Perexil

Petroselinum crispum var.

Perixel / pirixel
Perexil
Perexil
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Xénero: Petroselinum
Especie: Petroselinum crispum
Subespecies

neapolitanum

O perexil ou pirixel (nome científico: Petroselinum crispum) é unha planta herbácea do xénero Petroselinum dentro da familia Apiaceae, que se distribúe amplamente por todo o mundo, e é cultivada como condimento culinario.

Hábitat

Atópase naturalizado en hortos, xardíns e ás veces en marxes de camiños, muros, cultivos etc. de toda Europa e en parte de Asia.

Descrición

O perexil (Petroselinum crispum) é un planta herbácea bienal, aínda que pode cultivarse tamén como anual. Forma unha roseta empenachada de follas moi divididas, alcanza os 15 cm de altura e posúe talos floríferos que poden chegar a pasar os 60 cm con pequenas flores verdes amareladas. O seu cultivo coñécese desde hai máis de 300 anos, sendo unha das plantas aromáticas máis populares da gastronomía mundial.

A variedade perexil grande Petroselinum crispum tuberosum, posúe unha raíz engrosada axonomorfa, semellante á charouvía, que é a que se consome como hortaliza crúa ou cociñada. Esta variedade ten follas máis grandes e rugosas que as do perexil común e máis semellantes á especie brava.

Compoñentes

Perexil, fresco
Valor nutricional por 100 g
Enerxía151 kJ (36 kcal)
6.33 g
Azucres0.85 g
Fibra alimentaria3.3 g
0.79 g
2.97 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
53%
421 μg
47%
5054 μg
5561 μg
Tiamina (B1)
7%
0.086 mg
Riboflavina (B2)
8%
0.09 mg
Niacina (B3)
9%
1.313 mg
Ácido pantoteico (B5)
8%
0.4 mg
Vitamina B6
7%
0.09 mg
Ácido fólico (B9)
38%
152 μg
Vitamina C
160%
133 mg
Vitamina E
5%
0.75 mg
Vitamina K
1562%
1640 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
14%
138 mg
Ferro
48%
6.2 mg
Magnesio
14%
50 mg
Manganeso
8%
0.16 mg
Fósforo
8%
58 mg
Potasio
12%
554 mg
Sodio
4%
56 mg
Cinc
11%
1.07 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

As follas de todos os tipos de perexil son ricas en vitaminas A, B1, B2, C e D, sempre que se consuman en cru, xa que a cocción elimina parte dos seus compoñentes vitamínicos.

Uso medicinal

Unha infusión de perexil pódese usar como diurético. Os herboristas chineses e alemáns recomendan tomalo como un para regular a hipertensión, e os indios Cherokee úsano como medicamento tónico para mellorar o rendemento da vexiga urinaria. Tamén se usa frecuentemente como emenagogo.

O perexil incrementa a diuresis por inhibición da bomba de Na /K -ATPase no ril, favorecendo a excreción de sodio e auga, con todo incrementando a reabsorción de potasio e o seu aumento (PMID 11849841).

Cultivo

A súa reprodución realízase por sementes, nun lugar asollado e en calquera chan que non sexa demasiado compacto. Tamén é apta para cultivar en macetas ou xardineiras, podendo dispoñer dunhas follas frescas e tenras para aderezar os pratos cortando simplemente as necesarias e regando despois para estimular o crecemento vexetativo.

Etnoloxía

Ditos

  • Estar feito un pirixel: dise da persoa feble e enfermiza, que está moi magra.
  • Ser un pirixel, parecer un pirixel: aplícase á persoa persoa feble de saúde ou exquisita no carácter ou na comida.

Refráns

  • Quen queira ter prixel todo o ano, seménteo no mes de maio.
  • Sementa o prixel en maio, e terás prixel todo o ano.

Notas

Tags:

Perexil HábitatPerexil DescriciónPerexil CompoñentesPerexil Uso medicinalPerexil CultivoPerexil EtnoloxíaPerexil NotasPerexil

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Canle (comunicación)LuleåTranslocase da membrana internaIphigénie en Tauride (Gluck)PristiophoridaeAtaque de denegación de servizoBalthasar GérardCorallium rubrumIllas CookGran Premio de España de 2013Shirley ChisholmAmieiroConcepción ArenalARN transferenteQuenyaCastrelo do ValCabo VerdeAmazonProcellariidaeTriglicéridoGran Premio do Brasil de 2018Historia AugustaAntigo ExiptoMarineraXabarilFernando Salgado GarcíaEnantiornithesFariseoCronoloxía da segunda guerra mundialTimothée ChalametHarry BelafontePeleoXosé Manuel PiñeiroCinque TerreChrysolina graminis28 de marzoTangoFonoteca 92PonferradaCerebrósidoEurocopa de FútbolLingua malékuMiguel HernándezHoratio NelsonXXX edición dos Premios GoyaÁcido palmitoleicoDonicelaEscualenoCidade de MéxicoRichard SerraMarçal MolinéCaviarSan Martiño, FranciaCobaiaFernando Salgado VarelaSahelArco da vellaAvea comúnMercedes-Benz C112Dune (filme de 2021)KagoshimaA MecaReino de GaliciaGetty Thesaurus of Geographic NamesMullerBerberechoÁlvaro SolerIllas Virxes EstadounidensesLingua erzyaMaría I de InglaterraCosta da MorteChikungunyaJohn GarciaGripeLogroñoLand Rober Tunai Show🡆 More