Meleagris: Xénero de aves

Pavo ocelado (Meleagris ocellata)

Meleagris
Pavos

Rango fósil: Mioceno tardío - Holoceno
23 - 0 Ma
Meleagris: Taxonomía, Características, Comportamento
Pavo común (Meleagris gallopavo)

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Familia: Meleagridinae
Xénero: Meleagris
Linnaeus, 1758
Xéneros
Véxase o texto

Meleagris é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos faisánidos e subfamilia dos meleagridinos.

O xénero inclúe tan só dúas especies que habitan en América, o pavo común (Meleagris gallopavo), que é orixinario dos Estados Unidos e México, e o pavo ocelado, (Meleagris ocellata), que é endémico das selvas da península do Iucatán.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Etimoloxía

O nome científico do xénero, Meleagris, Linneo tirouno do grego antigo μελεαγρίς meleagrís, 'galiña de Guinea'.

Especies

Na actualidade só se coñecen no xénero dúas especies actualmente viventes, e outras dús extintas:

Características

Tanto o macho como a femia teñen a cabeza espida e unha plumaxe de cor cobriza, negra, castaña ou esbrancuxada, pero o macho posúe unhas excrecencias carnosas, chamadas carúnculas, que penduran da cabeza e o pescozo, e un destacado guecho de plumas colgando do peito. Miden até 1,17 m de longo, sendo as aves máis grandes dos bosques en que habitan e, como na maioría das moitas especies de galiformes, o macho é máis grande que a femia e con máis colorido. En estado salvaxe os machos de M. gallopavo pesan entre 8 e 10 kg e as femias entre 4 e 5 kg, pero os animais domesticados alcanzan pesos maiores (15 kg os machos), xa que a selección durante séculos e os diferentes procedementos de reprodución e alimentación tenderon a lograr un alto rendemento de carne para a alimentación humana.

Comportamento

Os pavos aliméntanse principalmente de landras, sementes e insectos. En estado silvestre viven en grupos de até 20 individuos en lugares achegados a árbores. Usualmente camiñan aínda que poden voar. Durante o cortexo o macho atrae a femia con sons e espónxase elevando as súas plumas e abrindo a cola en abano. A femia fecundada pon de 8 a 15 ovos nun niño oculto entre a vexetación, que logo incuba durante 25 ou 30 días até que saen os pitos, nidífugos, que, aínda que se alimentan pola súa conta, dependen da protección da nai.

Rexistro fósil

Existen espécimes fósiles de meleagridinos do mioceno mioceno inferior dos Estados Unidos (hai aproximadamente 23 millóns de anos), como Rhegminornis, e Proagriocharis (do mioceno superior-plioceno inferior).

Relación co home

O pavo común salvaxe domesticouse por primeira vez en México hai xa máis de mil anos, e exportouse a Europa no século XVI. A comezos do século XX empezou a desaparecer, como especie silvestre, en gran parte dos Estados Unidos.

Actualmente a cría de pavos domésticos é unha industria a grande escala en Norteamérica e Europa. É ben coñecido o feito de que o pavo é o prato preferido para celebracións como o Nadal e o Día de Acción de Grazas nos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
  • Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Meleagris TaxonomíaMeleagris CaracterísticasMeleagris ComportamentoMeleagris Rexistro fósilMeleagris Relación co homeMeleagris NotasMeleagris Véxase taménMeleagris

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Macrófago alveolarRochoPortugal20 de setembroSéchu SendePedro SánchezRegulamento xeral de protección de datosAna TurpinBreixoAmeixa (molusco)PexegoXunta de GaliciaJohann Sebastian BachAfonso X o SabioIlla de SálvoraAntonio Fernández RivadullaCarlos de Matos GomesLila (planta)David VillaXosé Luís Mosquera CambaGame Boy Advance SPAlexandre o GrandeJorge Cuña CasasbellasPremios Follas Novas do Libro GalegoJulia OteroO incerto señor Don HamletTECOR societarioJulio IglesiasAriadna Fernández GonzálezLlama M-82Fabiola GarcíaSusana FortesOs vixilantes do CamiñoMarcos PereiroA Pobra do CaramiñalÁ lus do candilGlobo aerostáticoArco (arquitectura)WikiCastiñeiroBetanzosRamiro CarregalDiáspora galegaFrancisco de QuevedoFrancisco FumegaBispoAna Rosa QuintanaRevolución dos CaraveisA memoria da choivaJoe BidenPremio Nacional de Literatura de EspañaPaula GodinhoGoretti SanmartínDomingo de AndradeGalipediaKarlos ArguiñanoAna PeleteiroTeléfonoThais VillasLingua francesaAguaneiroDeportivo da CoruñaAtenasJavier CasqueiroOs PinosAntón Losada DiéguezSexo analMártires de CarralDonicelaÁreas lingüísticas do galegoVictoria Núñez LópezA fiestra valdeiraQXosé FortesMaría Xosé QueizánGres, Vila de CrucesAda LovelaceSelena Gomez🡆 More