Navegador Opera: Navegador web

O navegador Opera é un navegador web creado pola empresa norueguesa Opera Software en 1994.

Opera é de balde dende a súa versión 8.50, sendo anteriormente shareware ou adware (con publicidade), e antes da súa versión 5.0 era de pago exclusivamente.

Opera
Navegador Opera: Características (v 8.5x), Características (v 9.x), Historial das versións para Windows
Desenvolvedor(es)Opera Software
Última versión31.0.1889.174
(18 de agosto de 2015)
Sistema operativoWindows, OS X, Linux, Solaris, FreeBSD, OS/2, QNX
Lingua/sVarias
Galego: Si (Dende a versión 8.00 en www.egalego.com)
TipoNavegador web
LicenzaFreeware dende a versión 8.51
Sitio webhttp://www.opera.com

O navegador Opera é coñecido pola súa velocidade, seguridade, soporte de estándares (especialmente CSS), tamaño reducido, *intercionalidade e constante innovación. Foi un dos primeiros navegadores en incluír "lapelas" para a navegación pola web, sendo esta a principal característica nas súas primeiras versións. A versión 6 foi a primeira en contar con soporte de codificacións internacionais, e non foi ata a versión 7, reconstruída dende os cimentos, que contou con compatibilidade total con especificacións como DOM (Document Object Model), CSS2 (Cascading Style Sheets, segunda revisión) e XHTML (Extensible Hypertext Markup Language ou HTML extensible). A versión 7.6, unha versión de previsualización técnica ou Alfa, incluíu un novedoso sistema de recoñecemento de voz baseado en XML (VoiceXML), facilitando así a accesibilidade, que se mantivo na versión 8. Posteriormente, á mesma versión 8 agregóuselle soporte nativo de gráficos SVG Tiny.

As súas maiores distribucións son para Windows, OS X e Linux, mais atópase tamén dispoñible para unha variedade doutras plataformas, incluíndo OS/2, Solaris e FreeBSD. Ademais, existen versións para unha ampla variedade de dispositivos móbiles (xeralmente, de pago).

Características (v 8.5x)

  • Soporte de RSS e Atom (sindicación de contido): Cando un sitio web ofrece este servizo, Opera mostra unha icona na barra de dirección para subscribirse e comprobar automaticamente o novo contido do mesmo.
  • Cliente de correo integrado (chamado M2): Destaca por ser moi pequeno (ocupa 40 KB no disco duro) e completo.
  • Identificador (administrador de usuarios/contrasinais): Ofrece a posibilidade de recordar datos de acceso de calquera sitio web que así o requira, xa sexa recordar datos só para a páxina actual, todo o servidor, non para a páxina actual ou non para todo o servidor.
  • Administrador de descargas: Permite, entre outras cousas, pausar calquera descarga e continuala cando así se requira (especialmente útil con arquivos grandes), ou realizar múltiples descargas simultaneamente levando unha mellor monitorización, así como poder levar un historial das mesmas.
  • Cliente de chat IRC.
  • Navegación por sesións: Permite gardar a sesión de navegación actual e volver retomala. Así, o usuario pode pechar o navegador, e abrilo máis tarde tendo exactamente as mesmas páxinas abertas que cando o pechou.
  • Administrador de cookies (pegadas): Permite explorar/buscar as cookies polo sitio ou usuarios do identificador, ademais de mostrar en detalle a información contida nas mesmas.
  • Notas: Permite almacenar pequenos textos asociados á páxina que se estea visitando.
  • Soporte de estándares. Soporta CSS 2.1, XHTML 1.1, HTML 4.01, WML 2.0, ECMAScript, DOM 2 e SVG 1.1 tiny.
  • Eliminar información privada. Permite eliminar con só un clic cookies, datos e páxinas protexidos por contrasinal, caché, historial de páxinas visitadas, historial de direccións escritas, historial de enlaces visitados, historial de arquivos descargados e outros tipos de información privada.
  • Navegación por voz: Só en inglés e para Windows 2000/XP.
  • Navegación por medio de tabs (pestanas).
  • Zoom nas páxinas: Permite ver o contido de calquera páxina a distintas escalas; isto resulta útil para ver imaxes que exceden as dimensións do monitor, ou páxinas que son máis anchas que a pantalla, polo que resultan difíciles de ler noutros navegadores.
  • Bloqueo de popups (fiestras emerxentes).

Características (v 9.x)

As principais novidades da versión 9.0 de Opera son:

  • Inclusión dun xestor de descargas BITTORRENT, un protocolo que está conseguindo un grande éxito en Internet, pese a que ultimamente se viu tamén perseguido polas asociacións de protección dos dereitos de propiedade intelectual, o que motivou tamén unha certa polémica coa súa inclusión en Opera. O xestor de descargas do navegador noruegués é agora transparente as descargas que se realizan mediante HTTP, FTP ou BITTORRENT.
  • Previsualización do contido das pestanas en thumbnails. Agora, cando nos sitúemos sobre unha pestana, poderemos ve-lo que contén en forma dunha pequena imaxe flotante (o que tecnicamente se coñece como thumbnail).
  • Uso de Widgets, pequenas aplicacións que se poden situar no escritorio do noso sistema operativo engadindo funcionalidades. Son idénticos ós que facilita Mac VOS X ou o Windows Vista.
  • Bloqueador de contido. Podemos impedi-la visualización de imaxes ou outros elementos dunha páxina web con tan só unha pulsación de teclado e rato.
  • Posibilidade de configura-la nosa ferramenta de busca, tal e como xa inclúen a maioría dos navegadores.
  • Editor de texto avanzado.

Historial das versións para Windows

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Navegador Opera Características (v 8.5x)Navegador Opera Características (v 9.x)Navegador Opera Historial das versións para WindowsNavegador Opera Véxase taménNavegador Opera1994AdwareNavegador webNoruega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Factorial descendente e ascendenteManuel MurguíaShin ChanBillardaOuka LeeleCentral Unitaria de TraballadoresCódice CalixtinoBloque Nacionalista GalegoXoán Paulo I, papaDe factoEstañoFauna de GaliciaCódigo QRTeoLista das canles de YouTube máis subscritasCarlo AncelottiAlegoríaRexional ExprésInfolibreVilagarcía de ArousaDwayne JohnsonSabela López PatoLista de WikipediasBilbaoCélula pancreática acinarMaría Jesús MonteroC (linguaxe de programación)29 de abrilPedro I do BrasilPaula CarballeiraLila (planta)Xabier DeiveCarlos CasaresFederico García LorcaCastelanismoCopia por contactoWikipediaJeremy CorbynLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingCAPTCHAFiúnchoMonte ApoRosario DúrcalForo (contrato)Xabier FortesBenito KamelasTereixa NavazaTristán UlloaSnookerTeixugoCaso Asunta BasterraBorder CollieÁgatha Ruiz de la PradaLingua indonesiaLista de castelos de PortugalBrieva, ÁvilaRúa Xeneral Gutiérrez Mellado (Pontevedra)Adriana LastraGreciaDominio públicoXosé Luís BernalAcivroSegunda guerra mundialMario CaneiroAlberte PagánMiguel de CervantesPortadaAstorgaDaniel de la TorreCatedral de Santiago de CompostelaLingua castelá🡆 More