Alborz

Alborz ou Elburz (en persa: البرز) é unha cordilleira que separa o altiplano iraniano da depresión do mar Caspio e, por outra banda, establece unha continuidade entre o Cáucaso e o Hindu Kush (Paropamisadas).

A altura media da cordilleira non supera os 3000 metros, sendo o pico máis alto o Damavand, que alcanza os 5654 metros. No norte, hai moitos bosques, pero no sur a vexetación é escasa debido á pouca cantidade de choiva. O primeiro en darlle nome á montaña foi Hamd Allah Mustawfi . Anteriormente, era coñecido como Semiramidis Mons (Σεμειραμίδος ὄρος) e é mencionado por Flavio Arriano e Marciano, que dicían que formaba a parte persa da entrada ao golfo Pérsico na rexión de Carmania.

Alborz
البرز
Alborz
Alborz en Mazandaran
Alborz
Localización
Continente/sAsia
País/esAlborz Irán
Coordenadas35°57′20″N 52°06′36″L / 35.95556, -52.1100052°06′36″L / 35.95556, -52.11000
Datos
Cota5610 msnm
Superficie155970
Lonxitude804
Ancho388

Etimoloxía

O nome Alborz derívase de Harā Barazaitī, montaña lendaria do Avesta, texto principal do zoroastrismo. Harā Barazaitī procede dun nome protoiraniano, *Harā Bṛzatī, que significa "Montaña Muralla". *Bṛzatī é o feminino do adxentivo *bṛzant- "alto", antecedente do persa moderno bouland (بلند) e Barz/Berazandeh, relacionado co sánscrito Brihat (बृहत्). Harā pode interpretarse como "vixiar" ou "gardar", a partir dunha raíz indoeuropea *ser- "protexer". No persa medio, Harā Barazaitī converteuse en Harborz, e no moderno persa Alborz, cognado do monte Elbrus, pico máis alto do Cáucaso.

Características

O Alborz esténdese en dirección oeste-leste ao longo dun arco de 600 km, cunha extensión mínima de 60 km e máxima de 130. Está conformada por series sedimentarias datadas dende o alto Devónico ao Oligoceno, predominantemente calcarias xurásicas sobre un núcleo de granito.

Entre os lugares de interese están a fortaleza medieval de Alamut e varias estacións de esquí, algunhas delas consideradas como as mellores do mundo, como a de Dizin.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • North, S.J.R., Guide to Biblical Iran, Roma 1956, p. 50

Ligazóns externas

Tags:

Alborz EtimoloxíaAlborz CaracterísticasAlborz NotasAlborz Véxase taménAlborzAltiplano iranianoCordilleiraCáucasoFlavio ArrianoGolfo PérsicoHindu KushLingua persaMar CaspioMarciano (emperador)Monte Damavand

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xunta de GaliciaNosce te ipsumGonzalo DuránElizabeth DuvalParques eólicos en GaliciaAntón TovarÁreas lingüísticas do galego28LareiraLista de ríos de GaliciaIsmael RamosRRío UrumeaHarry BelafonteMáquina comecartosIraqGuamTXosé Luís Franco GrandeCervo común1HJosé Manuel Baltar BlancoEls DottermansCLuís Álvarez PousaSandra GonzálezManuel ComesañaJosé Manuel LageMaragotaOs demostrativos galegosLuís TorrasXosé Ramón GayosoSomersby (sidra)Evelina HervellaArquitectura gótica en GaliciaPedro NimoDios ke te crew8Ilves NaisetHeterosexualidadeCucoPegaPilar BahamondeMona SimpsonBoyanka Kostova (grupo musical)Dolores O'RiordanCadela de fradeMarta DoviroEleccións municipais en RibeiraSolace (filme de 2015)Orixe das avesLista de palabras galegas de orixe celtaGalipediaBracara AugustaPepa a LobaDía da NaiAL-VOhioVictoria PortasGran Premio de Acerbaixán de 2023Cristovo ColónCicerónGerardo Pardo de VeraAmieiroJuan Fernández GarcíaZPansexualidadeLabios (xenitais)Héctor CajaravilleÁ lus do candilBipartito galegoLagarto arnalPartido Galeguista (histórico)Departamentos de ColombiaLedicia CostasLista de episodios de Shin ChanApp Store (iOS)🡆 More