Copa De Feiras

A Copa de Cidades en Feira (en inglés: Inter-Cities Fairs Cup), ou máis concisa e popularmente Copa de Feiras, foi unha competición internacional de clubs disputada integramente en Europa instituída o 18 de abril de 1955 (dúas semanas logo da creación da Copa de Europa).

A súa creación foi iniciativa de Ernst Thommen, de Ottorino Barrasi (naquel tempo, secretarios xerais da FIGC e da FA, respectivamente) e de Stanley Rous, secretario da FIFA, coa finalidade de enfrontar a representativos de cidades europeas que tiveran albergado feiras de mostras internacionais: Barcelona, Basilea, Birmingham, Copenhaguen, Frankfurt, Lausana, Leipzig, Londres, Milán e Zagreb

A Copa de Feiras, a pesar de ser considerada a competición precursora da UEFA Europa League (coñecida ata o 2009 co nome de Copa da UEFA), non está contabilizada nin a nivel estatístico nin de palmarés no ámbito das competicións de clubs da UEFA, ao non estar afiliada a devandita institución.

O club con máis títulos é o Fútbol Club Barcelona con tres.

Historia

A pesar que a idea inicial era que os participantes fosen seleccións de cidades, e non clubs destas cidades, a realidade desde o principio foi a contraria. Barcelona xa competiu na primeira edición con xogadores unicamente do FC Barcelona, e ata cunha vestimenta azul e grana. A maioría do resto de cidades tamén se representaron cos principais equipos da súa cidade, e non cunha selección de diversos equipos. O campión da primeira edición foi o Barcelona, que se impuxo en partido a dobre volta á selección de Londres (equipo afeccionado) por un total de 8:2.

Para a segunda edición introducíronse cambios. Concibiuse un torneo de duración menor, dous anos (1958/1960), no que os equipos xa se enfrontarían en eliminatorias, segundo sorteo, con partidos de ida e volta. Os participantes debían seguir sendo equipos pertencentes a cidades con feiras, pero xa non tiñan que ser seleccións da cidade, senón clubs. A partir da terceira edición (1961), a competición pasou a ser anual, e foi ampliando o número de equipos participantes ata superar os 60 nas súas últimas edicións. Desde 1968, os equipos pasaron a clasificarse pola súa posición nas ligas dos seus respectivos países.

Finalmente a UEFA tomou o control do torneo e decidiu substituílo por unha nova competición, cun novo trofeo e novas regras: a Copa da UEFA. A da tempada 1970/1971 foi, así, a última edición da Copa de Feiras. O 22 de setembro de 1971 disputouse un partido único para definir quen tería en propiedade o trofeo, entre o primeiro club que o gañou, o FC Barcelona, e o último campión, o Leeds United. Neste torneo, denominado Copa de Campións de Feiras, venceu o FC Barcelona por un marcador final de 2:1, nun partido disputado no Camp Nou.

Durante os primeiros anos, a Copa de Feiras foi dominada polos equipos españois, ao gañala o Barcelona en tres edicións, o Valencia en dúas e o Real Zaragoza nunha. Non foi ata 1968 cando un equipo do norte de Europa, o Leeds United, conquistou o trofeo, marcando así un período de dominio do fútbol inglés nas últimas edicións da competición.

Historial de finais

En letra grosa o resultado no campo do campión.

Temporada Campión Subcampión Ida Volta
1955/58 Copa De Feiras  Barcelona Copa De Feiras  Londres XI 2-2 6-0
1958/60 Copa De Feiras  Barcelona Copa De Feiras  Birmingham City 0-0 4-1
1960/61 Copa De Feiras  AS Roma Copa De Feiras  Birmingham City 2-2 2-0
1961/62 Copa De Feiras  Valencia Copa De Feiras  Barcelona 6-2 1-1
1962/63 Copa De Feiras  Valencia Copa De Feiras  Dinamo Zagreb 1-2 2-0
1963/64 Copa De Feiras  Zaragoza Copa De Feiras  Valencia 2-1 *
1964/65 Copa De Feiras  Ferencváros Copa De Feiras  Juventus 1-0 *
1965/66 Copa De Feiras  Barcelona Copa De Feiras  Zaragoza 0-1 4-2
1966/67 Copa De Feiras  Dinamo Zagreb Copa De Feiras  Leeds United 2-0 0-0
1967/68 Copa De Feiras  Leeds United Copa De Feiras  Ferencváros 1-0 0-0
1968/69 Copa De Feiras  Newcastle United Copa De Feiras  Újpest Dózsa 3-0 2-3
1969/70 Copa De Feiras  Arsenal Copa De Feiras  Anderlecht 3-1 3-0
1970/71 Copa De Feiras  Leeds United Copa De Feiras  Juventus 2-2 1-1

