Hepatite B: Doenza infecciosa do fígado

A hepatite B é unha doenza infecciosa do fígado causada polo virus da hepatite B, pertencente á familia Hepadnaviridae (virus ADN hepatotrópico) e caracterizada por necrose hepatocelular e inflamación.

Pode causar un proceso agudo ou un proceso crónico, que pode acabar en cirrose (perda da "arquitectura" hepática por cicatrización e xurdimento de nódulos de rexeneración) do fígado, cancro de fígado, insuficiencia hepática, fatiga, febre, ictericia e mesmo a morte.

Hepatite B
Clasificación e recursos externos
Hepatite B: Doenza infecciosa do fígado
OMIM610424
DiseasesDB5765
MedlinePlus000279
eMedicineped/978
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O tratamento da hepatite está intimamente relacionada co tratamento da infección polo VIH, pois as dúas enfermidades requiren un amplo coñecemento da inmunoloxía, a viroloxía, a xenética e o coñecemento das actuais normas terapéuticas, que adoitan cambiar rapidamente coas actualizacións modernas.

De todos os tipos de hepatites que existen, a Hepatite B é a máis perigosa de todas seguida da hepatite A.

Epidemioloxía

Hepatite B: Doenza infecciosa do fígado 
Distribución xeográfica da prevalencia da hepatite B no ano 2005:      Alta: prevalencia superior a 8%      Intermedio: entre 2 e 7%      Baixa: inferior a 2%.

A hepatite B propágase por medio do contacto coa saliva, o sangue, o seme, ou outro líquido corporal dunha persoa infectada (por suposto a saliva debe estar en contacto con sangue previo como feridas bucais ou carie). O principal modo de transmisión reflicte a prevalencia da hepatite B crónica nunha zona determinada. Así, nas rexións de baixa prevalencia, como os Estados Unidos e Europa Occidental, onde menos do 2% da poboación está crónicamente infectada, o uso indebido de drogas por inxección e as relacións sexuais sen protección son as principais vías de transmisión, aínda que outros factores poden ser importantes. Nas zonas de prevalencia moderada, incluída Europa do Leste, Rusia e o Xapón, onde o 2 e o 7% da poboación está crónicamente infectada, a doenza é frecuente entre gran parte dos nenos. Nas zonas de alta prevalencia en rexións como a China e o sueste de Asia, a transmisión durante o parto é máis común, aínda que noutras zonas de alta endemicidade como África, a transmisión durante a infancia é un factor importante. A prevalencia da infección crónica por hepatite B nas zonas de alta endemicidade é de polo menos 8%.

Os distintos niveis de seroprevalencia do VHB explícanse polo nivel socio-económico dunha rexión e a vacinación: permite unha baixa prevalencia, por exemplo, na illa de Reunión, departamento francés no Índico, onde só o 0,7% da poboación está afectada, ou ben unha elevada prevalencia, como en África, onde a miúdo supera o 15%. Por exemplo, en Madagascar, a prevalencia é do 16%, debido ás frecuentes transmisións de nai-fillo e o escaso uso de preservativos, que promove a transmisión sexual. A hepatite B é tamén altamente endémica na China e o sueste asiático, partes de Oriente Medio, a conca do Amazonas, illas do pacífico e algunhas illas do Caribe.

Dende a ampliación da vacinación, a prevalencia da hepatite B atópase en forte descenso naqueles países cunha política de vacinación en curso.

Notas

Tags:

CirroseDoenza infecciosaFebreFígadoIctericia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Copia por contactoFerroAtlánticaO comparativo galegoAlexandre BóvedaTonhito de PoiLingua galegaGalipediaFentoLiteratura infantilMark Lewis JonesGuillermo Alonso BarciaLingua casteláBatalla das Termópilas (-480)Imperio BritánicoAciñeiraMedalla CastelaoOTANOs demostrativos galegosFalange EspañolaRede privada virtualEstadio de TammelaDodecágonoMimosaXeración dos 80Teoría de númerosAlberte PagánForcareiFrancisco PazosXosé Luís Méndez FerrínRamón Otero PedrayoAlexander VórticeXiros idiomáticos galegosPobo palestinoXoán Manuel PintosSanta CompañaOurioloBispoFrida KahloPastora Dominga González ViéitezPorno suaveO Barco de ValdeorrasTeresa González CostaBandeira de GaliciaMíster EspañaCanle (comunicación)GaliciaBerrogüettoDavid SuchetPablo MartinezVáknerRataLino LópezLingua inglesaDiego AnidoGrupo SargadelosAntiga CartagoA gaita gallega (libro)María do Socorro Ortega RomeroGalileo GalileiDonald TrumpA EstradaTaylor SwiftPrestigeMucha e NuchaDeportivo da CoruñaConvento do Carme de PadrónLisboaTorre de HérculesRéptiles2024Australia22 de xulloMiguel Ángel Zabalza Beraza🡆 More