Padres Da Igrexa

Padres da Igrexa ou pais da Igrexa é a denominación que se lles dá aos autores da antigüidade cristiá que a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica consideran referencias fundamentais para a definición das verdades en materia de fe e de moral.

Padres Da Igrexa
San Xerome, san Gregorio Magno e santo Ambrosio no coro lígneo da catedral de Santiago de Compostela, hoxe no mosteiro de San Martiño Pinario

Características

O consenso unánime dos pais da Igrexa na interpretación das Sagradas Escrituras enténdese que é fonte fundamental para o establecemento da doutrina auténtica. Cando a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica consideran que a tradición é fonte de fe e ilumina o senso profundo do Antigo Testamento e do Novo Testamento, apelan ao testemuño destes autores.

Así, o xeito de entender a figura de Xesús de Nazaret como Salvador da humanidade, a súa morte e resurrección e a articulación paulatina do dogma, a través das definicións conciliares, teñen nos pais da Igrexa fonte de inspiración e criterio de interpretación.

Adoitan dividirse entre pais gregos e pais latinos, os primeiros son especialmente venerados polas Igrexas orientais, pero tamén pola Igrexa católica. Os segundos forman tamén parte da gran corrente de pensamento que abranguía a Igrexa indivisa de Oriente e Occidente, se ben é neste onde manteñen a súa autoridade doutrinal. A teoloxía ortodoxa e especialmente a católica insisten na necesidade de comprendelos e interpretalos no contexto cultural da súa época, especialmente imbuído pola filosofía platónica, e o seu desprezo da materia e do terreo. Os pais da Igrexa empregaron o aparello conceptual propio daquel mundo, pero dándolle un novo sentido e preservando o que entendían que era a novidade profunda de Xesús de Nazaret como Cristo e redentor de todos e cada un dos homes.

Tradición grega

Entre os pais gregos, cabe citar a

  • Xustino Mártir (executado entre os anos 163-167) para quen o cristianismo é a plenitude da filosofía por derivar da encarnación do Logos. Esta filosofía completa o Antigo Testamento e as sementes de verdade das filosofías pagás e xera unha nova sociedade baseada no comunismo e no amor ao inimigo.
  • Santo Irineo (130-200): combateu ao gnosticismo, fronte ao cal defendeu que Deus é o Creador do mundo material, incluído o corpo humano. Estes non son malos por natureza; o mal é froito da liberdade. A Gloria de Deus é que o home viva. Foi executado morrendo como mártir.
  • Oríxenes (186-254): busca o significado espiritual das sagradas escrituras superando o teor literal. Defende a esencia espiritual do home e considera que, mediante un proceso purificador, todos os homes, a creación enteira e o mesmo Satán acadarán a unión con Deus. É a restauración universal ou apocatástase. Morreu a consecuencia das duras torturas ás que foi sometido durante a persecución de Decio.
  • Santo Atanasio de Alexandría (298-373): Bispo de Alexandría. Combateu a herexía de Ario defendendo a divindade do Verbo de Deus. Segundo el, O Verbo de Deus, compadecido da debilidade do home, e condescendente coa súa corrupción, fíxose home, para que o home se fixera Deus. Trátase da fe do Concilio de Nicea, e o xermolo de espiritualidade ortodoxa que pretende acadar a divina humanidade. Foi desterrado cinco veces nos períodos nos que o poder civil apoiaba o arianismo.
  • San Basilio o Grande (331-379): infatigable pastor na defensa dos pobres e os enfermos. Aberto á cultura pagá, recomendou á xente nova a lectura dos clásicos gregos. No terreo da teoloxía, defendeu a divindade do Espírito Santo. Puxo as bases do monacato, buscando superar o individualismo eremítico a través da vida compartida e aberta ao servizo de todos. Desafiou aos emperadores Xuliano o Apóstata e Valente o ariano. É un dos pais da Capadocia.
  • San Gregorio Nacianceno (330-390): defendeu, fronte ao apolinarismo, a integridade da natureza humana de Cristo. Por amor á concordia renunciou ao bispado de Constantinopla. É un dos pais da Capadocia.
  • San Gregorio de Nisa (335-395): segundo o seu pensamento, o home é o cume de Creación e é froito do amor sobreabondante de Deus. Pola redención de Cristo, todos os homes, a natureza enteira e o mesmo demo serán reconstituídos para unha vida eterna feliz (apocatástase). É un dos pais da Capadocia.
  • San Xoán Crisóstomo (347-407): proclamado polo pobo de Constantinopla bispo da cidade. Defendeu ao seu pobo fronte ao Emperador, solidarizouse cos pobres e fustrigou o luxo da Corte imperial, morrendo por isto no desterro. Foi moi famoso polos seus sermóns ao tempo claros e elocuentes. Neles predicou o amor desinteresado e o senso da xustiza. Consideraba ao home como o maior prodixio do Universo, máis prezado para Deus que a Creación enteira.
  • San Xoán Damasceno (675-749): defendeu a veneración ás iconas, fronte ao Emperador León III e os iconoclastas. Cristo é a Icona de Deus por antonomasia. Deus, pola encarnación do seu fillo, redimiunos a través da materia. As iconas, en canto imaxes materiais, elévannos ao transcendente. A ordenación do Cosmos evoca unha Intelixencia persoal ordenadora. De tódolos xeitos, a mellor maneira de falar de Deus é en negativo, porque todo o que lle atribuamos é máis desigual ca igual a El, debido a súa infinitude insondable.

