Cebra

Equus zebra Equus quagga Equus grevyi

Cebra
Cebra
Equus quagga
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: Equus
Subxénero: Hippotigris e
Dolichohippus''
Especies

A cebra pertence á familia dos cabalos, nativa de África central e do sur. Teñen raias verticais negras e brancas nos cuartos dianteiros, tendendo horizontalmente cara á parte traseira do animal. No seu hábitat natural realizan migracións en grandes mandas en busca de alimentos.

Especies

Hai tres especies e moitas subespecies. As poboacións de cebras varían moito, e as relacións e status taxonómicos de moitas das subespecies son pouco claros. Por outro lado, convén recordar que a palabra "cebra" non representa unha realidade dende o punto de vista evolutivo, senón que agrupa artificialmente tres especies en función dun carácter (a pel a raias) que non é derivado, senón primitivo. As raias aparecen tamén en maior ou menor medida nas patas e lombo dos asnos e cabalos salvaxes, e se manifestan máis fortemente nos híbridos, aínda que entre os proxenitores non haxa ningunha cebra de por medio (caso das mulas), evidenciando que a presenza de raias é un carácter antigo dentro do xénero Equus e non un derivado propio dun subgrupo dentro deste. As cebras, simplemente, foron un paso máis alá no desenvolvemento dunhas raias que xa posuían, mentres que os cabalos e asnos tenderon a perdelas ou enmascaralas. Aínda que a taxonomía das cebras segue sendo dubidosa, certos estudos como o de Debra K. Bennett (publicado baixo o expresivo título As raias non fan á cebra) indican que a cebra de planicie e a de Grévy son especies irmás, pero que a cebra de montaña está máis emparentada co cabalo que con estas. Dentro dos équidos actuais, o grupo tradicional formado polos asnos africanos e asiáticos sería o único cunha historia evolutiva detrás que o ratifica.

  • A cebra común, cebra de planicie (Equus quagga, anteriormente Equus burchelli) é a máis común, e ten aproximadamente cinco subespecies distribuídas arredor de gran parte do leste e sur de África.
  • A cebra de montaña (Equus zebra) do suroeste de África xeralmente ten unha capa lisa coa barriga branca e raias máis angostas que a cebra de planicie. Ten dúas subespecies e é clasificada como especie en perigo.
  • A cebra de Grévy (Equus grevyi) é a de maior tamaño, con crina hirsuta e testa longa e estreita que lle confire certo aspecto de mula. Habita os herbazais semiáridos de Etiopía, Somalia e Kenya do norte. Tamén se atopa en perigo.
  • Familia équidos
    • Cabalo de Przewalski, Equus przewalskii
    • Cabalo doméstico, Equus caballus
    • Burro, Equus asinus
    • Onagro ou asno asiático, Equus hemionus
    • Cebra común, Equus quagga
      • Quagga, Equus quagga quagga (extinta)
      • Cebra de Burchell, Equus quagga burchelli (¿extinta?)
      • Cebra de Grant, Equus quagga boehmi
      • Cebra de Chapman, Equus quagga antiquorum
      • Cebra de Selous, Equus quagga selousi
    • Cebra de montaña, Equus zebra
      • Cebra de montaña do Cabo, Equus zebra zebra
      • Cebra de Hartmann, Equus zebra hartmanni
    • Cebra de Grévy, Equus grevyi
      • (sen subespecies)

Galería de imaxes

Véxase tamén

Tags:

Equus grevyiEquus quaggaEquus zebra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

David PerdomoBillardaAnne HecheManuel Lugrís FreireSokramSalgueiroLucía VeigaEmma CouceiroCeroSalgueiro MaiaGoretti SanmartínInterstellar (filme)Teoría de gruposRefraneiro galego sobre o mes de maioConcha BuikaMonforte de LemosTorre de HérculesSólido platónicoBloque Nacionalista GalegoPetróglifoLeire MartínezAngelina MangoAmador Víctor GonzálezLagarto arnalImperio BritánicoIraqGinger RogersTereixa NavazaIntercity, RenfeA Pobra do CaramiñalPoesíaIllas BalearesMeteoGaliciaProvincia de PontevedraVertoApioEva Iglesias Miguéns20 de setembroEuropaFranciaEva CárdenasTelexornalXosé FortesAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoAriadna FernándezLonga noite de pedraFachada do ObradoiroJorge Cuña CasasbellasAfonso X o SabioXabarilCatedral de OurenseWiiDomingo de AndradeRonaldoAntón Avilés de TaramancosConcellos de GaliciaEncoroOvo (alimento)Alalá (programa de televisión)Susana FortesSantiago AbascalEverton F.C.Pep GuardiolaCarlos NegroTigreAmesCirrioPanteón de Galegos IlustresNintendo 64Roberto Vidal BolañoIbai LlanosLeninismo🡆 More