Fasiánidos

A dos fasiánidos (Phasianidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes, na que están incluídos os galos, faisáns, pavos, pavóns, perdices, paspallases e outras aves terrestres.

Fasiánidos
Phasianidae

Rango fósil: eoceno-actualidade
48,6 - 0 Ma
Fasiánidos
Cabeza de pavón (Pavo cristatus), macho
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Horsfield, 1821
Especie tipo
Phasianus colchicus
Linnaeus, 1758
Subfamilias
Véxase o texto

Conta cunhas 186 especies repartidas en 4 subfamilias, con 46 xéneros.

A familia inclúe moitas das aves de caza máis populares.

Características

Son xeralmente robustas e con plumaxe de cores máis ou menos rechamantes, e coas ás curtas en relación ao corpo, polo que non son axeitadas para voaren a longas distancias. Comen sementes e complementan a súa dieta con insectos. A plumaxe dos machos ten moito máis colorido que a das femias; a súa cola é longa e remata en punta. As femias, de tamaño é un pouco menor que o dos machos, e teñen unha plumaxe de cor máis uniforme, na que se mesturan plumas marróns e grises. Coidan os seus niños e crías con moita dedicación.

O fasiánidos son aves terrestres. O seu tamaño varía entre os 12,5 cm do paspallás chinés (Excalfactoria chinensis) até os 120 cm do pavón verde (Pavo muticus), e o seu peso vai desde os 43 g do paspallás chinés aos 6 kg do pavón común (Pavo cristatus). Pero se os pavos se inclúen, como se fai actualmente, en lugar de clasificalos como unha familia separada, o pavo bravo (Meleagris gallopavo) é considerabemente máis pesado, xa que alcanza un peso máximo de máis de 17 kg.

Distribución e hábitats

Os fasiánidos son, na maioría, unha familia do Vello Mundo, cunha distribución que inclúe a maior parte de Europa e Asia (excepto o extremo norte), toda a África (excepto os desertos máis secos) e, ao sur, habitan tamén en gran parte da Australia oriental e (antigamente) en Nova Zelandia. A subfamilia dos meleagridinos (pavos) son propios do Novo Mundo, mentres que os tetraoninos (pitas do monte e similares) son circumpolares. A maior diversidade de especies está no sueste asiático e en África. O Afropavo congensis é endémico da africana cunca do Congo. A subfamilia dos perdicinos ten unha distribución moito máis estendida: dentro da súa área de distribución ocupan case todos os hábitats dispoñíbeis, agás os bosques boreais e a tundra ártica.

Relacións cos humanos

Varias especies de faisáns e de perdices son moi importantes para os seres humanos. O galo banquiva (Gallus gallus) do sueste asiático é o antepasado silvestre do galo doméstico, a ave máis importante da gandaría. Os faisáns comúns (Phasianus colchicus), varias especies de perdices e paspallases e algúns francolíns (Francolinus sp.) foron amplamente introducidos e xestionados como aves de caza. Varias especies de fasiánidos están ameazadas por actividades humanas.

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 1821 polo naturalista estadounidense Thomas Horsfield.

Subfamilias

Segundo a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 8.2, 2019), recoñécense as subfamilias seguintes:

Notas taxonómicas e evolución

O clado Phasianidae é a maior das ramas dos Galliformes, e está composto por máis de 150 especies. Este grupo inclúe os faisáns as perdices e os paspallases, os galos e os pavóns. Os pavos e as pitas do monte e similares tamén foron recoñecidos, xa que teñen as súas orixes ligadas ás dos faisáns e as perdices.

Até o inicio da década de 1990, esta familia estaba dividida en dúas subfamilias: a dos Phasianinae, que incluía os faisáns, tragopáns (Tragopan sp.), galos e pavóns, e a dos Perdicinae, que reunía as perdices, os paspallases do Vello Mundo e o francolíns (Francolinus sp.). Estudos filoxenéticos moleculares demostraron que estas dúas subfamilias non son monofiléticas, senón que constitúen só unhas liñaxes cun antepasado común. Por exemplo, algunhas perdices (as do xénero Perdix) están máis próximas aos faisáns, mentres que as perdices do xénero Alectoris están máis preto dos galos siletres.

