Juan Antonio Pizzi: Futbolista español

Juan Antonio Pizzi Torroja, nado en Santa Fe o 7 de xuño de 1968, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol arxentino.

Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Pizzi
Juan Antonio Pizzi: Traxectoria, Notas, Véxase tamén
Información persoal
Nome Juan Antonio Pizzi Torroja
Nacemento 7 de xuño de 1968 (55 anos)
Lugar de nacemento Santa Fe, Arxentina
Altura 1,85 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Rosario Central
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988–1990 Rosario Central 63 (30)
1990–1991 Deportivo Toluca 33 (14)
1991–1993 Tenerife 68 (30)
1993–1994 Valencia 21 (4)
1994–1996 Tenerife 73 (46)
1996–1998 Barcelona 61 (13)
1998–1999 River Plate 35 (11)
1999–2000 Rosario Central 36 (24)
2000 Porto 16 (4)
2001 Rosario Central 38 (18)
2002 Villarreal 14 (1)
Total 458 (195)
Selección nacional
1994–1998 España 22 (8)
Adestrador
2005 Colón de Santa Fe
2006 Universidad San Martín
2009–2010 Santiago Morning
2010–2011 Universidad Católica
2011–2012 Rosario Central
2012–2013 San Lorenzo
2014 Valencia
Na rede
FIFA: 155147 UEFA: 22917 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Como xogador

Comezou xogando na súa Santa Fe natal pero ao ser collido nas categorías inferiores do CA Rosario Central trasládase á cidade rosarina, onde tamén comezou a estudar a carreira de medicina, porén deixaría os estudos ao cabo de poucos meses. Con só 18 anos sofre un forte golpe co porteiro Roberto Bonano, polo que tivo que ser operado froito do cal perdeu un ril.

Debutou na primeira división arxentina o 8 de xuño de 1988 con 20 anos, ante River Plate. O seu bo papel en Rosario fai que moitos equipos se fixen nel, sendo fichado polo Deportivo Toluca de México, porén o equipo non conseguiría clasificarse para os play-off e Pizzi foi posto no mercado.

En 1991 fichou polo CD Tenerife, na Primeira División Española. No seu segundo ano nas illas canarias axudaría ao equipo a clasificarse para a Copa da UEFA, porén non chegaría a debutar nesa competición co equipo, ao fichar polo Valencia CF. No equipo levantino non tería continuidade e volvería ao Tenerife un ano despois, repetíndose o proceso da anterior experiencia e clasificándose o equipo para a Copa da UEFA ao ano seguinte, esta vez gañando Pizzi o Trofeo Pichichi con 31 goles anotados.

Ao comezo da tempada 1996/97 fichou polo FC Barcelona, club no que so estaría dúas tempadas pero co que gañou moitos trofeos, conseguindo os títulos de Copa do Rei de Fútbol, Recopa de Europa e Supercopa de España de Fútbol na primeira tempadas e os de Copa do Rei, Supercopa de Europa e campión de Liga.

En 1998 volveu a Arxentina ao River Plate, o seu rendemento non foi o esperado e cambiou de equipo, volvendo a Rosario Central, onde xogaría o resto da súa carreira salvo breves pasos por FC Porto e Villarreal CF, onde colgaría as botas.

Como adestrador

Unha vez retirado comezou a traballar como Adestrador, primeiro con malas experiencias como no CA Colón de Santa Fe ou no Club Deportivo Universidad San Martín de Porres peruano.

A mediados de 2009 comeza a adestrar en Chile, primeiro ao CD Santiago Morning co que acadou a semifinal do Torneo Apertura, e ao CD Universidad Católica co que gañaría o Torneo Apertura e chegaría a cuartos de final da Copa Libertadores.

No ano 2011 converteuse en adestrador do CA Rosario Central, na segunda división arxentina co obxectivo de ascender, porén non acadaría tal fin e deixou o equipo ao final de tempada. Ao ano seguinte fíxose cargo do CA San Lorenzo de Almagro, co que gañou o Torneo Inicial da tempada 2013/14.

A comezos do ano 2014 fichou polo Valencia CF, en substitución do serbio Miroslav Đukić.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Juan Antonio Pizzi TraxectoriaJuan Antonio Pizzi NotasJuan Antonio Pizzi Véxase taménJuan Antonio Pizzi19687 de xuñoAdestradorArxentinaFutbolistaPosicións no fútbolSanta Fe, ArxentinaSelección de fútbol de España

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Linguas románicasDía das Letras GalegasMitoDie ZauberflöteLesmaAnselmo López CarreiraAWStatsLista de nomes femininos en galegoUniversidade de Santiago de CompostelaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoNarónRaposo comúnBorja VereaTimeXSenegalFestas MinervaisWilliam Joyce99Santa Uxía de Asma, ChantadaObxectivos de Desenvolvemento SostíbelLista de ríos de GaliciaDominio de primeiro nivelLingua irlandesaVoo 498 de CrossairAnagnórise (novela)Marc MárquezSambesugaAgostoCelso Emilio FerreiroPantera RodríguezCSapoconcho comúnCoalición Popular6TeatroNuno García PicoLionel MessiEduardo de Almeida Navarro15Pedro ChoscoYouTubePaulino Vázquez77Nacionalidade históricaDólar da Liberdade sentadaCañita BravaEscáncerJosé María KaydedaDólar EisenhowerAthena 2Santoalla, Santoalla do Monte, PetínMartiño de DumioDeportivo da CoruñaNegreiraLlerena Perozo PorteiroA GuardaLista de pseudónimos e sobrenomes galegosFiúnchoTrisónFabiola GarcíaDigital object identifierBlas García PiñeiroVogais da lingua galegaCemiterio de Santo Amaro da CoruñaEscherichia coliCroaciaHistoria da lingua galegaNúmero eXogo de apostaAlfabeto galegoNervio ópticoItaliaErros e Tánatos🡆 More