Viroloxía Satélite

Virus satélites Ácidos nucleicos satélites

Satélite (viroloxía)
Clasificación científica
(sen clasif.): axentes subvirais
(sen clasif.): Satélite
Grupos

En viroloxía un satélite é un axente subviral infectivo composto por un ácido nucleico que depende para a súa replicación da coinfección dunha célula xunto cun virus axudante (helper virus) específico. Os dous virus deben infectar á vez para que o satélite funcione. O satélite pode ter a súa propia cápside proteica ou non ter ningunha.

Cando o satélite codifica a proteína da súa cápside recibe o nome de virus satélite, xa que ten os dous compoñentes dun virus normal (cápside e ácido nucleico). Atopouse un virus satélite do mimivirus, chamado Sputnik, que inhibe a replicación do seu mimivirus axudante, polo que a este satélite se lle chama virófago. Pero o uso do termo virófago é controvertido, porque algúns autores opinan que non hai diferenzas fundamentais entre os virófagos e os virus satélites clásicos.

Outros satélites carecen de cápside, polo que se denominan ácidos nucleicos satélites, e dentro deles hainos de ADN, ARN, monocatenarios, bicatenarios, grandes, pequenos, liñais ou circulares. Os ARN satélites monocatenarios circulares denomínanse virusoides.

As partículas virais satélites non deben confundirse co ADN satélite obtido por ultracentrifugación do ADN cromosómico.

A maioría dos satélites afectan a plantas. Hai algúns que afectan a animais, como o virus delta da hepatite (hepatite D) humano, que ten un xenoma de ARN monocatenario de sentido negativo con actividade de ribozima, e proteínas propias (antíxeno delta) asociadas ao seu ARN (o que o diferencia dos virusoides, os cales non teñen proteínas). O seu virus axudante é o virus da hepatite B co cal debe coinfectar ou sobreinfectar. O xenoma do virus delta asociado co antíxeno delta ensámblase utilizando as proteínas de envoltura do virus da hepatite B, que pasan a formar parte da súa envoltura. Este virus delta xa foi secuenciado e estudada a estrutura do seu xenoma.

Clasificación

  • Virus satélites (teñen cápside propia)
    • Virus satélites de ARN monocatenario
      • Subgrupo 1: Virus satélite asociado coa parálise crónica das abellas
        • Virus satélite da parálise das abellas crónica
      • Subgrupo 2: Virus satélite da necrose do tabaco
        • Virus satélite do mosaico de liña branca do millo
        • Virus satélite do mosaico de Panicum
        • Virus satélite do mosaico do tabaco
        • Virus satélite da necrose do tabaco
  • Ácidos nucleicos satélites (carecen de cápside)
    • ADNs satélites monocatenarios
      • Alfasatélites
        • ADN satélite do virus da folla enroscada do tomate
      • Betasatélites
    • ARNs satélites bicatenarios
      • Satélite do virus M de Saccharomyces cerevisiae
      • Satélite do virus T1 de Trichomonas vaginalis
    • ARNs satélites monocatenarios
      • Subgrupo 1: ARNs satélites grandes
        • ARN satélite grande do virus do mosaico de Arabis
        • ARN satélite do virus do mosaico do bambú
        • ARN satélite grande do virus das manchas amarelas da endivia
        • ARN satélite do virus latente das vides búlgaras
        • ARN satélite do virus das follas en abano das viñas
        • ARN satélite do virus das manchas en anel latentes de Myrobalan
        • ARN satélite do virus do anel negro do tomate
        • ARN satélite do virus das manchas en anel da remolacha
      • Subgrupo 2: ARNs satélites lineares pequenos
        • ARN satélite do virus do mosaico do cogombro
        • ARN satélite do virus das manchas en anel de Cymbidium
        • ARN satélite do virus do mosaico da excrecencia de Pisum
        • ARN satélite do virus da roseta do cacahuete
        • ARN satélite pequeno do virus do mosaico de Pisum
        • ARN satélite do virus da atrofia do cacahuete
        • ARN satélite do virus da enruga do nabo
        • ARN satélite do virus da atrofia tupida do tomate, B10
        • ARN satélite do virus da atrofia tupida do tomate, B1
      • Subgrupo 3: ARN satélites circulares ou "virusoides"
        • ARN satélite pequeno do virus do mosaico de Arabis
        • ARN satélite do virus RPV do ananismo amarelo dos cereais
        • ARN satélite do virus das manchas amarelas da endivia
        • ARN satélite do virus do veteado transitorio da alfalfa
        • ARN satélite do virus das manchas de Solanum nodiflorum
        • ARN satélite do virus das manchas do trevo subterráneo
        • ARN satélite do virus das manchas en anel do tabaco
        • ARN satélite do virus das manchas do tabaco

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Viroloxía Satélite ClasificaciónViroloxía Satélite NotasViroloxía Satélite Véxase taménViroloxía Satélite

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Deportivo da Coruña89Marzo na cultura popular galegaXosé Manuel PiñeiroLaosInstituto de Montes do PennXela AriasTaiwánLuis ZaheraJosé Antonio Rueda CrespoAlberto Núñez FeijóoÁ lus do candil1825Pepe Domingo CastañoÁcido fólicoCristina VillóProvincia de PontevedraJacobo BucetaSingular e plural en galegoReino de CastelaKLamento da FrouseiraMicciónRosario Porto OrtegaRosalía (cantante)Cantigas de Santa MaríaTokusatsuXosé MonteagudoCalendario persa97Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaLingua polacaAnagnórise (novela)Hattusilis IIránMaría MariñoFuxan os VentosEduardo Blanco AmorAvesLeonardo da VinciLinguas indoeuropeasXabier MaceirasTalía (musa)3ContactorCamilo Díaz BaliñoSantoalla do Monte, PetínParísLuz FandiñoA CoruñaAdvanced Encryption StandardMucha e NuchaPaspallásMoinanteNCarcinoma lobular in situIsraelCapital (economía)José Miñones CondeDiego Anido1978José Cornide SaavedraAmesMcDonnell Douglas DC-10SeychellesOrquídeaSapoconcho comúnAWStatsLista de voces dos animaisUnión Deportiva LanzaroteRoko (actriz)EuropaMoeda da Antiga RomaXurelo🡆 More