (grupo musical)2023Elizabeth DuvalBillardaPorqueiraThe Times of IndiaDaniel de la TorreJosé Manuel Rodríguez PuenteNWayback MachineAlbaniaEscáncerZoe SaldanaAmanda LearÁcido oxalacéticoEduardo PondalPimpín comúnCira, SilledaCalendario hebreoEusebio Alonso VieitesBidueiroPampallínMércoresParadigmas dos verbos irregulares galegosCitania de SanfinsXoniaFran TorresSardiñaBukkakeIES Valle InclánO Carregal, Valadares, VigoJosé Manuel LageFrancisco Fernández del RiegoParque Nacional das Illas AtlánticasFolgoso, Castro CaldelasSantuario de Nosa Señora da PenedaGrupo RompenteBetanzosOProvincia da CoruñaPonteareas🡆 More