Border Collie

O Border Collie é unha raza de can desenvolvida na rexión fronteiriza angloescocesa, criada orixinalmente para pastorear o gando, especialmente as ovellas.

Border Collie
Nai Border Collie (Yuki) cos seus cinco cachorros.

Considerado altamente intelixente, extremadamente enerxético, acrobático e atlético, compiten de maneira habitual en probas de pastoreo e deportes caninos. A miúdo son considerados como a raza de can doméstico máis intelixente. Os Border Collies continúan a ser empregados no seu traballo tradicional de pastorear gando e tamén son mantidos como mascotas.

Aparencia

Border Collie 
Exemplar de Border Collie.

Polo xeral, os Border Collies son cans de tamaño medio. A súa pelaxe dobre vén en varias cores, a pesar de que a bicolor negra e branca sexa a máis común e tradicional. A coloración do seu pelo pode ser tamén tricolor negra (negro-castaño-branco), e tricolor vermella (vermello fígado-castaño-branco). A cor dos ollos varía de castaño a azul, e ocasionalmente acontecen casos de heterocromía, o que é permitido no padrón oficial en especial en cans merlé. As orellas tamén poden ter varias formas: algunhas son totalmente erectas, mentres que outras son semierectas ou caídas. A súa altura varía conforme ao sexo do animal: 48cm a 56cm na cernella para os machos, e 46 a 56cm para as femias, as cales son lixeiramente menores que os machos.

Son aceptadas todas as cores de acordo co padrón oficial da raza, inclusive o merlé a pesar do negro ser bastante común poden acontecer casos en que o branco é predominante na pelaxe.

Temperamento

O Border Collie precisa de exercicio físico diario e estimulación mental, debido á súa grande enerxía, impulso de caza e gran necesidade de traballo. É considerada unha das razas máis intelixentes de cans. En xaneiro de 2011, unha investigación mostrou que esa raza pode aprender 1.022 palabras e accións. Os Border Collies frecuentemente participan e destacan en eventos de pastoreo, competicións de obediencia, agility, rally e rastreo, alén de deportes como disco e flyball.

Notas

Tags:

GandoOvella

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Irene MonteroBugalloToledoMaría Antonieta de AustriaPimpín comúnAdolf HitlerLagarto das silvasOcéano ÍndicoColocación do pronome átono en galegoItxu DíazAtenasXosé FortesEverton F.C.Caso Asunta BasterraLuísa VillaltaGame Boy ColorDavid VillaBreixoLista das árbores de GaliciaLonga noite de pedraJoselu MatoAdolfo SuárezPedro J. RamírezVerínA Mesa pola Normalización LingüísticaSantiago de CompostelaMemorias dun neno labregoAntón Avilés de TaramancosYolanda CastañoFragas do EumeDeportivo da CoruñaSusana FortesSete Sabios da Fraga de BambúVacaTereixa NavazaA rendición de BredaForma físicaLeire MartínezRoberto Vidal BolañoBilbaoFrancisco Fernández del RiegoOvo (alimento)EuropaTerraTeodorico II, rei visigodoO Pedrouzo, Arca, O PinoPatricia Argerey VilarRías Baixas (serie de televisión)Os EoasMaceiraRamiro CarregalEva MejutoMoscovaLucía VeigaDía das Letras GalegasAriadna FernándezIdade MediaPosición do misioneiroIbai LlanosCáceresHórreoCangasLingua igalaMecanismo de AnticiteraFranciaArgimiro Marnotes FernándezFingeringSérgio TannusIgnacio Rivera QuintanaXurxo de CapadociaXela AriasFísicaLareira🡆 More