Monte Elbrus

42°26′16″L / 43.35254, 42.437875

Monte Elbrus
Monte Elbrus
O Monte Elbrus completamente nevado, maio de 2008
Altitude: 5.643 metros
Localización: Rusia
Cordilleira: Cáucaso
Tipo: Estratovulcán (extinto)
Primeira ascensión: 1874 por unha expedición liderada por F. Crauford Grove
Ruta mais doada: Escalada básica en neve/xeo

O Monte Elbrus (en ruso, Эльбрус; en kabardino, Ӏуащхьэмахуэ; en karachai-balkar, Минги тау) é unha montaña localizada na parte occidental da cordilleira do Cáucaso, na Rusia, preto da fronteira coa Xeorxia. O Cáucaso, xunto cos Urais, por convención histórica unicamente (e sen base xeográfica), é considerado a fronteira entre Europa e Asia. O artificialismo da fronteira nun contexto xeográfico é exemplificado polo feito de que a parte setentrional do Cáucaso frecuentemente é considerada como Europa, e a parte meridional na Asia. O monte Elbrus, con 5.642 metros sobre do nivel do mar, é así considerado como a montaña máis alta de Europa.

O Elbrus fica a 20 km ao norte da cordilleira principal do Gran Cáucaso e 65 km sur-suroeste da cidade rusa de Kislovodsk. O seu pico con neves eternas alimenta 22 glaciares que, á súa vez, dan orixe aos ríos Baksan, Kuban e Malka.

Na Antigüidade, o monte era coñecido como Strobilus, e acreditábase que Prometeo fora aló escorrentado.

Os alemáns ocuparon brevemente a montaña durante a segunda guerra mundial con 10000 soldados montañeses; unha historia, posiblemente apócrifa, conta que un piloto soviético recibiu unha medalla por ter bombardeado a cabana principal, Proit 11, cando estaba ocupada. Máis tarde, foille ofrecida unha medalla por non ter atinxido a cabana, mais sen o estoque de combustible, deixando a cabana intacta para as xeracións futuras.

O monte Elbrus non debe ser confundido coas montañas Alborz (tamén chamadas Elburz), no Irán.

Xeoloxía

As montañas do Cáucaso son o resultado de colisión de dúas placas tectónicas, a placa arábica movéndose para o norte con relación á placa eurasiana. Elas forman unha continuación do Himalaia, que está sendo empurrado para riba por unha colisión similar entre as placas eurasiana e india. Toda a rexión é regularmente sacudida por fortes terremotos oriúndos desa actividade.

Ascensión

Monte Elbrus 
O Monte Elbrus e os seus dous picos.

O máis baixo dos dous picos foi escalado por vez primeira en 1868 por Douglas Freshfield, A. W. Moore e C. C. Tucker, e o máis alto (en aproximadamente 40 m) en 1874 pola expedición británica dirixida por F. Crauford Grove.

Durante os primeiros anos da Unión Soviética (URSS), o alpinismo tornouse un deporte popular, e houbo un tremendo tráfico de persoas no Elbrus. No inverno de 1936, un grupo inexperto de membros da xuventude comunista tentou escalar a montaña, e terminou por sufrir diversas baixas cando escorregaron no xeo e caeron para a morte.

A URSS animou as ascensións do Elbrus, e no 1956 foi escalado "en masa" por 400 alpinistas para marcar o 400° aniversario da anexión de Kabardino-Balkaria, a república socialista autónoma onde se localizaba o Elbrus.

De 1959 a 1976, un teleférico foi instalado en etapas que poden levar o visitante a unha altura de 3800 metros. Existen varias rutas ata o cumio, mais a ruta normal, que non ten fendas, continua aproximadamente en liña recta a partir do fin do teleférico. Durante o verán, non é raro ver ata 100 persoas por día tentando alcanzar o cumio por este camiño. A escalada non é tecnicamente difícil, mais é ardua fisicamente debido á altitude e aos ventos fortes.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Anthony Huxley: Standard Encyclopedia of the World's Mountains (Nova York: Putnam, 1962)

Ligazóns externas

Tags:

Monte Elbrus XeoloxíaMonte Elbrus AscensiónMonte Elbrus Véxase taménMonte ElbrusCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rías Baixas (serie de televisión)Xosé Neira VilasSecretaría Xeral de Política LingüísticaLista de xentilicios de concellos galegosTito VilanovaFlorentino López CuevillasRepública Democrática do CongoComarcas de GaliciaDistritos de PortugalTito ValdésPaulino PereiroGuillermo Alonso BarciaFranciaFrancisco FrancoCuruxa comúnSalgueiroTrofoblastoPosición aconchegadaFlora invasora de GaliciaXunta Suprema do Reino de GaliciaXosé Carlos MorellLuís SeoaneRosalía de CastroMaría Xosé QueizánFederico García LorcaNúmero piLista de presidentes da República PortuguesaDorothé Schubarth2015Clara CampoamorGran Guerra IrmandiñaLista de programas de Televisión EspañolaÁcido dipicolínicoRoberto VerinoMártires de CarralWayback MachineISBNCeleste CaeiroOman AirMeigaLeninismoMariano RajoyFerroAtlánticaMaría PitaIsabel Díaz AyusoNeptunoCamilo Nogueira RománLista de deuses celtasO Barco de ValdeorrasLabor Gallega (A Habana)LalínCayetana Álvarez de ToledoAdolfo SuárezMoulin RougeGonzalo LouzaoGrupo SargadelosA CoruñaAlfonso RuedaTeresa García-SabellLavandaAgustín Fernández PazJuan CorralCristina MaróZeca AfonsoWikiLola FloresFesta da Palabra SilenciadaJosé SaramagoRetorno a Tagen AtaLista de episodios de DoraemonArantzaHenrique VIII de InglaterraValentín García Gómez🡆 More