Valencia Club De Fútbol: Club de fútbol español

O Valencia Club de Fútbol, S.A.D.

Fundouse o 18 de marzo de 1919 e actualmente compite na Primeira División de España.

Valencia
NomeValencia Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s)Los ches
Valencianistas
Fundación18 de marzo de 1919 (105 anos)
EstadioMestalla,
Valencia, España
Inauguración20 de maio de 1923
Capacidade49.800
PropietarioSingapur Peter Lim
PresidenteSingapur Khojama Kalimuddin
AdestradorEspaña Rubén Baraja
LigaPrimeira División
2019–20
VestimentaAdidas
Na rede
http://www.valenciacf.es
Facebook: ValenciaCF Twitter: valenciacf Instagram: valenciacf Youtube: UCgvyo5x49J8ht5H9imKfxMQ TikTok: valenciacf Editar o valor em Wikidata
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Titular
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Alternativo
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno
Terceiro

Na Clasificación histórica da LFP o Valencia ocupa o 3º posto por detrás de Real Madrid e Barcelona. É o quinto club español con máis títulos nacionais (14 campionatos): 6 títulos de Liga, 7 Copas e unha Supercopa de España. E con 6 títulos europeos (1 Copa da UEFA, 2 Copas de Feiras, 1 Recopa e 2 Supercopas) é o cuarto equipo español con máis títulos internacionais. Ademais, formaba parte do conxunto de clubs máis importantes de Europa, o desaparecido G-14.

En 2011 era o 19º club máis rico do mundo, cuns ingresos de 116,8 millóns de euros, o cuarto equipo español por detrás de Real Madrid, Barcelona e Atlético de Madrid.

Ten 38.000 socios, á espera dunha nova ampliación, e máis de 800 peñas, é xa que logo o cuarto club en número de socios e peñas do país. Á vez, segundo a enquisa do CIS de xuño de 2014, o Valencia é o cuarto club de fútbol en porcentaxe en canto a simpatizantes en España (3,5%), unicamente por detrás de Real Madrid (37,9%), Barcelona (25,4%) e Atlético de Madrid (6,1%).

Historia

Fundación e debut nas competicións

O club xestouse o 5 de marzo de 1919, no céntrico Bar Torino, situado na rúa Barcelonina, por un grupo de seareiros que decidiron formar un novo club que representase á cidade de Valencia tras a desaparición do Club Valencia de fútbol anos antes. O 19 de marzo dese mesmo ano apróbanse oficialmente os Estatutos, nace así o Valencia Foot-ball Club. O 4 de abril constitúese a primeira Xunta Directiva, o primeiro presidente foi Octavio Augusto Milego Díaz, elixido ao chou lanzando unha moeda ao aire con Gonzalo Medina Pernas. O primeiro partido da historia disputouse contra o Gimnástico en Castelló e perdeuno o Valencia por 1-0.

Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno 
Equipo do Valencia en 1927.

Durante a década de 1920 o Valencia disputa o Campionato Rexional, o cal gaña por primeira vez en 1923. Este título deulle a oportunidade de participar por primeira vez na Copa de España previa eliminación do Murcia FC nunha eliminatoria. O 16 de xaneiro de 1923 o Valencia comprou uns terreos por 316.439,20 pesetas ao barón de Bellver e o 20 de maio de 1923 inaugurouse o campo de Mestalla cun aforamento de 17.000 espectadores nun partido entre o Valencia FC e o FC Levante que concluíu con resultado de 1-0 para os locais. En 1928 iníciase o campionato de Liga e o Valencia xoga na Segunda División tras perder na eliminatoria previa contra o Racing de Santander. O equipo ché termina a tempada 1928/29 en quinta posición.

A década de 1930 está marcada pola Guerra civil española, tras a cal o campo de Mestalla quedou arrasado e houbo que reconstruílo. En 1934 o Valencia disputou e perdeu a súa primeira final de Copa contra o Real Madrid en Barcelona.

