Melodía: Sucesión de sons percibida como entidade única

Unha melodía é unha sucesión de sons que é percibida como unha entidade única.

Desenvólvese nunha secuencia lineal, é dicir ao longo do tempo, e ten unha identidade e significado propio dentro dun contorno sonoro particular.

Melodía: Etimoloxía, Descrición, Voz ou parte
Figura 1. Un compás da Fuga N.º 17 en La bemol, BWV 862 de O clavecín ben temperado de Bach, Johann Sebastian Bach - The Well-tempered Clavier - Book 1 - 11Efuge Bbmaj.ogg Reproducir
É un exemplo de contrapunto con 4 voces. As dúas voces (melodías) que hai en cada pentagrama poden distinguirse grazas á dirección das plicas das figuras.
BachFugueBar1.mid Reproducir 1ª voz ,
BachFugueBar2.mid Reproducir 2ª voz ,
BachFugueBar3.mid Reproducir 3ª voz ,
BachFugueBar4.mid Reproducir 4ª voz , por separado.

En sentido estrito unha melodía é unha combinación de alturas e ritmo, mentres que nun sentido máis figurado o termo en ocasións ampliouse para incluír as secuencias doutros elementos musicais como o timbre. Pódese considerar que a melodía é o primeiro plano respecto do acompañamento de fondo. Pero unha liña melódica ou unha voz non ten necesariamente que ser unha melodía en primeiro plano.

Etimoloxía

O vocábulo provén do baixo latín «melodia». Este termo latino, á súa vez, proviña do grego μελῳδία [melōidía] que significaba "canto coral" e era unha palabra composta de μέλος [melos] que significa "canción, música que acompaña a unha canción" e ἀοιδή [aoidḗ] que á súa vez quere dicir "canto, canción".

Descrición

A miúdo as melodías consisten nunha ou máis frases ou motivos musicais, e xeralmente repítense ao longo dunha canción ou peza musical en diversas formas. As melodías tamén poden ser descritas polo seu movemento melódico ou polas alturas ou intervalos entre alturas (predominantemente conxuntos, ou disxuntos ou con outras restricións), a gama tonal, a tensión e a relaxación, a continuidade e a coherencia, a cadencia, e a forma.

A melodía parte dunha base conceptual horizontal, con eventos sucesivos no tempo, e non vertical como sería nun acorde onde os sons son simultáneos. Con todo, esta sucesión pode conter certos cambios de alturas e duracións, e aínda ser percibida como unha soa entidade. A melodía é unha sucesión de sons que normalmente segue un esquema harmónico.

Elementos

Dada a cantidade e variedade de elementos e estilos de melodía «moitas das explicacións [de melodía] existentes limítannos a un modelo de estilo específico, sendo por tanto descricións demasiado excluíntes». Paul Narveson afirmou en 1984 que máis de tres cuartas partes das cuestións teóricas acerca da melodía non foron completamente exploradas.

As melodías existentes na meirande parte da música europea escrita antes do século XX, e na música popular do século XX, caracterízanse por «patróns de frecuencia fixos e facilmente discernibles», repetición de «eventos a miúdo periodicamente, en todos os niveis estruturais» e «patróns de repetición de duracións».

Melodía: Etimoloxía, Descrición, Voz ou parte 
Figura 2. Melodía medieval inglesa Pop Goes the Weasel. Melodía: Etimoloxía, Descrición, Voz ou parte  Reproducir

Nas melodías da música clásica do século XX «empregouse unha maior variedade de recursos do acostumado en calquera outro período histórico da música occidental» no tocante ás alturas. A escala cromática pasou a ser «amplamente empregada», mentres seguía a ser empregada a escala diatónica. Ademais os compositores asignaron un rol estrutural ás «dimensións cualitativas» que en tempos anteriores «reserváranse case exclusivamente para alturas e ritmo». En palabras de Kliewer «os elementos esenciais de calquera melodía son a duración, a altura, o timbre, a textura e a intensidade». Aínda que na práctica a mesma melodía pode ser recoñecible incluso cando é interpretada cunha gran variedade de timbres e dinámicas diferentes.

Exemplos

Os diferentes estilos musicais empregan a melodía de xeitos moi diversos. Por exemplo:

  • No jazz os músicos usan o termo lead ("principal") ou head ("cabeza") para referirse á melodía principal, que se emprega como punto de partida para a improvisación.
  • Na música rock, na música melódica e noutras formas de música popular ou da música folclórica téndese a escoller unha ou dúas melodías -estrofa e refrán- e aferrarse a elas. Pódense dar moitas variacións no fraseo e nas letras.
  • A música clásica india baséase en gran medida na melodía e no ritmo, e non tanto na harmonía, xa que nesta música non hai variacións de acordes.
  • Na música balinesa de gamelán empréganse a miúdo complicadas variacións e alteracións dunha soa melodía que se tocan simultaneamente. Este tipo de textura musical denomínase heterofonía.
  • Na música clásica europea os compositores adoitan introducir unha melodía inicial ou tema, para crear máis tarde variacións. A música clásica a miúdo consta de varias capas melódicas chamadas polifonía, que se amosa en formas como a fuga, un tipo de contrapunto. Con frecuencia as melodías constrúense a partir de motivos ou fragmentos melódicos curtos, como o inicio da Quinta Sinfonía de Beethoven. Pola súa banda, Richard Wagner popularizou o concepto de leitmotiv, que é un motivo ou melodía que se asocia cunha determinada idea, persoa ou lugar.
  • Na meirande parte da música popular e da música clásica pertencente ao período da práctica común, a altura e a duración son elementos de importancia primordial nas melodías. Mais na música clásica dos séculos XX e XXI a altura e a duración diminuíron en relevancia mentres que o timbre a gañou, como ocorre por exemplo:
    • Na música concreta;
    • Na melodía de timbres;
    • En Oito estudos e unha fantasía de Elliott Carter, que contén un movemento cunha soa nota;
    • Outro exemplo é o terceiro movemento do Cuarteto de corda de Ruth Crawford Seeger que data de 1931, (máis tarde orquestrada como Andante para orquestra de cordas) no que a melodía crease a partir dun conxunto inalterable de alturas a través de "dinámicas disonantes";
    • Na peza Aventures de György Ligeti, na que as repeticións fonéticas orixinan a forma lineal.

Voz ou parte

O concepto de melodía con frecuencia se relaciona con termos como voz ou parte. Unha voz (ou parte) é a música ou melodía interpretada por un só instrumento ou voz (ou grupo de instrumentos ou voces idénticas) dentro dunha obra maior. Unha particella denota a copia impresa da voz ou parte de cada instrumento, a diferenza da partitura, que contén a música que han de interpretar todos e cada un dos instrumentos dunha agrupación musical.

A escritura de partes é a composición das voces tendo en conta a harmonía e o contrapunto. As partes poden ser "partes externas", cando se trata das voces situadas na parte superior e na inferior; ou ben "partes internas" cando se atopan na franxa media.

Nun contexto polifónico o termo voz emprégase para designar unha soa liña melódica ou capa textural (ver Figura 1). O termo é xenérico e non pretende dar a entender que a liña debe ser necesariamente de carácter vocal, senón que fai alusión á instrumentación ou simplemente ao rexistro.

Por outra banda, unha parte na música de gaitas das Highlands é unha sentence. Polo xeral, cada unha desas partes consta de catro frases musicais que duran un ou dous compases. Varias frases combínanse para producir tanto un parágrafo así como unha obra ou melodía completa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Apel, Willi. Harvard Dictionary of Music, 2ª ed., p. 517–19.
  • Edwards, Arthur C. The Art of Melody, p. xix–xxx.
  • Holst, Imogen (1962/2008). Tune, Faber and Faber, Londres. ISBN 0-571-24198-0.
  • Smits van Waesberghe, Joseph (1955). A Textbook of Melody: A course in functional melodic analysis, American Institute of Musicology.
  • Szabolcsi, Bence (1965). A History Of Melody, Barrie and Rockliff, Londres.
  • Toch, Ernst (1931). La melodía, Labor, Barcelona.
  • Trippett, David (2013). Wagner's Melodies. Cambridge University Press.

Melodía: Etimoloxía, Descrición, Voz ou parte 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Melodía EtimoloxíaMelodía DescriciónMelodía Voz ou parteMelodía NotasMelodía Véxase taménMelodía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nós (revista)Gran Premio de España de 2013BantengSangueRichard SerraFosfatidilglicerolOs ÁnxelesXabarilÁcido succínicoOlaría da Grecia antigaISBNRosario Porto OrtegaPorto, PortugalOriente MedioOscar RobertsonBrasilAmazonArnold SchwarzeneggerUapitíLista de paísesElena RybakinaJosé Luis GilPeixes serraEd O'BrienCélula naiPolpa dentariaBicogrosoVíctor DupláLappeenrantaKevin LovePadrendaCaso Asunta BasterraCetoacidoseAmancio OrtegaSegunda República EspañolaSistema nervioso somáticoElvis PresleyInternational Statistical Classification of Diseases and Related Health ProblemsColectivizaciónSan Martiño, FranciaSueciaLevantamento Kerenskii-KrasnovMustela nigripesFasiánidosDécada de 1180Williams Grand Prix EngineeringGran Premio de Australia de 2018Indianapolis, IndianaSalgueiroMasturbación coas mamasTriglicéridoCircuíto Ricardo TormoNicho ecolóxicoTradución de proteínasAmeixónCONCACAFReggio de CalabriaPessachEstados Unidos de BélxicaLingua estonianaFinancial TimesRakel WinchesterIlla de NadalEdicto de MilánContactBill CosbyLobeiraSydney SweeneyTimothée ChalametFactor intrínsecoDobre hélice de ácidos nucleicos🡆 More