O Real Racing Club de Santander, S.A.D.
Foi fundado o 14 de xuño de 1913 e compite na Segunda División Española. É o único equipo cántabro que xogou na Primeira División, na que ocupa o 14.° posto na clasificación histórica despois de disputar 44 tempadas.
Racing de Santander | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Racing Club de Santander, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Racing; Racinguistas; Verdiblancos; Montañeses | |||
Fundación | 14 de xuño de 1913 (110 anos) | |||
Estadio | El Sardinero, Santander, España | |||
Inauguración | 1988 | |||
Capacidade | 22.500 | |||
Presidente | Alfredo Pérez | |||
Adestrador | Guillermo Fernández Romo | |||
Liga | Segunda división española de fútbol | |||
Segunda división española 23/24 | 2ª (A), 4º 2ª (D), 2º | |||
Na rede | ||||
http://www.realracingclub.es/ | ||||
| ||||
Foi subcampión de Liga na tempada 1930–31 e semifinalista da Copa do Rei en dúas ocasións (2007/08 e 2009/10). Logo de finalizar en sexta posición na tempada 2007–08, o Racing xogou por primeira vez na súa historia a Copa da UEFA. Sete dos seus xogadores foron internacionais coa selección española.
Tempada | Categoría | Posto | Copa do Rei |
---|---|---|---|
2011/12 | 1ª | 20.º | 1/8 de final |
2012/13 | 2ª | 20.º | 3.ª rolda |
2013/14 | 2ªB | 1.º | 1/4 de final |
2014/15 | 2ª | 19.º | |
2015/16 | 2ªB | 1.º | 1.ª rolda |
2016/17 | 2ªB | 2.º | 1/16 de final |
2017/18 | 2ªB | 5.º | 1.ª rolda |
2018/19 | 2ªB | 1.º | 1/16 de final |
2019/20 | 2ª | 22.º | 1.ª rolda |
2020/21 | 2ªB |
Disputa os seus partidos oficiais nos Campos de Sport de El Sardinero, coñecido normalmente coma El Sardinero, situado próximo á praia santanderina do mesmo nome, sendo propiedade do concello de Santander. O estadio inaugurouse en 1988. Dispón de 22.500 localidades, todas elas de asento. As dimensións do terreo de xogo son 105 por 68 metros.
|
|
|
O Racing de Santander B é o equipo filial do club. Foi fundado en 1926 e conseguiu ascender a Segunda B na tempada 2005-06, aínda que agora xoga na Terceira División Española. O Rayo Cantabria é actualmente o segundo filial do Racing de Santander.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Real Racing Club de Santander, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.