Game Boy Light

A Game Boy Light (en xaponés: ゲームボーイライト) é unha videoconsola portátil de Nintendo que saíu á venda unicamente no Xapón en abril de 1998.

Ao igual que a Game Boy Pocket, a consola tiña un prezo de 6.800 iens. É case do mesmo tamaño que a Pocket e ten unha luz de fondo parcialmente azulada para condicións de pouca luz. Utiliza dúas pilas AA, que lle dan aproximadamente 20 horas de autonomía coa luz apagada e 10 cando está acesa.

Game Boy Light
Logotipo da Game Boy Light.
Game Boy Light
Game Boy Light Gold.

A Game Boy Light é a máis rara da saga Game Boy, podéndose comprar case unicamente por importación dende o Xapón durante 1998. Foi a única consola de Nintendo producida con pantalla alumada ata a saída da Game Boy Advance SP en 2003.

Especificacións técnicas

Tamaño Aproximadamente 80 mm x 135 mm x 27 mm (An x Al x Pr)
Peso Aproximadamente 138 g
Pantalla Pantalla reflectante supertrenzada nemática (STN) de cristal líquido (LCD)
Tamaño de pantalla 50 mm por 45 mm
Fotogramas por segundo 59.727500569606 Hz
Enerxía 6 V, 0.7 W (2× pilas AA)
Duración das pilas Aproximadamente 10 horas de xogo (coa luz acesa)
Aproximadamente 20 horas de xogo (coa luz apagada)
CPU Zilogic Z80 a 4.194304 MHz
Memoria 64 KB espazo de direccións incluíndo:
  • 8 KB de RAM de traballo integrada
  • Ata 16 páxinas de 8 KB de RAM de traballo intercambiábel (no cartucho de xogo) para un máximo de 128 KB de RAM externa (que pode ser alimentada por batería para gardar partidas).
  • 8 KB de memoria RAM para a pantalla LCD.
  • 32 KB de Game Pak externa ROM, dos cales 16 KB son intercambiábeis

ROM de arrinque de 256 bytes no chip; cartuchos de 32 KB, 64 KB, 128 KB, 256 KB, 512 KB, 1 MB, 2 MB, 4 MB e 8 MB.

Resolución de pantalla 160 (ancho) × 144 (alto) píxeles (10:9 relación de aspecto)
Soporte de cor 2 bits (catro tons de "cinsentos": claro a moi escuro)
  • Referencia:
  •  0x0  0x1  0x2  0x3 
Son Procesador PSG de Estéreo FM de 4 canles
Entrada
  • Cruceta de oito direccións
  • Catro botóns de acción (A, B, Start, Select)
  • Potenciómetro de volume
  • Potenciómetro de contraste
  • Interruptor de acender
  • I/O en serie ("Cable link"): 512 kbit/s con até 4 conexións en serie
  • Cartucho I/O

Edicións especiais

Os primeiros dous modelos que saíron á venda foron as versións dourada e prateada. Un pouco máis tarde saíron seis edicións especiais e limitadas, que son:

  • Game Boy Light Clear Red: Tezuka Osamu World Shop.
  • Game Boy Light Astro Boy: Tezuka Osamu World Shop.
  • Game Boy Light Pikachu Yellow: Pokémon Center Tokio. Como o seu propio nome indica, esta versión vendeuse só na única tenda Pokémon Center que había por aquel entón, en Tokio.
  • Game Boy Light Clear Yellow: Toy's 'R' Us.
  • Game Boy Light Famitsu Skeleton. Existen dúas versións, aínda que a consola é exactamente a mesma nas dúas. Por unha banda está a edición de encarga e por outra a edición de evento. A primeira conseguíase comprándoa por correo e a segunda nun evento especial realizado no barrio xaponés de Akihabara.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Game Boy Light Especificacións técnicasGame Boy Light Edicións especiaisGame Boy Light NotasGame Boy Light Véxase taménGame Boy Light1998Game Boy PocketIenLingua xaponesaNintendoXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Coordenadas xeográficasNacho VegasEva CárdenasScarlett JohanssonLucie IdloutGame Boy Advance SPCouselo (planta)Irene Junquera1928XestaHelsingin JalkapalloklubiGrupo SargadelosBaby ReindeerMamen MendizábalGran Guerra IrmandiñaXogo da chaveBritney SpearsOurenseAC-211BispoVilalba, Vilalba, VilalbaCastro de Punta do BicoO GroveArxentinaEsencia de trementinaFrancisco PazosReal Academia GalegaJorge PeteiroIgantziPedro SánchezEduardo MendozaDodecágonoPovoaçãoVoleibolMarcelo Rebelo de SousaSénecaHarry StylesDelfínIrmandiñosXosé Neira VilasAmérica LatinaO divino saineteRede privada virtualCanle (enxeñaría)RéptilesPoesíaEva MejutoAeroporto de VigoLingua casteláBenito KamelasBélxicaAndoriñaHeraldo de ViveroXeración dos 80Lista das aves de GaliciaMoción de confianzaMariano RajoyVladimir PutinMéxicoSri LankaÁngeles VázquezÁlvaro Porto DapenaSéculos EscurosMario CaneiroImmanuel KantNoelia ReyLista de ósos do esqueleto humanoPaspallásPalauRaposo comúnConvento do Carme de PadrónNacionalismo galegoAna RomaníLista de episodios de DoraemonReino Unido🡆 More