Retórica: Arte da elocuencia

Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define a retórica como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor.

Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos.

A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o texto ou discurso retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra:

Historicamente, a retórica é a disciplina clásica do discurso, e ten, ademais, unha función pragmática: convencer ó interlocutor de que unha causa é xusta. Mais a retórica evolucionou moito desde Aristóteles. Hoxe en día, desde unha perspectiva estilística, lingüística e semiótica, obsérvase un renovado interese, que pretende a consecución dunha retórica xeral que teña como obxecto todo texto, as estruturas extratextuais asociadas, a explicación da complexa produción do discurso e o seu tratamento artístico.

Se só nos preocupa o texto literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudo literario e do feito literario como fenómeno de produción e recepción social, denomínase poética.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Jéssica BouzasMasturbación25 de abrilSetaXunta de GaliciaÁreas lingüísticas do galegoMondoñedoMaría Jesús MonteroMecanismo de AnticiteraSelena GomezCélula amácrinaValgaDavid PerdomoA PontenovaXogo de apostaMarie CuriePontecesuresBubelaRegulamento xeral de protección de datosFelix MendelssohnBarónConfederación Española de Derechas AutónomasPonte Maior de OurenseBispoManuel MurguíaJosé Luis GilPaula GodinhoA morte na cultura popular galegaXogo da chaveMiguel Anxo BastosFernando AlonsoÁlvaro CunqueiroOcéano ÍndicoA Mesa pola Normalización LingüísticaRosario DúrcalVictoria Núñez LópezAlmibreDeus, porque es tan fato!VilalbaMarta DarribaMomia de ManchesterMTeléfonoLuis López DiéguezGranma (iate)Nintendo DSFidel CastroFillas de CassandraIlla de SálvoraComensalismoPrehistoriaSérgio TannusA memoria da choivaFacebookSalgueiroLingua casteláNocelloMércoresFrancisco FrancoSuso de ToroXosé Manuel PereiroVila de CrucesBugalloSilledaDaniel Castro GarcíaImmanuel KantFrancisco Castro VelosoDon Quixote da ManchaPili PampínLeopoldo Calvo-Sotelo BusteloDiana Varela PuñalCaralloVigoOlga NovoDaniel de la TorreThais VillasJordi Sierra i Fabra🡆 More