Ario

Ario foi un presbítero alexandrino, configurador do arianismo, morto no 336, o día anterior ao fixado polo emperador Constantino para que se reconciliase coa Igrexa, asunto tratado no Primeiro Concilio de Nicea no ano 325.

Infotaula de personaArio
Ario
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Ἄρειος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 250 Editar o valor em Wikidata
Cirenaica Editar o valor em Wikidata
Morte336 Editar o valor em Wikidata (76/86 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónArianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Alexandría Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónasceta (pt) Traducir , presbítero , teólogo , predicador Editar o valor em Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Discípulo de Luciano de Antioquía, enfrontouse ao seu bispo proclamando que Deus (o Pai) creara do nada ao Logos (o seu Fillo); que «houbo un tempo en que o Fillo non existía», e que xa que logo o Fillo era unha creación de Deus e non era Deus mesmo. Este era divino (un deus) pero que esta divindade non era da magnitude que a do Pai, polo tanto non se podía chamalo Deus Verdadeiro.

A súa doutrina coñécese como arianismo, aínda que xa existía antes de Ario; por exemplo, nas obras de Paulo de Samosata (bispo de Antioquía). En Tertuliano atópase a crenza análoga á de Ario de que o Fillo de Deus non existía antes de ser procreado. En Xustino Mártir atópanse sentenzas subordinacionistas similares ás de Ario, do mesmo xeito que en Oríxenes.

A defensa do arianismo foi asumida por diversos líderes eclesiásticos, entre os que se destaca Eusebio de Nicomedia (Arcebispo de Constantinopla), quen chegou a ser confesor do emperador Constantino I o Grande.

Con todo, o arianismo foi condenado como herexía polo Concilio de Nicea no ano 325. Neste sínodo de bispos reafirmouse a doutrina da consubstancialidade (homoousios, a mesma substancia) do Pai e do Fillo, polo que Ario e os seus seguidores foron exiliados e excomungados, aínda que outros concilios posteriores restauraron o arianismo como doutrina lexítima da Igrexa. A condena definitiva chegou no Primeiro Concilio de Constantinopla (381).

Posteriormente o arianismo perviviu entre os godos e outros pobos xermánicos. Ario era un predicador popular e dicíase que os seus sermóns eran cantados e repetidos pola xente do pobo. A súa obra principal foi Talía (Θαλια), hoxe desaparecida, do mesmo xeito que o resto dos seus libros, que foron queimados e proscritos, aínda que fragmentos dos seus textos perduraron nas obras dos seus detractores e grazas a eles o seu pensamento púidose reconstruír ata certo punto.

Ario morreu en estrañas circunstancias (posiblemente envelenado) en xaneiro de 2014[Cómpre referencia] en 336, na véspera do día en que ía ser readmitido na comuñón da Igrexa.

Notas

Tags:

325336AlexandríaArianismoConstantino I o GrandeEmperador romanoIgrexa católicaPresbíteroPrimeiro Concilio de Nicea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xestión de dereitos dixitaisCarrie (filme)O comparativo galegoHLA-DMO PorriñoMareas vivasVivir sin permisoDiego González RivasSabela (Operación Triunfo)MasturbaciónSupermartesChipionaXosé Manuel PiñeiroMitoloxía galegaBimba y LolaLingua casteláLugares de ArteixoHoliBugalloHard GZSete Sabios de GreciaSéculos EscurosCandela PeñaCopia por contactoXela AriasMustafa Kemal AtatürkLeopoldo RubidoCatedral de la Seu d'UrgellMontse DopicoRaquel Sánchez-SilvaRamón María NarváezFrancisco Vázquez VázquezGrupo EroskiCouselo (planta)Che GuevaraMiguel SolísIria Carreira PazosBala (grupo musical)Félix BolañosAFernando Salgado GarcíaÁureoLista de estacións de tren de GaliciaManuel OuteiriñoIria MorgadeLiga de Unidade e Ação RevolucionáriaA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoSete Sabios da Fraga de BambúGame Boy AdvanceMaría Victoria MorenoBernd SchusterCarlos Blanco VilaManuel Curros EnríquezMarta DahlgrenPartido Comunista dos Traballadores de EspañaBipartito galegoJuan MagánJosé Antonio Primo de RiveraEsther F. CarrodeguasSobreiraXinzo de LimiaLobernoVietnamCanle (enxeñaría)Ariadna GilInstagramMáquina comecartosChristopher WalkenAccidente de ChernóbilMoucho comúnBulgariaCaso Asunta BasterraRepública Popular da ChinaÁlbum de la CaridadM🡆 More