Domènec Balmanya: Futbolista español

Domènec Balmanya Perera, tamén coñecido como Domingo Balmanya, nado en Xirona o 29 de decembro de 1914 e finado en Barcelona o 14 de febreiro de 2002, foi un futbolista e adestrador español.

Xogaba como centrocampista e pasou a maior parte da súa carreira de xogador no FC Barcelona. Como adestrador guiou ao CF Barcelona á vitoria da Copa do Xeneralísimo en 1957 e á conquista da primeira Copa de Feiras en 1958. Despois pasou polos bancos do Valencia, do Betis e do CD Málaga, antes de levar ao Atlético de Madrid a gañar o título de liga en 1966. Dirixiu tamén á selección española entre 1966 e 1968.

Infotaula de personaDomènec Balmanya
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Xirona, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de febreiro de 2002 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Betis Balompié
- Girona Futbol Club
1935-1937 Futbol Club Barcelona 22(0)
1937-1941 Football Club de Sète 34 (pt) Traducir
década de 1940-1948 Gimnàstic de Tarragona
1941-1944 Futbol Club Barcelona 48(5)
1948-1949 Unió Esportiva Sant Andreu
1949-1950 Gimnàstic de Tarragona 6(1) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1935-1944 Domènec Balmanya: Traxectoria, Palmarés, Notas  Selección de fútbol de Cataluña 4(0) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- Real Betis Balompié Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Como futbolista

Comezou a súa carreira futbolística no Girona, co que xogou na Terceira División, logrando o ascenso a Segunda. En 1935 fichou polo FC Barcelona, debutando coa camiseta do club nun partido do Campionato de Cataluña, competición da que se proclamou campión. A súa estrea na Primeira División produciuse o 10 de novembro de 1935, nunha derrota por 1-0 ante o Espanyol. Esa mesma tempada acadou a final da Copa do Presidente da República, na que foi titular, perdendo 2-1 contra o Real Madrid.

Durante a súa etapa no Barcelona xogou 111 partidos co club en diversas competicións e entre os seus primeiros compañeiros estiveron Joan Josep Nogués, Josep Escolà e Enrique Fernández Viola. Durante a tempada 1936/37, o fútbol nacional foi suspendido por mor da Guerra Civil. Con todo, o Barcelona e outros clubs da zona republicana de España competiron na Liga Mediterránea, proclamándose campión o Barcelona.

En 1937 emprendeu co seu club unha xira de recadación de fondos por México e os Estados Unidos. O equipo xogou catorce partidos contra conxuntos como o Club América, o Atlante FC, o Necaxa e unha selección mexicana. Nos Estados Unidos, o FC Barcelona xogou e gañou un torneo contra unha selección de Brooklyn, unha selección de Nova York, unha selección hebrea, e unha selección dos Estados Unidos. En termos económicos a xira salvou ao club, pero o adestrador Patrick O'Connell regresou a España con só catro xogadores. O resto exiliáronse, recalando Balmanya no FC Sète francés, xunto con Escolà e Raich. Con este equipo proclamouse campión de liga en 1939.

Unha vez rematada a guerra civil en 1939, o goberno franquista impuxo unha suspensión de seis anos para os deportistas exiliados. Por mediación do presidente do Barcelona, Enrique Piñeyro, o seu castigo reduciuse a dous anos, e Balmanya e Escolà regresaron do exilio en 1941. Durante a súa primeira tempada trala volta, o Barça evitou por pouco o descenso tras gañar a promoción ante o Real Murcia. A pesar dos malos resultados na liga, o club logrou gañar a Copa do Xeneralísimo, vencendo ao Athletic de Bilbao por 4-3 na prórroga.

Entre 1935 e 1944 xogou 4 partidos coa selección catalá.

