Febre Amarela

A febre amarela (tamén chamada a praga americana), é unha doenza viral aguda e infecciosa causada polo virus da febre amarela, que pertence á familia dos Flaviviridae, e do xénero Flavivirus amaril.

Nesas rexións é unha enfermidade endémica. Existe unha vacina efectiva pero non se coñece cura polo que cando persoas non vacinadas contráena só se lles pode proporcionar tratamento sintomático. A palabra amarelo do nome refírese ós signos de ictericia que afectan a algúns pacientes.

Febre amarela
Clasificación e recursos externos
Febre Amarela
Aedes aegypti: principal vector do virus da febre amarela.
OMIM243200
DiseasesDB14203
MedlinePlus001365
eMedicineemerg/645
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Febre amarela
Febre Amarela
Micrografía MET: múltiples virións da f. amarela (234.000x)
Clasificación científica
Grupo: IV (Virus ARN monocatenario positivo)
Familia: Flaviviridae
Xénero: 'Flavivirus'
Especie tipo
''Yellow fever virus''

Epidemioloxía

Febre Amarela 
Zona endémica de febre amarela en África, 2009.
Febre Amarela 
Zona endémica de febre amarela en Suramérica, 2009.

A febre amarela só ocorre no presente en África, Suramérica e o Caribe. A maioría dos gromos en Suramérica ocorren entre persoas que traballan nas selvas tropicais chuviosas, converténdose por iso, nesas localidades, nunha enfermidade ocupacional.

É transmitida pola picadura do mosquito Aedes aegypti e outros mosquitos dos xéneros Aedes, Haemagogus e Sabethes, que se atopan xeralmente a menos de 1.300 metros sobre o nivel do mar, pero Aedes foron achados ocasionalmente até os 2.200 msnm, nas zonas tropicais de América e África. Na febre amarela de transmisión urbana hai que lembrar que Aedes aegypti abunda en zonas húmidas ó redor da auga estancada limpa, e só pica durante o día.

A doenza pode permanecer localmente descoñecida en humanos por extensos períodos e de súpeto brotar nun modo epidémico. En Centroamérica, Venezuela e Trindade, tales epidemias debéronse á forma da enfermidade (febre amarela selvática), que permanece viva na poboación de monos ouveadores e é transmitida polo mosquito Haemagogus, o cal vive precisamente no dosel forestal das selvas chuviosas. O virus pasa ós humanos cando as selvas altas son talladas. Os obreiros forestais poden entón transmitir a enfermidade a outros, iniciando así unha epidemia.

O período de incubación sitúase entre os 3 e os 7 días. A duración da enfermidade en caso de curación é dunha a dúas semanas. Tras o período de incubación cabe distinguir dúas formas clínicas: a leve e a grave ou clásica.

Notas

Tags:

América do SurDoenzaHemorraxiaIctericiaVacinaVirusXénero (bioloxía)África

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luciano PavarottiPresidente de GabónCatedral de MilánLista das aves de GaliciaRaffaella CarràPadre CasaresAciñeiraEstadio Municipal de RiazorAgatha ChristieSri LankaThe ArtistAustriaA memoria da choivaFrancisco Fernández del RiegoCélula pancreática acinarHLA-DRPeer-to-peerSegunda guerra mundialPornografíaGame Boy LightRianxoLuis García-ReyOtelo Saraiva de CarvalhoPaulino PereiroArroazUniversidade de Santiago de CompostelaCristiano RonaldoHTMLRastroPDragon BallMaría José Gómez RodríguezXureloShōgunRío MiñoAmazonPablo PicassoRuandaP'ró que der e vierMontse DopicoBubelaVicente RiscoMediaWikiAguaneiroVichelocregoDiego Rivas GutiérrezLista de países por superficieAntón Villar PonteSoberbiaSabela (Operación Triunfo)PúrpuraAustraliaLista de voces dos animaisCatedral de Santiago de CompostelaDominic ThiemSusana FortesRelación sexual humanaAmeixa (froito)A Illa, EntrimoGarbiñe MuguruzaPontevedraÑSegunda República EspañolaManchester United Football ClubEuskal Herria BilduHaruki MurakamiMiguel DelibesAlberto AvendañoFentaniloCanle (enxeñaría)🡆 More