Éxitos nacionais e europeos

A década de 1940 foi posiblemente a mellor do club na súa historia. Tívose que castelanizar o nome do club a Valencia Club de Fútbol por orde da Delegación nacional de Deportes. O Valencia consegue o seu primeiro título nacional ao gañar a Copa do Xeneralísimo de 1941 ao Español por 3-1 na final. Na tempada 1941/42 o club gaña o primeiro Campionato de Liga da súa historia. Tamén se proclama campión nas tempadas 1943/44 e 1946/47. Os heroes desta década son Epi, Amadeo, Mundo, Asensi e Gorostiza quen integraban a xa mítica "Dianteira eléctrica". En 1949 gana de novo a Copa do Xeneralísimo.

Durante a década de 1950 vólvese a gañar outra Copa do Xeneralísimo na edición de 1954 e chega a outra final na de 1952. En liga o equipo pasa sen pena nin gloria polo campionato.

Na década de 1960 chegan os primeiros éxitos europeos ao gañar as Copas de Feiras das tempadas 1961/62 e 1962/63 a Barcelona e Dinamo Zagreb respectivamente. Tamén consegue unha nova Copa do Xeneralísimo en 1967 gañando na final ao Athletic.

A década de 1970 comeza cun novo título de liga na tempada 1970/71. En 1976 chega procedente de Rosario Central o dianteiro Mario Alberto Kempes, quen marcaría unha época no club. Na súa primeira tempada conseguiu o pichichi con 24 goles. Cun Kempes estelar o Valencia consegue a Copa do Rei de 1979 derrotando ao Real Madrid por 2-0 con 2 goles do Matador. En 1980 o Valencia conquista outro título europeo, a Recopa.

Anos difíciles

A pesar de que comezou cunha Recopa, a década de 1980 foi negra para o valencianismo. O club viuse obrigado a vender a Kempes ao River Plate. Debido ás obras en Mestalla polo Mundial de España 82 o club viuse inmerso nunha grave crise financeira. Na tempada 1982/83 o Valencia salvouse do descenso cun gol de Tendillo na última xornada ante o Real Madrid en Mestalla. A débeda seguiu aumentando ano a ano o que afectou ao rendemento deportivo do equipo. Na tempada 1985/86 o Valencia descende a Segunda División despois de máis de 50 anos na máxima categoría. Retorna tras un ano no inferno con Arturo Tuzón como presidente e un persoal repleto de xogadores da canteira. Con Tuzón na presidencia péchanse varias tempadas con superavit, polo que se vai reducindo a débeda aos poucos. No deportivo o equipo tamén se recupera e finaliza a tempada 1989/90 como subcampión.

A década de 1990 están marcados pola conversión obrigada do club en sociedade anónima deportiva en 1992. Tras a conversión chega á presidencia Paco Roig. No deportivo o equipo mantense nos postos de media táboa, con excepción da tempada 1995/96 na que finaliza segundo.

Época dourada

En 1999 o equipo volve gañar un título, a Copa do Rei, con Claudio Ranieri como adestrador. O Valencia eliminou en semifinais ao Real Madrid cun histórico 6-0 en Mestalla, antes de gañar ao Atlético na final.

Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno 
Rafa Benítez, adestrador entre 2001 e 2004.

A entrada no século XX supón a segunda idade de ouro do Valencia. Na tempada 1999/00 chégase por primeira vez á final da Liga de Campións da UEFA. Tras pasar as dúas liguillas, superou a Lazio e Barcelona para chegar á final na que foi derrotado polo Real Madrid por 3-0. Ao ano seguinte repite final e logo de eliminar a equipos como o Arsenal e o Leeds United, perde na final contra o Bayern de Múnic, que arrebata o título aos valencianistas na quenda de penaltis.

Na tempada 2001/02, cun ata entón descoñecido Rafa Benítez como adestrador, o Valencia gaña de novo un título de Liga tras 31 anos. Na seguinte tempada perde a Supercopa, é eliminado na Copa do Rei e na Liga de Campións, e na liga acaba en quinta posición.