(*) Finais a partido único.

Palmarés

Por equipos

Equipo País Títulos Subcampionatos Anos campión
Barcelona Copa De Feiras  España 3 1 1958, 1960 e 1966
Valencia Copa De Feiras  España 2 1 1962 e 1963
Leeds United Copa De Feiras  Inglaterra 2 1 1968 e 1971
Zaragoza Copa De Feiras  España 1 1 1964
Ferencváros Copa De Feiras  Hungría 1 1 1965
Dinamo Zagreb Copa De Feiras  Croacia 1 1 1967
AS Roma Copa De Feiras  Italia 1 0 1961
Newcastle United Copa De Feiras  Inglaterra 1 0 1969
Arsenal Copa De Feiras  Inglaterra 1 0 1970
Birmingham City Copa De Feiras  Inglaterra 0 2
Juventus Copa De Feiras  Italia 0 2
Londres XI Copa De Feiras  Inglaterra 0 1
Újpest Copa De Feiras  Hungría 0 1
Anderlecht Copa De Feiras  Bélxica 0 1

Por países

País Títulos Subcampionatos
Copa De Feiras  España 6 3
Copa De Feiras  Inglaterra 4 4
Copa De Feiras  Italia 1 2
Copa De Feiras  Hungría 1 2
Copa De Feiras  Croacia 1 1
Copa De Feiras  Bélxica 0 1

Estatísticas

Equipos españois

Equipo Participacións Gañador
FC Barcelona 11 3
Valencia CF 9 2
Real Zaragoza 5 1
Athletic Club 5
Atlético de Madrid 2
RCD Espanyol 2
Sevilla FC 2
UD Las Palmas 1
CE Sabadell 1
Real Betis 1

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Copa De Feiras HistoriaCopa De Feiras Historial de finaisCopa De Feiras PalmarésCopa De Feiras EstatísticasCopa De Feiras NotasCopa De Feiras Véxase taménCopa De Feiras18 de abril1955BarcelonaBasileaBirminghamCidadesCopenhaguenEuropaFIFAFrankfurtLausanaLeipzigLiga de Campións da UEFALingua inglesaLondresMilánZagreb

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O sol do veránCentro público integradoEuropaO Castro de Beiro, OurenseCorzoEslovaquiaAloito NunizKarl MarxArnaldo OtegiIrma SètheRoberto VilarBorussia DortmundEva MoredaBoiroCamilo Díaz BaliñoReintegracionismoXavier AlcaláRed Bull RacingSouto da RetortaRonseltzGreciaNordés (vento)Artur BordaloWikiPobo galegoFran AlonsoSexo analHannah ArendtUniversoMela CasalAciñeiraAlcaldes da EstradaOrquestra Compostela (Fonoteca 92)Atalanta BCBreogánDistritos de PortugalGalván en SaorPremio García BarrosIago TabarésXabier DíazJXogo da chaveAC-960Castro de Punta do BicoPorto, PortugalAs crónicas do sochantreAlcaldes de VigoAcerbaixánSara García AlonsoOs outros feirantesProxyAfonso X o SabioEstación de San Clodio-QuirogaRichard GereRamón Campos DuránBea SeijasDrusosFrancisco SampedroVerbos galegos ser, estar e irPacios, A FonsagradaOs vixilantes do CamiñoBolboretaBlanca SilvaNeptunoMeigaFundación WikimediaManuel TurizoJulia OteroBárbaroDavid Mella🡆 More