Un cadrado é un cuadrilátero (polígono regular de 4 lados).
O perímetro dun cadrado de lado l é: p = 4l. Ou , d = diagonal. E a área deste cadrado é: A = l2. Tamén
O cadrado é:
Nun cadrado, as súas diagonais son veces maior que a medida dos seus lados. As diagonais corresponden ao diámetro dunha circunferencia circunscrita ao cadrado, e esa ten área veces maior que a área do cadrado. O lado dun cadrado é igual a medida do diámetro da circunferencia inscrita no cadrado, e ten unha área (aproximadamente 0'79) veces maior que a área do cadrado.
O cadrado presenta a propiedade de ser o cuadrilátero convexo que, para unha área dada, posúe o menor perímetro, e, para un perímetro dado, posúe a maior área. Un segmento que une os lados paralelos dun cadrado determina dous trapecios iguais (forma e tamaño). Se unes os puntos medios dos catro lados dun cadrado obtés outro cadrado cuxa área é a metade do cadrado orixinal.
A intersección do conxunto de todos os rectángulos e o conxunto de todos os diamantes é o conxunto de todos os cadrados. As diagonais dun cadrado son iguais e perpendiculares. A intersección dun cubo cun plano perpendicular a dúas caras opostas é un cadrado; e o cadrado de área máxima contén as diagonais de tales caras e a diagonal do sólido.
Na axiomática da área de figuras planas (xeometría euclidiana), é conveniente que a área dun cadrado de lado 1, a súa área sexa unha unidade cadrada. Ao relacionar o lado dun cadrado de lado 1 coa súa diagonal, os membros da escola de Pitágoras conseguiron que a diagonal non se poida expresar como unha razón de dous números enteiros.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cadrado |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Cadrado, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.