Ictericia

A ictericia é a coloración amarelada da pel e mucosas por mor dun aumento da bilirrubina (valores normais de 0,3 a 1 mg/dl) que se acumula nos tecidos, sobre todo aqueles con maior número de fibras elásticas (padal, conxuntiva).

Ictericia
Clasificación e recursos externos
Ictericia
Coloración amarela da pel e escleras causada por hepatite A.
DiseasesDB7038
MedlinePlus003243
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Faise clinicamente evidente cando a bilirrubina é maior de 2.5 mg/dl. Este aumento pode ser a expensas da fracción non conxugada ou "indirecta" da bilirrubina (BI); esta é liposoluble e non se filtra polo ril, polo que non aparece coluria. Cando o aumento é a expensas da bilirrubina conxugada ou "directa" (BD), ó ser esta hidrosoluble, fíltrase polo ril, aparecendo coluria. Pode haber aumentos de ambas as fraccións e fálase entón de hiperbilirrubinemia mixta. A bilirrubina non conxugada é a relacionada coa ictericia prehepática e non hai coluria nin acolia, mentres que a bilirrubina conxugada está relacionada coa ictericia hepática e poshepática.

Fisioloxía

Ictericia 
Grupo hemo.
Ictericia 
Estrutura da bilirrubina.

A ictericia por si mesma non é unha doenza, senón un signo clínico externo dun proceso patolóxico subxacente que ocorre nalgún punto da vía fisiolóxica normal do metabolismo da bilirrubina, polo que para comprender como se xera a ictericia é importante coñecer o metabolismo desta substancia no organismo.

Cando os glóbulos vermellos completaron o seu ciclo vital normal (uns 120 días), ou cando están danados, as súas membranas vólvense fráxiles e creban doadamente. A medida que atravesan os órganos do sistema reticuloendotelial (os ganglios linfáticos e o bazo), os glóbulos vermellos fráxiles rompen, e o seu contido celular, incluíndo a hemoglobina (a molécula que transporta o osíxeno), libérase no sangue. Os macrófagos fagocitan a hemoglobina, degradándoa nos seus compoñentes: a globina e o grupo hemo. A globina é un fragmento proteico que se degrada en aminoácidos e non ten ningún efecto no desenvolvemento da ictericia. O grupo hemo sofre dúas reaccións:

  • primeiro unha oxidación catalizada pola encima microsomal hemo-oxigenasa, producíndose biliverdina (un pigmento de cor verde), ferro e monóxido de carbono.
  • o seguinte paso é a redución da biliverdina pola encima citosólica biliverdina reductasa nun pigmento tetrapirrólico de cor amarela, a bilirrubina. Cada día xéranse aproximadamente 4 mg por kg de bilirrubina.

A maior parte da bilirrubina provén da ruptura do grupo hemo dos glóbulos vermellos degradados como se indicou. Porén, aproximadamente o 20 % provén doutras fontes de grupos hemo, incluíndo eritropoese defectuosa e a ruptura doutras proteínas con grupos hemo, como a mioglobina do tecido muscular e os citocromos.

Notas

Tags:

AmareloBilirrubinaConxuntivaMucosaPadalPelTecido (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de castelos de PortugalAlberte PagánAbril na cultura popular galegaGabriel AlénAdriano Correia de OliveiraFingeringViacrucisWikipediaTeixugoAustraliaBob DylanAna Belén FortesDonald TrumpXXX edición dos Premios GoyaGres, Vila de CrucesWikiReal Club Celta de VigoMiguel de CervantesÑGabriel Rufián22 de xulloCarrizo (paxaro)Nacionalismo galegoFernando Salgado VarelaAmieiroUniversidade de ManchesterManuel Curros EnríquezAlexandre BóvedaA chave das nocesXosé Neira VilasPornografíaPalmaRusiaLondresCromosoma homólogoLista de filmes coas maiores recadaciónsNarónNacho VegasDodecágonoPecados capitaisO PorriñoEscudo de GaliciaLeonardo da VinciBandeira de GaliciaFlorentino López CuevillasAmy WinehouseVila de CrucesYolanda DíazBucetaMemorias dun neno labregoO GroveDavid BeckhamConvento do Carme de PadrónVox populiRafael NadalCataluñaCaraveleiraTraxe galegoHarry StylesThe HivesGolfiño comúnJéssica BouzasMáquina comecartosPovoaçãoCarlomagnoMiss Vaca (certame)Posición aconchegadaFala de EstremaduraTonhito de PoiExaculaciónMomia de ManchesterNava CastroPontella🡆 More