Galiformes: Orde de aves neognatas

Os galiformes (Galliformes), comunmente chamados galináceas, constitúen unha orde de aves neognatas que conta con 283 especies.

Galiformes
Galliformes
Galiformes: Características, Taxonomía, Filoxenia
Meleagris ocellata.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Temminck, 1820
Familias e Subfamilias
Véxase o texto

Inclúe as galiñas, pitas do monte, perdices, paspallases, faisáns, pavos, pavóns e as galiñas de Guinea, entre outras.

Características

Son principalmente aves terrestres, de tamaño variable e corpo de constitución masivo, con peteiros grosos adaptados principalmente para comeren sementes e raíces de plantas (os xuvenís tamén comen insectos), e con patas fortes. Son malas voadoras, limitándose o seu voo a planeos curtos e de escasa elevación. Habitan na maior parte dos continentes, fóra das rexións máis áridas e dos xeos perpetuos.

A maioría das especies permanecen na mesma área durante todo o ano, pero as máis pequenas, como o paspallás común, migran.

Moitas especies mostran dimorfismo sexual significativo en tamaño ou en aparencia.

Taxonomía

Descrición

A ode foi descrita en 1820 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck.

Etimoloxía

O nome científico Galliformes está formado coa adición á raíz Gall-, do nome do seu xénero tipo, Gallus, a desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de aves (e de peixes).

Familias e subfamilias

Segundo as clasificacións de Clements, e a de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 8.2, 2019), a orde dos galiformes clasifícase como segue:

Filoxenia

Relacións filoxenéticas baseadas en Hackett et al. (2008).

Galliformes

Megapodiidae Galiformes: Características, Taxonomía, Filoxenia 

Cracidae Galiformes: Características, Taxonomía, Filoxenia 

Numididae Galiformes: Características, Taxonomía, Filoxenia 

Odontophoridae Galiformes: Características, Taxonomía, Filoxenia 

Phasianidae Galiformes: Características, Taxonomía, Filoxenia 

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En: Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Mindell, David P. & Brown, Joseph W. (2005): The Tree of Life Web Project - Neornithes Arquivado 12 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. Versión do 14 de decembro de 2005. Consultada o 21 de xaneiro de 2018.
  • Mindell, David P.; Brown, Joseph W. & Harshman, John (2005): The Tree of Life Web Project - Neoaves Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine.. Versión do 14 de decembro de 2005. Consultada o 21 de xaneiro de 2018.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Galiformes CaracterísticasGaliformes TaxonomíaGaliformes FiloxeniaGaliformes NotasGaliformes Véxase taménGaliformesAvesEspeciesNeognatosOrde (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Blanca Fernández OchoaSalamancaMyanmarAbraham PérezIñaki WilliamsImperio OtománCreampieAccidente de ChernóbilHispaniaVíctor DupláNicomedes Pastor DíazBritanosPablo Iglesias PosseMarzo na cultura popular galegaAna Rosa QuintanaVíctor CoyoteHistoria de GaliciaBob MarleyMartes SantoEurocopa de Fútbol de 1988AveiroÁlvaro MorataComarcas de GaliciaSan Miguel de Presqueiras, ForcareiAlfabeto galegoChroicocephalusViggo MortensenPremio Nobel de Fisioloxía ou MedicinaBlanco y NegroHototogisuWayback MachineCanle (enxeñaría)AlgoritmoCDC42Candela PeñaCamilo BrandínAction DirecteJulio Carballo EnríquezMiguel TelladoBaltimoreFoo FightersPrimeira guerra mundialLista de programas de Televisión EspañolaCarles Puigdemont8 de marzoDoubanLaia Estrada i CañónSegunda guerra mundialPrincipado de AsturiasCameron DiazOrquestra e Coro de Lalín / Coral Polifónica de Melide / Coro de Cámara Ars Musicae (Fonoteca 92)Abraham MateoComarca da UlloaJosé María Escrivá de BalaguerÁreas lingüísticas do galegoVilafranca do BierzoPonte de RandeWiki CommonsSalgueiroMarko JarićXogos Olímpicos de Pequín 2008Lucía VeigaRock alternativoIlla do Príncipe EduardoCunnilingusMartin Luther KingJosé Luis GilCatedral de Notre-Dame de ParísPortugalAngkor WatPaleolítico SuperiorTransición EspañolaIgnacio Rivera QuintanaSoftware librePosicións sexuaisAngelina JolieAs aves na cultura popular galega🡆 More