Henry Alfred Kissinger, nado Heinz Alfred Kissinger en Fürth (Baviera) o 27 de maio de 1923 e finado en Kent (Litchfield, Connecticut) un século despois, o 29 de novembro de 2023, foi un diplomático estadounidense que tivo un papel importante na política estranxeira dos EUA entre 1968 e 1976.
En 1938, debido ás persecucións antisemitas na Alemaña nazi, emigra cos seus pais para os EUA, obtendo a cidadanía estadounidense o 19 de xuño de 1943.
Despois de servir na segunda guerra mundial, fixo o seu doutoramento pola Universidade Harvard en 1954, onde se converteu imediatamente en instrutor na mesma universidade. Despois dalgúns anos, obtivo o título de catedrático.
Kissinger foi conselleiro para a política estranxeira de tódolos presidentes dos Estados Unidos de Eisenhower a Gerald Ford, e mais foi o secretario de Estado, conselleiro político e confidente de Richard Nixon.
En 1973 gañou, con Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz, polo seu papel na obtención do acordo de cesamento do fogo na Guerra de Vietnam. Le Duc Tho rexeitou o premio.
Henry Kissinger estivo envolto nunha intensa actividade diplomática con China, Vietnam, a URSS e cos países de África. Algúns dos críticos de Kissinger acusárano de cometer crimes de guerra durante a súa longa estadía no goberno, como de dar luz verde para a invasión indonesia de Timor (1975), ou de apoiar os golpes de estado en Chile e o Uruguai (1973); ditos críticos son, entre outros, o xornalista Christopher Hitchens (no libro The Trial of Henry Kissinger) e o analista Daniel Ellsberg (no libro Secrets). Malia que esas alegacións non teñen sido probadas nunha corte de xustiza, considérase perigoso para Kissinger entrar en diversos países de Europa e de América do Sur.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Henry Kissinger |
A Galicitas posúe citas sobre: Henry Kissinger |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Henry Kissinger, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.