Con todo, a tempada 2003/04 foi a mellor da historia do Valencia coa consecución de dous títulos e dun terceiro en agosto de 2004. A dous xornadas para o final, o Valencia proclamábase campión de Liga por sexta vez na súa historia. O 19 de maio gañaba a final da Copa da UEFA contra o Olympique de Marsella (2-0), conseguindo o histórico dobrete. Tras o éxito, Rafa Benítez márchase ao Liverpool. O 27 de agosto gañaba a Supercopa de Europa por 2-1 ao Porto, con Claudio Ranieri como novo técnico na súa segunda etapa no Valencia.

Crise económica e actualidade

Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno 
Maqueta do Nou Mestalla.
Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno 
Partido disputado entre o Deportivo da Coruña e o Valencia CF.

A pesar da Supercopa gañada, en Liga o rumbo do equipo non é nada bo e Ranieri termina cesado. Ese mesmo ano chega á presidencia Juan Bautista Soler. Coa xestión de Soler o equipo entra nunha grave crise económica, que leva á paralización das obras do Nou Mestalla que o propio Soler puxo en marcha. Conséguese un novo título de Copa na tempada 2007/08, con todo ese ano en Liga o equipo vese envolvido na loita por evitar o descenso.

No verán de 2008 Soler coloca na presidencia a Vicente Soriano, quen asegura durante meses que ten unha solución para a situación económica do club. Tras un esperpéntico ano no social, con problemas de cobro para os xogadores e coa aparición dunha empresa pantasma uruguaia chamada Inversiones Dalport, as institucións valencianas ven obrigadas a desaloxar a Soler e Soriano do club mediante unha ampliación de capital levada a cabo polo presidente Manuel Llorente e Javier Gómez conseguindo estabilidade social. No deportivo, con Unai Emery como adestrador, o Valencia volve na tempada 2009/10 á Liga de Campións como terceiro clasificado. A tempada 2010/11 revalida o terceiro posto sen excesivos problemas cunha certa vantaxe respecto ao cuarto clasificado. Na tempada seguinte (2011/12) o Valencia consegue golear por 7-0 ao Genk belga en Liga de Campións, a pesar de non poder acceder á seguinte fase. Aínda así, consegue a terceira praza no seu grupo e accede á Europa League, onde volve ser eliminado polo Atlético de Madrid, esta vez en semifinais cun contundente 5-2 no global da eliminatoria. Esa tempada repite por terceiro ano consecutivo o terceiro posto na liga.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta branca con detalles negros, pantalón negro, medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta laranxa con detalles negros, pantalón branco, medias laranxas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta azul, pantalón branco, medias azuis.

Himno

O himno do Valencia foi un encargo do club ao director da banda municipal de Valencia, Pablo Sanchez Torrella, que compuxo a música na forma tradicional valenciana, o pasodobre. A letra foi escrita por Ramón Gimeno Gil. Estreouse e tivo presentación oficial con motivo dos festexos do 75º aniversario do Club no Palau da Música o 21 de setembro de 1993.

Estadio

Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno 
Panorámica de Mestalla durante un partido.

Os primeiros anos trala súa fundación, o equipo adestrou e disputou os seus encontros no desaparecido campo de Algirós. No ano 1923 inaugurouse o estadio de Mestalla, que durante de 1969 a 1995 denominouse Luís Casanova na honra do histórico presidente. Ten capacidade para 55 000 espectadores, todos sentados, e unhas dimensións de 105 por 70 metros.

Actualmente está en construción o Nou Mestalla, que terá unha capacidade duns 75 000 espectadores.

Datos do club

Xogadores

Cadro actual

Actualizado a 2 de setembro de 2019.

