Navegador Web

Un navegador web ou web browser é unha aplicación software que permite ó usuario recuperar e visualizar documentos de hipertexto, comunmente descritos en HTML, desde servidores web de todo o mundo a través de Internet.

Esta rede de documentos é denominada World Wide Web, WWW, Grande Arañeira Mundial ou, simplemente, Web. Os navegadores actuais permiten mostrar e/ou executar gráficos, secuencias de vídeo, son, animacións e programas diversos, ademais de texto e as ligazóns (hiperligazóns).

A funcionalidade básica dun navegador web é permitir a visualización de documentos de texto, posiblemente con recursos multimedios incrustados. Os documentos poden estar localizados na computadora onde está o usuario, pero tamén poden estar en calquera outro dispositivo que estea conectado á computadora do usuario ou a través de Internet, e que teña os recursos necesarios para a transmisión de documentos (un programa servidor web, coma Apache). Tales documentos, denominados páxinas web, posúen ligazóns que ligan un anaco de texto ou unha imaxe a outro documento, normalmente relacionado co texto ou a imaxe.

Navegador Web
O uso dos navegadores en Internet.

O seguimento das ligazóns dunha páxina a outra, localizada en calquera computadora conectada a Internet, chámase navegación, que é de onde se orixina o nome de navegador.

Tim Berners-Lee creou o primeiro navegador, WorldWideWeb, en 1991. Aínda que o primeiro popular foi o NCSA Mosaic, orixinalmente creado para UNIX en 1993, pero que axiña apareceron versións para Apple Macintosh e Windows.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

HTMLHiperligazónHipertextoInternetLigazónSoftwareWeb

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Antía OteroPenélope CruzJohn Rhys-DaviesAnne HechePrimeira guerra mundialBrad PittXosé Ramón Fernández-OxeaGinger RogersEduardo PondalAlfonso RuedaCatedral de la Seu d'UrgellSergio RamosPaleolíticoManuel María Puga PargaInformation Technology Infrastructure LibraryGalaicosAlmibreRefraneiro galego sobre o panPink FloydHans ZimmerToledoKIgnacio GarrigaGonzalo LouzaoArco da vellaAlmudena ChacónLedicia CostasHidacioLista de paísesNormativa oficial do galegoOs PinosRelación sexual humanaFrancisco Fernández del RiegoManuel AzañaSusana FortesKarl MarxA fiestra valdeiraTito AsoreyEuropaAccidente de ChernóbilLola ÍndigoMarcelo CaetanoBetanzosFosfatidilcolinaMan-in-the-middle attackCascudaQuímicaAndorraAníbal MalvarDavid BowieXosé Carlos Carracedo PortoRamón Otero PedrayoOcéano ÍndicoSexo analOs vixilantes do CamiñoCeutaSantiago AbascalHeredeiros da CrusNordés (vento)Partido PopularOs demostrativos galegosVilalbaCouto MixtoSelena GomezGisela LladóCharo LopesCristovo ColónSalamancaArgimiro Marnotes FernándezLista de xentilicios de concellos galegosProvincia da CoruñaPierre Simon LaplaceEscudo de GaliciaMaría Antonieta de Austria🡆 More