Suriname: País de América do Sur

Suriname (nome oficial: Republiek Suriname) é un país de América do Sur, limitado ao norte polo océano Atlántico, ao leste pola Güiana Francesa, ao sur polo Brasil e ao oeste por Güiana.

Área: 163 265 km². Capital: Paramaribo. As cidades máis poboadas son Paramaribo, Nieuw Nickerie e Meerzorg. O seu clima é quente e húmido.

Modelo:Xeografía políticaSuriname
Republiek Suriname (nl)
Ripoliku Sranan (srn) Editar o valor em Wikidata

HimnoGod zij met ons Suriname (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Justitia – Pietas – Fides»
«Justice – Piety – Trust»
«Справедливост - праведност - вяра» Editar o valor em Wikidata
Localización
Suriname: Historia, Política, Subdivisións Editar o valor em Wikidata
 4°N 56°O / 4, -5656°O / 4, -56
CapitalParamaribo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación563.402 (2017) Editar o valor em Wikidata (3,45 hab./km²)
Lingua oficiallingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie163.270 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoJuliana Top (1.280 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Suriname (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación25 de novembro de 1975 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
novembro de 1986Guerra Civil do Suriname (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública (1991–) Editar o valor em Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor em WikidataChan Santokhi (pt) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor em WikidataChan Santokhi (pt) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional do Suriname (pt) Traducir , (Escano: 51) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal2.984.706.244 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar surinamés Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.sr Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+597 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 110, 113, 111 e 115 Editar o valor em Wikidata
Código de paísSR Editar o valor em Wikidata

Páxina webgov.sr Editar o valor em Wikidata

Historia

    Artigo principal: Historia do Suriname.

Aínda que mercadores neerlandeses estableceran varias colonias na rexión da Güiana antes, os holandeses non tomaron posesión do que é hoxe o Suriname ata ao Tratado de Breda, que marcou o fin da segunda guerra anglo-holandesa.

Despois de se tornar nunha parte autónoma do Reino dos Países Baixos en 1954, o Suriname conseguiu a independencia en 1975. Un réxime militar dirixido por Desi Bouterse gobernou o país na década de 1980 ata que a democracia foi restablecida en 1988.

Política

Suriname ten unha democracia baseada na constitución de 1987. O poder lexislativo do goberno é exercido pola Asemblea Nacional, constituída de 51 membros. Estes membros son electos cada cinco anos.

A Asemblea Nacional elixe ao presidente, cabeza do poder executivo, por maioría de 2/3. Se ningún candidato consegue tal maioría, o presidente é elixido pola Asemblea do Pobo, unha institución de 340 membros consistente da Asemblea Nacional e Representativos rexionais.

Subdivisións

Xeografía

Suriname: Historia, Política, Subdivisións 
Mapa de Suriname.

Suriname, o país máis pequeno de Suramérica, está situado sobre o escudo da Güiana, o punto máis alto é Julianatop (1.286 m sobre o nivel do mar). A terra pode ser artificialmente dividida en dúas partes. A norte, área costeira foi cultivada, e a maior parte da poboación vive alí. A parte sur consiste en selva húmida tropical escasamente habitada.

Xa que está próximo ao ecuador, o clima de Suriname é tropical, e as temperaturas non varían moito durante o ano. O ano ten dúas estacións chuviosas, de decembro a principios de febreiro e de fins de abril a mediados de agosto. No nordés do país atópase o W.J. van Blommesteinmeer, un lago declarado reserva.

Por ter fronteira coa Güiana Francesa, Suriname limita coa Unión Europea.

Economía

A súa economía baséase na exportación de aluminio e alumina, camarón, arroz, banana e petróleo. É moi dependente doutros países. Os seus principais socios de comercio son os Países Baixos, os Estados Unidos e países no Caribe.