Posto País Xogador
1 POR Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Jaume Domènech
2 DEF Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Thierry Correia
3 DEF Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Jaume Costa
4 DEF Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Eliaquim Mangala
5 DEF Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Gabriel Paulista
6 MED Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Geoffrey Kondogbia
7 MED Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Gonçalo Guedes
8 MED Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Carlos Soler
9 DIA Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Kevin Gameiro
10 MED Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Daniel Parejo
11 MED Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Denis Cheryshev
12 DEF Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Mouctar Diakhaby
Posto País Xogador
13 POR Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Jasper Cillessen
14 DEF Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  José Luis Gayà
15 DIA Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Manu Vallejo
16 MED Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Lee Kang-in
17 MED Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Francis Coquelin
18 MED Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Daniel Wass
19 DIA Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Rodrigo Moreno
20 MED Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Ferran Torres
21 DEF Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Cristiano Piccini
22 DIA Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Maxi Gómez
23 DIA Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Rubén Sobrino
24 DEF Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Ezequiel Garay
  • Os xogadores con dorsais maiores que o 25 poden alternar o primeiro equipo co filial.

Xogadores míticos

  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Eduardo Cubells
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Edmundo Suárez "Mundo"
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Epifanio Fernández "Epi"
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Antonio Puchades
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Ignacio Eizaguirre
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Quincoces II
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Waldo Machado
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Faas Wilkes
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Vicente Guillot
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Roberto Gil
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Paquito
  • Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno  Manuel Mestre

Adestradores

O corpo técnico na tempada 2018-19 está composto polos seguintes membros:

Adestradores do Valencia CF
Adestradores do Valencia CF
[[|Leggi...]]

Presidentes

Palmarés

Valencia Club De Fútbol: Historia, Uniforme, Himno 
Exposición dos trofeos do Valencia.

Torneos rexionais

Torneos nacionais

Torneos internacionais

Filial

O Valencia Mestalla é o primeiro equipo filial do Valencia. Foi fundado no ano 1944 e xurdiu coa idea de fornecer xogadores para o primeiro persoal do club. Debutou en Terceira División na tempada 1946-47 e ese mesmo ano logrou o ascenso a Segunda División, categoría na que xogou 21 tempadas na súa historia. Actualmente milita na Segunda División B.

De 2002 a 2004 o Valencia contou cun segundo filial, o Valencia C. Desapareceu ao baixar o Mestalla a Terceira División en 2004, arrastrando ao "C" a Preferente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Valencia Club De Fútbol HistoriaValencia Club De Fútbol UniformeValencia Club De Fútbol HimnoValencia Club De Fútbol EstadioValencia Club De Fútbol Datos do clubValencia Club De Fútbol XogadoresValencia Club De Fútbol AdestradoresValencia Club De Fútbol PresidentesValencia Club De Fútbol PalmarésValencia Club De Fútbol FilialValencia Club De Fútbol NotasValencia Club De Fútbol Véxase taménValencia Club De Fútbol18 de marzo1919EspañaFútbolPrimeira división españolaValenciaValenciano

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ListenbourgEduardo PondalÁureoRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Martín CodaxVerbos galegos ser, estar e irCélula pancreática acinarZeca AfonsoXosé RepresasLisímaco de AlexandríaParalelismoHistoria de ArmeniaRocío LeiraPontecesuresCataluñaCalendario gregorianoVertoReal Club Celta de VigoJéssica BouzasAna Rosa QuintanaLingua portuguesaNintendo Entertainment SystemPedro SánchezCota lácteaSonia FerrerClub Deportivo ArenteiroTereixa NavazaLuis Mateo DíezImmanuel KantOs posesivos galegosEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Everton F.C.Antonio Fernández RivadullaFabiola GarcíaElena CandiaManuel Mayer von FurtwänglerXosé FortesEllen DeGeneresO incerto señor Don HamletSapo comúnCelso Fernández SanmartínLista de episodios de O detective ConanMarçal MolinéSilledaLingua igalaThais VillasIrene FerrerasBurgosClub dos 27Gonzalo Torrente BallesterAWStatsO CarballiñoJoe BidenOs outros feirantesNee BarrosManuel FragaKarlos ArguiñanoFauna de GaliciaConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeOllos de augaLista de voces dos animaisFacebookDolores del Río Sánchez-GranadosMy Little PonyInés ReySete SabiosMarcelo CaetanoHans ZimmerTrevo brancoVixía de HerbeiraAciñeiraIrene MonteroSistema operativo🡆 More