Unha palabra é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (agás nos casos en que se usa apóstrofo ou guión), é dicir é a unidade formada por un ou varios fonemas, illable e dotada de significado.
En moitos idiomas, a noción do que constitúe unha "palabra" pódese entenderse principalmente como parte da aprendizaxe do sistema de escritura. É o caso da lingua inglesa e da maioría das linguas escritas con alfabetos derivados dos antigos alfabetos latinos ou gregos.
Non existe consenso entre os lingüistas sobre a definición axeitada de "palabra" nunha lingua falada que é independente do seu sistema de escritura, nin sobre a distinción precisa entre ela e "morfema". Este tema é especialmente debatido para o chinés e outras linguas do leste asiático, e pode ser discutible para as linguas afroasiáticas.
A ciencia que estuda a composición e estrutura interna das palabras é a morfoloxía.
As palabras poden clasificarse segundo a clase sintáctica (categoría gramatical), segundo a súa acentuación ou segundo o seu número de sílabas.
O día 23 de novembro foi proclamado como Día Internacional da Palabra .
Cando nos referimos á palabra como "conxunto de letras" é parte da linguaxe escrita ou gráfica. Cando nos referimos á palabra como "conxunto de sons" é parte da linguaxe falada ou glótica. En ambos os casos, denomínase aspecto externo ou representación material da palabra, e a este aspecto externo, material, dáselle o nome de vocábulo.
Cando nos referimos á palabra como "índice da idea que representa", é dicir, cando se fala do sentido tras da palabra escrita ou falada, estamos a referirnos ao aspecto interno ou representación inmaterial da palabra, e a este aspecto interno, inmaterial, dáselle o nome de termo.
É por isto que o correcto é "explicar ben un termo", non "explicar ben un vocábulo". Do mesmo modo, o correcto é "pronunciar ben un vocábulo", non "pronunciar ben un termo".
As palabras poden ser combinadas para crear frases.
Unha palabra tamén pode ser definida como un conxunto de morfemas. Con todo, aínda que na lingua escrita a demostración deste concepto sexa relativamente simple (e en moitos sistemas de escrita as palabras sexan delimitadas por espazos entre si), hai idiomas que non empregan divisores de plabras, como no sánscrito. Alén disto, en manuscritos antigos latinos (e no xaponés, no que o uso do kanji era frecuente) o uso de delimitadores de palabra era optativo.
As palabras posúen trazos que permiten clasificalas en diferentes grupos, chamados categorías gramaticais ou clases de palabras. Tamén poden clasificarse segundo criterios morfosintácticos (categoría sintáctica e tipo de flexión), fonolóxicos (acentuación, número de sílabas) ou funcionais.
Tipicamente os adxectivos, substantivos, verbos e adverbios pertencen á categoría léxica; os demais tipos de palabras pertencen á categoría funcional.
En certas linguas con acento de intensidade fonolóxico, a posición do acento de intensidade non está fixada sempre na mesma sílaba; estas linguas denomínanse linguas de acento libre. En linguas de acento libre como o galego pode facerse a seguinte clasificación:
Fonoloxicamente o acento axuda a segmentar a cadea falada en grupos fónicos ou en palabras. En linguas de acento en posición fixa como o francés onde o acento cae ao final de cada palabra tónica, a identificación da posición do acento permite segmentar en palabras (exceptuando as palabras clíticas).
En galego o concepto de sílaba non é problemático e pode facerse recorrendo a criterios estritamente fonolóxicos: a posición das vogais determina que outros fonemas son inicio de sílaba (ataque silábico) ou final de sílaba (coda silábica). De acordo co número de sílabas as palabras poden clasificarse en:
As palabras con varias sílabas denomínanse polisílabas.
Noutras linguas o concepto de sílaba é máis problemático e non existe acordo entre os especialistas sobre como construír segmentacións en sílabas. Un exemplo moi claro son as linguas salish, que admiten grupos consonánticos de enorme complexidade, entre as que non hai ningunha vogal ou sonorante que permita establecer núcleos silábicos claros. A análise convencional das sílabas presenta algunhas dificultades en varias destas linguas. Algúns exemplos de palabras longas nestas linguas son:
As palabras poden ser invariables, se sempre se empregan da mesma forma (cada, alguén) ou variables, se poden presentarse de maneiras diferentes de acordo coa súa especificación morfosintáctica (o, a, os, as, lea, len). As invariables preséntanse sempre da mesma forma como constan nun dicionario. As preposicións, as conxuncións e os adverbios son sempre invariables.
Os artigos, os pronomes e os verbos son sempre variables. Entre os adxectivos e os substantivos, case sempre son variables, a pesar de existir algúns invariables (tórax).
A palabra está composta dun núcleo semántico que é a súa base mórfica ou raíz. Alén dela, os demais elementos son periféricos. A palabra pode estar composta só pola raíz, como mar ou feliz, ou posuír tamén morfemas periféricos, como marinho ou infeliz. O lexema é a parte fundamental dunha palabra, ten significado léxico definido por conceptos e entidades tanto reais como imaxinarias que se recollen no dicionario, que explica a que se refiren esas raíces. En ocasións a raíz constitúe a palabra enteira, mais noutras aparece algún morfema máis.
Hai catro tipos de morfemas gramaticais:
Unha palabra primitiva é unha palabra na que a súa formación non tivo orixe a partir doutro radical (por exemplo: pedra, flor, casa, libro, papel). Estas palabras, mediante un proceso derivativo poden dar orixe a novas palabras: pedraría, florecer, caseiro, libraría, papelaría).
Unha familia de palabras é un conxunto de palabras que comparten a mesma raíz e constitúen, como o seu propio nome indica, unha familia de palabras, xa que presentan esa idéntica raíz, o que explica os trazos comúns no seu significado.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palabra |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Palabra, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.