Helianthus Tuberosus: Especie de planta

Tubérculos da planta

Helianthus tuberosus
Helianthus Tuberosus: Descrición, Uso na alimentación, Historia
Talo con flores

Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Tribo: Heliantheae
Xénero: Helianthus
Especie: H. tuberosus
Nome binomial
Helianthus tuberosus
L.
Sinonimia
  • Helianthus esculentus Warsz.
  • Helianthus serotinus Tausch
  • Helianthus tomentosus Michx.
  • Helianthus tuberosus var. subcanescens A.Gray

Helianthus tuberosus é unha especie de planta asterácea do mesmo xénero que o xirasol, nativa do leste de Norteamérica, que se encontra no leste do Canadá e Maine e cara ao oeste chega ata Dacota do Norte e cara ao sur ao norte de Florida e Texas. Cultívase moito na zona temperada, xa que o seu tubérculo é comestible.

Helianthus Tuberosus: Descrición, Uso na alimentación, Historia
Aspecto xeral da planta.

Descrición

Helianthus tuberosus é unha planta perenne herbácea que crece ata os 1,5-3m de alto con follas opostas na parte superior do talo pero alternadas na parte inferior. As follas teñen unha textura pelosa e áspera. As follas máis longas da parte inferior do talo son ovoides agudas e anchas e poden chegar aos 30 cm de longo. As follas da parte alta da planta son menores e máis estreitas.

As flores son amarelas e agrupadas en inflorescencias en capítulo de 5 a 10 cm de diámetro, con de 10 a 20 flores liguladas e 60 ou máis pequenos flósculos.

Os tubérculos son alongados e irregulares, normalmente de 7,5 a 10 cm de longo e de 3 a 5 cm de grosor, e o seu aspecto lembra vagamente o dunha raíz de xenxibre, cunha textura crocante cando está crúa. Varían en cor de marrón claro a branco, vermello ou púrpura.

Uso na alimentación

Antes da chegada dos europeos a América, os nativos americanos cultivaban Helianthus tuberosus como recurso alimenticio. Os tubérculos consérvanse durante anos despois de ser plantados, polo que a especie espallou a súa área de distribución desde o centro de Norteamérica ás rexións do leste e oeste. Os primeiros colonizadores europeos comprenderon isto e enviaron tubérculos a Europa, onde se converteu nunha colleita popular e naturalizouse alí. Despois caeu pouco a pouco en desuso en Norteamérica, pero fixéronse intentos de comercializala con certo éxito a finais do século XX e inicio do XXI.

O tubérculo contén un 2% de proteína, non ten aceites, e unha ten sorprendente ausencia de amidón. É rico noutros carbohidratos como a inulina (76%), que é un polímero do monosacárido frutosa. Os tubérculos que levan almacenados certo tempo converten a súa inulina en frutosa. Teñen un sabor doce pola frutosa, que é unha vez e media máis doce que a sacarosa.

O consumo destes tubérculos tamén foi promocionado como unha alternativa saudable na alimentación dos diabéticos de tipo 2, porque a frutosa que conteñen é doadamente tolerada por esas persoas. As variacións de temperatura afectan á cantidade de inulina que produce a planta. Cando non crece en rexións tropicais fabrica menos inulina que cando está nunha rexión máis cálida.

Helianthus Tuberosus: Descrición, Uso na alimentación, Historia 
Flores de H. tuberosus

Historia

A planta cultivárona primeiro os indíxenas americanos moito antes da chegada dos europeos; este amplo cultivo dificulta saber cal era o rango nativo exacto da especie. O explorador francés Samuel de Champlain descubriu que os pobos nativos de Nauset Harbor en Massachusetts cultivaban tubérculos que sabían a alcachofa. Ao ano seguinte, Champlain volveu á mesma área para encontrar esas raíces que tiñan un aroma parecido ás acelgas. Entón trouxo a planta a Francia. Posteriormente, Petrus Hondius, un botánico holandés plantou un tubérculo reseco desta planta no seu xardín de Terneuzen e a planta conseguiu crecer. Aparentemente, a planta era axeitada para os solos e climas europeos, xa que se multiplicou rapidamente. A mediados do xéculo XVII, a planta convertérase nunha planta de horta moi común para o consumo humano en Europa e as Américas e usábse tamén para alimentar o gando en Europa e a América colonial. Os franceses eran especialmente afeccionados a este vexetal, que chegou á súa máxima popularidade a finais do século XIX. A planta foi denominada 'o mellor vexetal de sopa' no Festival de Niza de 2002 do patrimonio da cociña francesa.

O explorador francés e primeiro explorador de Acadia, Marc Lescarbot, describe a planta como “tan grande coma un nabo ou trufa”, adecuada para comer e que “[sabe] como as acelgas, pero máis agradable”. O herborista e botánico inglés, John Parkinson, en 1629 dixo que a planta era moi común e barata en Londres ata o punto que “incluso o máis vulgar empezou a desprezala”. Ao contrario, cando a planta aparecera por primeira vez en Inglaterra era unha exquisitez para a raíña.

