Canis: Xénero de mamíferos

Canis é un xénero da familia Canidae, orde dos carnívoros; o número exacto de especies é obxecto de disputas, se se consideran ao can e ao dingo coma subespecies de Canis lupus ou coma especies en dereito propio e se se consideran ou non Canis rufus e Canis lycaon, ambas con dúbidas sobre a súa validez.

Canis
Canis: Xénero de mamíferos
Lobo etíope
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Canidae
Xénero: Canis
Linnaeus, 1758
Especies

Polo tanto inclúe 6 especies seguras e outras 4 posíbeis.

O xénero orixinouse probabelmente en América do Norte a finais do Plioceno ou comezos do Plistoceno, hai arredor dun millón de anos. Hoxe atópase en estado salvaxe en toda América, en Europa, en África, Asia e Australia; a distribución do can é case coextensiva coa do ser humano, cubrindo case todo o globo.

As especies de Canis amósanos unha gran variedade de tamaños, dende os 75 kg que pode acadar C. lupus —máis aínda en razas especialmente seleccionadas, coma o gran danés ou o mastín napolitano— até os 12 de C. mesomelas —considerabelmente menos en variedades domésticas de can, que ás veces non superan o quilogramo. Aínda así, non son infrecuentes os cruces cando a fisonomía o permite, o que complicou considerabelmente o establecemento das relacións xenéticas das distintas especies.

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AresAfonso XII de EspañaPenélope CruzSímbolos matemáticosCastelanismoÍñigo AlfonsoBoyanka Kostova (grupo musical)Carlos NegroMaribel VerdúBenito KamelasCatedral de Notre-Dame de ParísSuso de ToroAlicia BorrásAnthony AndersonCosoirado, Cosoirado, MorañaLista de nomes masculinos en galegoLuis Ángel Lago LageReino de GaliciaLista de ríos de GaliciaRoberto Fernández RicoMario CaneiroArcadi EspadaNoite de san XoánCanle (enxeñaría)Manuel MurguíaBlogArgimiro Marnotes FernándezDaniel Lago BarreiroAntón Losada TrabadaMatias VarelaJohn LennonHaikuTeoHTML5Provincia da CoruñaBidueiroCohesiónHanan PachaPaporroiboDohaHLA-DRPorto do Souto, A Canda, PiñorArco da vellaMateo de PradoAna Belén FortesUnión EuropeaO PorriñoEscherichia coliLugares do SaviñaoNúmero piValentín García GómezXosé FortesSonsoles EspinosaAWStatsNew BauhausCinema de GaliciaCopa do SarBueuOs violentos de KellyFelipe GonzálezClaudio MonteverdiSunnismoTorre EiffelFragas do EumeFederico García LorcaPaula CarballeiraJavier CasqueiroTJulio Alén MontesTeresa MoureHarry StylesLista das canles de YouTube máis subscritasLuz FandiñoBillardaMasturbación🡆 More