Filoxenia

Relacións filoxnéticas dos galiformes vivos, baseada na obra de John Boyd.

Rollulinae

?Melanoperdix

?Rhizothera

Xenoperdix

ArborophilaFasiánidos 

RollulusFasiánidos 

CaloperdixFasiánidos 

Pavoninae

Tropicoperdix

Tetraogallini

AmmoperdixFasiánidos 

SynoicusFasiánidos 

ExcalfactoriaFasiánidos 

AnurophasisFasiánidos 

MargaroperdixFasiánidos 

Coturnix

TetraogallusFasiánidos 

AlectorisFasiánidos 

PternistisFasiánidos 

OphrysiaFasiánidos 

PerdiculaFasiánidos 

Gallini

BambusicolaFasiánidos 

GallusFasiánidos 

ScleroptilaFasiánidos 

PeliperdixFasiánidos 

FrancolinusFasiánidos 

Pavonini

RheinardiaFasiánidos 

ArgusianusFasiánidos 

AfropavoFasiánidos 

PavoFasiánidos 

Polyplectronini

Haematortyx

Galloperdix

PolyplectronFasiánidos 

Phasianinae
Ithaginini

IthaginisFasiánidos 

Lophophorini

TragopanFasiánidos 

?LerwaFasiánidos 

TetraophasisFasiánidos 

LophophorusFasiánidos 

Phasianini

PerdixFasiánidos 

SyrmaticusFasiánidos 

PhasianusFasiánidos 

ChrysolophusFasiánidos 

Lophura

CatreusFasiánidos 

CrossoptilonFasiánidos 

Tetraonini

PucrasiaFasiánidos 

MeleagrisFasiánidos 

Bonasa

Tetrastes

Centrocercina

Centrocercus

Dendragapus

Tympanuchus

Tetraonina

Lagopus

Falcipennis

Canachites

Tetrao

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
  • Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Fasiánidos CaracterísticasFasiánidos Distribución e hábitatsFasiánidos Relacións cos humanosFasiánidos TaxonomíaFasiánidos NotasFasiánidos Véxase taménFasiánidosAvesEspeciesFaisánFamilia (bioloxía)GaliformesGaliñaOrde (bioloxía)PaspallásPavoPavónPerdizSubfamiliaXénero (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TeoMario CaneiroRebeliom do InframundoBibTeXBidueiroFran AlonsoMucha e NuchaOs adverbios galegosBrasilDonald TrumpVilagarcía de ArousaPatricia VázquezShōgunLista de nomes masculinos en galegoCarlos CasaresXosé Manuel PiñeiroFlora invasora de GaliciaMecanismo de AnticiteraFlorentino López CuevillasJosé María Barreiro GómezDoenza de Paget de mamaMañónFalange EspañolaEduardo MendozaXogos floraisBronceTraxe galegoAeroporto de VigoCubaConceyu BableCabo Norte, NoruegaBoyanka Kostova (grupo musical)Camilo Nogueira RománCeleste CaeiroInglaterraHorteláFrancisco PazosBucetaCristina LosadaAlfonso Basterra CamporroÁlvaro CunqueiroPili PampínFoca monxeNúmero piCalorJuan Jacobo Durán LorigaCharles WhiteBatalla das Termópilas (-480)XestaA gaita gallega (libro)Asunta Basterra PortoCatedral de Santiago de CompostelaPablo EscobarGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Isabel Díaz AyusoPeer-to-peerNational Portrait GalleryTrofoblastoGoogleReal Academia Galega2003ArxentinaMomia de ManchesterGheadaAmy WinehouseMiguel SolísPapuxa das amorasUniversidade de Santiago de CompostelaAmérica LatinaAlfonso RuedaHLA-DMPablo EcheniqueCunnilingus🡆 More