Está baseada na produción de aluminio que representa aproximadamente o 15% do PIB e dous terzos das exportacións totais. Os problemas económicos do país son graves, debido á forte dependencia do comercio exterior en dous sectores que manteñen desde 2000 bruscos cambios de prezos no mercado internacional: xunto ao aluminio, o petróleo. Isto deriva en modificacións moi notables de PIB, taxa de desemprego, débeda externa e inflación dun ano a outro.

Os plans iniciados en 2001 para reordenar o sistema económico, abrir un proceso de liberalización e mellorar a estrutura produtiva tiveron efectos moi pobres. Algunhas empresas estadounidenses e españolas realizan novas prospeccións e explotacións petrolíferas que están dando bos resultados. Igualmente, o país dispón de importantes reservas mineiras de ouro e bauxita.

Demografía

Suriname: Historia, Política, Subdivisións 
Evolución da poboación entre 1961 e 2003.

A poboación de Suriname está conformada de moitos grupos. A maior deles son os "Hindustani", descendentes de inmigrantes do século XIX da India, cerca do 37% da poboación. Os "criolleros", mestura de branco e negro representan o 31%, mentres que os xavaneses ("importados" das ex Indias Orientais Holandesas como man de obra para as plantacións) e "Maroons" (descendentes de escravos escapados africanos) fan o 15 e 10 % respectivamente. O resto está formado por indios, chineses e brancos.

Debido ao gran número de grupos étnicos no país, non hai unha relixión maioritaria. O cristianismo (44%) (católicos 21,6% e protestantes 18%), o hinduísmo (26%) e o islam (18,6%) son as relixións predominantes.

O neerlandés é a lingua oficial de Suriname. Os surinameses tamén falan as súas propias linguas: sranan tongo (tamén coñecido como surinamés), xavanés e outras. Os caribes e arauacos nativos do lugar falan os seus propios idiomas, como tamén os maroons, aucan e saramacán. Ademais úsanse amplamente o español e o inglés, especialmente en tendas e establecementos orientados ao turismo.

A gran maioría da poboación reside en Paramaribo ou na costa. Hai unha significativa poboación surinamesa nos Países Baixos

Cultura

    Artigo principal: Cultura de Suriname.

Debido á mestura de grupos de poboación, a cultura de Suriname é moi diversa. A cultura predominante é unha mestura de elementos neerlandeses, indonesios e indíxenas.

Notas

Tags:

Suriname HistoriaSuriname PolíticaSuriname SubdivisiónsSuriname XeografíaSuriname EconomíaSuriname DemografíaSuriname CulturaSuriname NotasSurinameAmérica do SurBrasilClimaGüianaGüiana FrancesaOcéano AtlánticoParamaribo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Itxu DíazO sol do veránTorre de HérculesDavid Ben-GurionEncoroPaulo CarrilLalínArtur BordaloHLA-DRManuel Ventura FigueroaJesús Hidalgo BermejoLista de WikipediasAguaneiroSuso de ToroLista de ríos de GaliciaCarlos de Matos GomesÁreas lingüísticas do galegoAlmibrePortugalPonte Maior de OurenseO pensadorShinovaManuel González González (músico)BetanzosConfederación Española de Derechas AutónomasSusana FortesEscudo de GaliciaLeire MartínezOs demostrativos galegosXabier P. DoCampoAlfabeto galegoClub dos 27Posición do misioneiroMariano RajoyJulián ElviraFerrolKAna María Fernández MartínezMarcos PereiroJuan Ramón JiménezNósAgustina de AragónPosición aconchegadaDiana Varela PuñalFávila (duque)Grupo RompenteOs vellos non deben de namorarseNintendo DSConcha BuikaGheadaPontedeumeHistoria de ArmeniaJohn Rhys-DaviesAntonio Fernández RivadullaPRECCarballoMarie CurieProxyÁlvaro MorataManuel AzañaSetaTito AsoreyLesión deportivaPatricia Argerey VilarGatipedroPaulino PereiroÁureoSérgio TannusYolanda CastañoJosé María CanedaNintendo 64Ignacio Rivera QuintanaManuel VillanuevaDon Quixote da ManchaRegulamento xeral de protección de datosGrupo Eroski🡆 More