Tradición latina

Entre os pais latinos, cómpre citar:

  • Cibrán de Cartago (200-258): bispo de Cartago. Sufriu a persecución do emperador Decio. Debateu co Papa Cornelio sobre a reintegración dos fieis que abandonaran a Igrexa durante esa persecución, defendendo unha posición equidistante máis rigorosa que a do bispo de Roma. No contexto da persecución do emperador Valeriano, foi decapitado.
  • San León I Magno (+ 461): primeiro Papa no sentido histórico do termo (primado de Pedro). Exerceu un auténtico liderado na Igrexa occidental. Foi célebre o seu diálogo pacífico con Atila que evitou a invasión e saqueo da cidade polos hunos.
  • Santo Ambrosio de Milán (339-397): proclamado polo pobo bispo de Milán debido á súa recoñecida sabedoría e bondade. Condenou a matanza de Tesalónica perpetrada polo Emperador Teodosio I. Supeditou a lexitimidade do seu poder á submisión aos valores da xustiza e a caridade consonte o espírito cristiá. Repróchaselle certa intolerancia cos xudeus.
  • Santo Agostiño de Hipona (354-430): pensador fundamental da historia da filosofía. En canto ás súas ideas estritamente relixiosas cabe salientar: A Graza: don gratuíto do Amor de Deus que concede a salvación sen mérito por parte do home; isto enfrontouno a Pelaxio que defendía a salvación polas boas obras e foi considerado herexe. A Santa Trindade: na obra do mesmo nome concibe a unidade substancial de Deus como unha comuñón de Amor entre as tres persoas divinas. A Cidade de Deus: como meta da humanidade que supón desacralizar o poder político, o cal debe someterse ás esixencias da xustiza e da caridade consonte o espírito cristiá. O home: criatura feita á imaxe e semellanza de Deus que, tal como expresa nas súas Confesións, vivirá inquedo ata que non acougue en Deus. A moral: centrada no amor ao próximo incluído o inimigo (ama e fai o que queiras, afirmará no seu Comentario á primeira Carta de S. Xoán). Para Agostiño "o amor é unha perla preciosa que, se non se posúe, de nada serven o resto das cousas, e se se posúe, sobra todo o demais".
  • San Xerome (347-420): tradutor ao latín da Biblia (Vulgata). De espírito inquedo e unha vasta cultura, sostivo con paixón as máis diversas polémicas teolóxicas. Fustrigou ao clero de Roma, ás virxes hipócritas e á comodidade dos monxes, o que o levou a vivir como eremita en Terra Santa a onde trasladou a súa extensa biblioteca. Non compartiu as correntes maniqueas e gnósticas que condenaban o matrimonio, pero insistiu en considerar máis excelsa a virxindade.
  • San Gregorio I Magno (540-604): papa que se considerou a si mesmo como servo dos servos de Deus. Impulsou o monacato segundo a regra de san Bieito de Nursia (Oración, pobreza, lectura, traballo, e vida comunitaria) e deu un forte pulo á evanxelización das afastadas terras pagás esixindo o respecto á cultura e santuarios indíxenas. Puxo as bases do canto gregoriano.

Tags:

CristianismoIgrexa católicaIgrexa ortodoxa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AmieiroReino UnidoManuel Gago MariñoFollas novasGabriel García MárquezPablo EcheniqueLista de palabras galegas de orixe celtaRepública ChecaLista de programas de Televisión EspañolaA EstradaPoesíaAs dúas MaríasAvenida da Liberdade (Lisboa)AmazonRamón Otero PedrayoMaría JamardoSri LankaOldhamMasculino e feminino en galegoSabela (Operación Triunfo)Raquel Castro MartínezXXXTentacionCangasRefraneiro galego sobre o panLola FloresGalego-portuguésRepública Democrática do CongoBob DylanXosé Luís BernalO Barco de ValdeorrasClara CampoamorDiego González RivasGonzalo Pérez JácomeXunta Suprema do Reino de GaliciaFrancisco Porto MellaCaraveleiraLongueirón (molusco)María PitaNoiaIrene FerrerasDiáspora galegaAAlbert EinsteinGran Guerra IrmandiñaAmérica do NorteFelaciónCaquetáLista de estacións de tren de GaliciaBandeira de GaliciaPosición aconchegadaDeportivo da CoruñaFrida KahloLeninismoGerardo Pardo de VeraLingua portuguesaFederico García LorcaCarlos CasaresPatricia VázquezCuruxa comúnFauna de Galicia1868PanxermanismoAlfonso RuedaDiego AnidoGoretti SanmartínInglaterraÁreas lingüísticas do galegoEmilio Aragón ÁlvarezArantzaCouselo (planta)AWStats🡆 More