Cordilleira Do Cáucaso

A cordilleira do Cáucaso é unha cadea de montañas de 1.200 km entre o mar Negro e o mar Caspio, frecuentemente considerada o límite do extremo sueste da Europa.

Forma dúas cadeas distintas:

  • O Gran Cáucaso esténdese de Sochi, nas marxes do nordeste do mar Negro, ao leste-sueste, alcanzando o mar Caspio preto de Bakú. Na maior parte da súa extensión, forma a fronteira natural da Rusia con Xeorxia e Acerbaixán. Os picos do Gran Cáucaso inclúen o monte Elbrus, con 5.642 m que o converten na montaña máis alta de Europa.
  • O Pequeno Cáucaso esténdese paralelamente ao Grande Cáucaso, a unha distancia media de 100 km ao sur. As fronteiras da Xeorxia, Armenia e do Acerbaixán corren a través desa cadea, a pesar de que as cristas non definen a fronteira de maneira xeral.
Cordilleira Do Cáucaso
Cordillera do Cáucaso.
    Este artigo é sobre a cadea de montañas terrestre. Existe tamén unha cordilleira lunar, chamada Cáucaso.
Cordilleira Do Cáucaso
Pintura do Cáucaso.

Xeografía

A cordilleira, rectilínea, medra en altitude a 300 km do estreito de Kerch e culmina, na súa parte central, en vastos volcáns xeados:

  • o Elbrus 5.642 m (Rusia "europea")
  • o Dykh Tau 5.203 m (Rusia "europea")
  • o Chkhara 5.058 m (Xeorxia/Rusia)
  • o Kazbek 5.047 m (Xeorxia)
  • o Usba 4.695 m
  • o Uipata 4.638 m

En tanto que o Cáucaso central está cuberto por numerosas xeleiras, o Cáucaso occidental está cuberto por fragas, e o Cáucaso oriental, máis baixo e seco, é unha rexión case desértica. O contraste é menos visible entre os flancos norte e sur.

O Cáucaso non presenta vales lonxitudinais susceptíbeis de atenuar o seu papel de obstáculo. No centro, pode ser cruzado por diversas estradas, como a do val do Tarek, que leva ao Paso da Cruz (2.388 m). Entre o Grande e o Pequeno Cáucaso, a Transcaucasia esténdese por 700 km, entre o mar Caspio e o mar Negro. É unha rexión complexa, que asocia cuncas ben desenvolvidas: a Colchida ó oeste e a planicie do Acerbaixán ó leste. No centro, os corredores paralelos da Kura, do Iori e do Alazani, así como a chaira de Gori, superpóñense entre 150 e 700 m. Ao sur, as montañas da Xeorxia e da Armenia constitúen o terceiro sector do Cáucaso, o Pequeno Cáucaso, cunha altitude media de 2.000 m. A cadea é, porén, interrompida por vastos macizos volcánicos; a oeste do lago Sevan, o monte Aragats (80 km de longo) constitúe a parte máis elevada do macizo de Alaghez (4.095 m), punto cumio do Pequeno Cáucaso, na Armenia.

Recursos naturais

O Cáucaso posúe xacementos de metais non ferrosos e reservas de petróleo (Acerbaixán e rexións de Maikop e de Grozni).


Cordilleira Do Cáucaso 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

EuropaMar CaspioMar Negro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ana Belén FortesConceyu BableRepública ChecaMoisés Rodríguez PérezNoiaXogo da chaveC++Xosé Neira VilasPoesíaLeopoldo RubidoOtelo Saraiva de CarvalhoPrestigeRéptilesColocación do pronome átono en galegoAs aves na cultura popular galegaSalgueiro MaiaJuan CorralAbrilLeymaParlamento de GaliciaAdolf HitlerA EstradaDoenza de Paget de mamaManuel Lourenzo SobralFillas de CassandraLista de castelos de PortugalCoco (bacteria)Elena CandiaStellantisBreogánO Barco de ValdeorrasMiro CasabellaTribadismoThomas Alva EdisonXinzo de LimiaO GroveVietnamIgnacio Rivera QuintanaPontedeumeTorre de HérculesDepartamento de ApurímacPello OtxandianoFederico García LorcaGoretti SanmartínVáknerLisboaGoogleEduardo IndaPerífrases verbais galegasMilánMedalla CastelaoImmanuel KantJennifer LopezLista de deuses celtasMaría PitaSonsoles EspinosaMoulin RougeMergullón cristadoTDavid BeckhamYolanda CastañoRosalía de CastroAliança CatalanaJohannes VermeerOTANMasculino e feminino en galegoFoca monxeAna Luísa BouzaUniversidade de Santiago de CompostelaPonte 25 de AbrilMoscovaSobreiraCarles PuigdemontCorzo🡆 More