Como adestrador

Posteriormente acompañou a Nogués ao Gimnàstic de Tarragona, onde puxo fin a súa carreira como xogador e comezou a súa carreira como adestrador, ao suceder no banco ao propio Nogués en 1949. Con todo, a súa primeira experiencia como técnico acabou con decepción xa que o Nàstic acabou a tempada descendendo. Despois de pasar polo Girona e polo Zaragoza, viviu o seu primeiro éxito no Oviedo, ao que levou en 1955 ata o segundo posto do Grupo I da Segunda División, aínda que non conseguiu o ascenso na fase de promoción.

Exerceu como adestrador do FC Barcelona durante dúas tempadas entre 1956 e 1958. Cun equipo formado por xogadores como Velasco, Joan Segarra, Ramallets, Kubala, Luis Suárez e Evaristo, gañou a Copa do Xeneralísimo en 1957 e a primeira Copa de Feiras en 1958. Con todo, na liga só puido ser terceiro (en ambas tempadas) e en 1958 foi substituído por Helenio Herrera.

Despois de dúas tempadas en Francia co FC Sète, regresou a España para facerse cargo do Valencia CF en 1960. Dirixiu o club valenciano durante dúas tempadas, acadando na segunda delas a final da Copa de Feiras, aínda que non chegou a sentar no banco da final, aprazada debido ao Mundial de Chile. Na tempada 1963/64 adestrou o Betis, co que logrou o terceiro posto na liga, e na seguinte ascendeu o CD Málaga a Primeira.

En 1965 foi contratado polo Atlético de Madrid. Alí tivo ás súas ordes a futbolistas como Enrique Collar, Miguel Jones, Adelardo e Luis Aragonés, e acabou proclamándose campión de liga na súa única campaña no club. Grazas a estes éxitos foi nomeado seleccionador de España, cargo que ocupou entre 1966 e 1968. Posteriormente adestrou o Zaragoza, o Cádiz e o Sant Andreu.

Palmarés

Como futbolista

    Barcelona

Como adestrador

    Barcelona
    Atlético de Madrid

Notas

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Domènec Balmanya TraxectoriaDomènec Balmanya PalmarésDomènec Balmanya NotasDomènec Balmanya BibliografíaDomènec Balmanya14 de febreiro1914200229 de decembroAdestrador, adestradoraBarcelonaCentrocampistaClub Atlético de MadridClub Deportivo MálagaCopa de FeirasCopa do Rei de fútbolEspañaFútbolFútbol Club BarcelonaPrimeira división española de fútbolReal Betis BalompiéSelección de fútbol de EspañaValencia Club de FútbolXirona

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Charles MansonGuerra civil españolaPocholo Martínez-BordiúCastro CaldelasJean Shinoda BolenEconomía de GaliciaZendayaMarylandMarco Vipsanio AgripaBoyanka Kostova (grupo musical)Paula AlvarellosPosición do misioneiro2003Tamara CanosaArboRaxáTwitterRosario Porto OrtegaFrancisco Llanos MasA EstradaWorld Wide WebLeedsO PortughésElvira Fernández BalboaParacaídasCélula pancreática acinarCabana de BergantiñosMarçal MolinéMarianneVincent van GoghLontreiraNacionalsocialismoVigoJesús Vázquez MartínezTeobrominaEdiciones AgoeiroToledoReloxoFrancisco Miguel Llanos TrápagaMediaWikiAntonio MachadoSegar's RollRosendo SalvadoAustraliaPosicións sexuais1917HuelvaYouTubeLatitudeEl tiempo entre costuras (serie de televisión)El LuísSegunda República EspañolaDiáspora galegaAngkor WatDiscoverer EnterpriseCatch Me If You CanStellantisO Ézaro, DumbríaCarlos X de FranciaAlbert CamusLeonardo DiCaprioÁreas lingüísticas do galegoXapónCaliforniaMesopotamiaPosición aconchegadaPierre Simon LaplaceMisa (música)Aeroporto de Newark Liberty🡆 More