Gromo De Hepatite Aguda Grave En Nenos De 2022: Gromo de hepatite de causa descoñecida en nenos

O gromo de hepatite aguda grave en nenos de 2022 é un gromo de hepatite aguda grave de causa descoñecida que afecta a nenos e adolescentes.

Os primeiros casos da doenza foron descritos no Reino Unido entre abril e marzo de 2022, e o primeiro paciente reportado á Organización Mundial da Saúde foi o 5 de abril dese mesmo ano.

Gromo De Hepatite Aguda Grave En Nenos De 2022: Causas, Diagnóstico, Tratamento
Países que rexistraron ante a OMS casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida.

Causas

Non existe evidencia da causa específica da doenza, aínda que parece existir bastante consenso en que se trata dunha enfermidade vírica.

Existen diferentes hipóteses sobre a causa desta hepatite: os adenovirus, o virus SARS-CoV-2, a vacina da COVID-19 ou unha coinfección de ambos virus.

Diagnóstico

Non existe un diagnóstico de confirmación, xa que non se ten identificado ao axente causante. A Organización Panamericana da Saúde estableceu uns criterios probables para determinar o diagnóstico da hepatite aguda grave en nenos de orixe descoñecida:

  • Unha neno ou adolescente até 16 anos que presenta os síntomas e signos típicos dunha hepatite aguda na que se descartaron as hepatites virais mais habituais: A, B, C, D e E.
  • Uns valores de aspartamo transaminasa (AST) ou alanina transaminasa (ALT) superior a 500UI/l.
  • Que o diagnóstico so produce desde o 1 de outubro de 2021.
Gromo De Hepatite Aguda Grave En Nenos De 2022: Causas, Diagnóstico, Tratamento 
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Tratamento

Dado que non se coñece con exactitude a etioloxía da hepatite, non existe un tratamento específico para ela.

As medidas terapéuticas abranguen medidas de soporte e dos síntomas: tratamento da dor, da ictericia e prevención do fallo hepático e da síndrome hepatorrenal. Recoméndase dieta baixa en graxas, pois o fígado é quen metaboliza estes compoñentes. O fígado é tamén o encargado de producir diferentes substancias que interveñen na coagulación, polo que pode ser preciso tamén administrar medicamentos como a vitamina K ou o plasma fresco conxelado.

En casos graves pode ser necesario o transplante hepático.

Prognóstico

A hepatite aguda grave de orixe descoñecida en nenos é unha hepatite que pode resultar desde leve a fulminante. A mortalidade aproximada do 2%, mentres que un 5% requiriu un transplante hepático. A OMS reportou uns 1010 casos probables e 22 falecementos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Gromo De Hepatite Aguda Grave En Nenos De 2022 CausasGromo De Hepatite Aguda Grave En Nenos De 2022 DiagnósticoGromo De Hepatite Aguda Grave En Nenos De 2022 TratamentoGromo De Hepatite Aguda Grave En Nenos De 2022 PrognósticoGromo De Hepatite Aguda Grave En Nenos De 2022 NotasGromo De Hepatite Aguda Grave En Nenos De 2022 Véxase taménGromo De Hepatite Aguda Grave En Nenos De 202220225 de abrilOrganización Mundial da SaúdeReino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lagarto arnalEstoicismoRaquel AtanesMasculino e feminino en galegoCaroline WozniackiBenito VicettoFoliadaLlama M-82MadridAs Pontes de García RodríguezLingua inglesaTenda en liñaAndrés Martínez SalazarDiurno (Renfe)Jorge BermelloDodecágonoBidueiroFrancisco FumegaItxu DíazAtenasLista de episodios de O detective ConanAna BelénMiguel de CervantesJulio CambaEspañaManuel Ventura FigueroaPrimeira guerra mundialTerraTonhito de PoiMaría Antonieta de AustriaDavid BowieChantadaPortugalRío Grande de XuviaArco (arquitectura)Xogos Olímpicos de 2004Refraneiro galego sobre o mes de maioAntón Avilés de TaramancosNova narrativa galegaIker CasillasA memoria da choivaCatedral de Santiago de CompostelaMil primaveras máisBaionaGalego-portuguésAmesÁreas lingüísticas do galegoProxyJéssica BouzasZeca AfonsoGuerraBrad PittLeninismoAlalá (programa de televisión)A Muraza, Trasmonte, FriolBipartito galegoLeninAda LovelaceRonaldoPep Guardiola25 de abrilCarlos de Matos GomesGaliciaA morte na cultura popular galegaCela 211Karlos ArguiñanoMarina CastañoStreptococcusCorea do NorteBispoBernardino GrañaTelexornalAlberto Núñez FeijóoAlejandra PizarnikIgnacio Rivera QuintanaFlora invasora de Galicia🡆 More