Tamén se lle ten chamado "trufa do Canadá". En Francia quedou asociada, xunto co colinabo, coas privacións dos anos da ocupación nazi durante a Segunda guerra mundial, onde o racionamento e a escaseza dos alimentos tradicionais fixeron dela unha parte habitual da dieta francesa ata que o final da guerra volveu ao seu papel acostumado de comida para os animais.

Cultivo e uso

Helianthus Tuberosus: Descrición, Uso na alimentación, Historia 
Plantas novas de H. tuberosus nun xardín.
Helianthus Tuberosus: Descrición, Uso na alimentación, Historia 
Tubérculos.

A diferenza da maioría dos tubérculos, pero igual que a maioría das asteráceas (incluíndo a alcachofa), os tubérculos almacenan os carbohidratos en forma de inulina en vez de como amidón. Por esta razón, os seus tubérculos son unha importante fonte de inulina utilizada como fibra alimentaria na fabricación de alimentos.

O rendemento das colleitas é alto, normalmente de 16 a 20 toneladas/ha de tubérculos, e de 18 a 28 toneladas/ha de peso de follaxe. A planta ten tamén un potencial para a produción de etanol como combustible, usando cepas de lévedos adaptadas á inulina para a fermentación.

É unha planta doada de cultivar, que practicamente se pode deixar soa para que creza. Porén, a calidade dos tubérculos comestibles degrádase, a non ser que as plantas sexan desenterradas e replantadas en solo fértil. Como incluso unha pequena parte dun tubérculo pode crecer se se planta, a especie pode arruinar xardíns ao asfixiar ou quitarlle a luz ás plantas próximas e pode estenderse por grandes áreas. Os granxeiros que as plantan e rotan as colleitas poden ter que tratar o campo cun herbicida (como o glifosato) para deter o seu espallamento. Cada raíz pode formar de 75 a 200 tubérculos ao ano.

Os tubérculos son ás veces usados como un substituto das patacas: Teñen unha consistencia similar e na súa forma crúa teñen unha textura similar, pero máis doces, con olor máis a noz; crúas e cortadas finas, son axeitadas para ensaladas. A súa inulina fai que os tubérculos teñan tendencia a poñerse brandos ao cocelos, pero manteñen mellor a súa textura cando se fan ao vapor. A inulina non pode ser degradada polo sistema dixestivo humano pero é metabolizado polas bacterias do colon. Isto pode causar flatulencia e, nalgúns casos, dor gástrica.

A planta contén 650 mg de potasio por cada 150 g. Tamén contén moito ferro e fibra alimentaria, así como niacina, tiamina, fósforo e cobre (ver táboa).

Pode utilizarse como alimento animal, pero debe lavarse antes para alimentación da maioría dos animais. Porén, os porcos poden comela con seguridade directamente do chan. Os talos e follas poden colleitarse e usarse como forraxe, aínda que cortar moito a parte aérea da planta reduce moito a colleita de tubérculos.

Composición nutricional do
tubérculo de H. tuberosuss (100 g)
Compoñente Contido
kJ 304 (73 kcal)
proteína 2 g
graxas 0,01 g
carbohidratos 17,44 g
fibra 1,6 g
azucres 9,6 g
ferro 3,4 mg
calcio 14 mg
magnesio 17 mg
fóforo 78 mg
potasio 429 mg
vitamina C 4 mg
tiamina 0,2 mg
riboflavina 0,06 mg
niacina 1,3 mg
ácido pantoténico 0,397 mg
vitamina B6 0,077 mg
folato 13 μg
nota=Base de datos USDA Arquivado 14 de abril de 2017 en Wayback Machine.

Produtos fermentados

En Baden-Württemberg, Alemaña, un 90% da colleita desta planta utilízase para producir un licor chamado "Topinambur" (un dos nomes que se lle dá a planta en varios idiomas) ou tamén "Topi" ou "Rossler". A finais do xéculo XIX, esta planta xe se usaba en Baden para facer un brandy ou licor con diversos nomes.

Este brandy ten un cheiro afrutado e un lixeiro aroma a noz doce. Caracterízase por unha nota térrea pracenteira e intensa. Os tubérculos son primeiro lavados e secados nun forno antes de seren fermentados e destilados. Poden despois refinarse máis para facer o "Rossler Vermello" engadíndolle a planta Potentilla erecta e outros ingredientes como certas bagas, para producir unha decocción adstrinxente e algo amarga. Utilízase como dixestivo e como remedio para a diarrea ou dor abdominal.

Esquema piramidal agrícola

Na década de 1980 esta planta tivo certa notoriedade cando os granxeiros do mediooeste norteamenricano plantaron as súas sementes no que despois se viu que era un esquema económico piramidal, que resultou ser unha estafa. Había pouco mercado para este tubérculo nos Estados Unidos daquela, pero aos granxeiros aseguráronlles que axiña aparecería no mercado de bens de consumo. Os únicos que lle tiraron proveito foron os distribuidores iniciais e algúns dos primeiros niveis de agricultores (que venderon as súas sementes aos seguintes niveis de agricultores deste esquema piramidal, os cales perderon cartos). Como resultado moitas granxas que plantaron grandes cantidades deste cultivo arruináronse.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Helianthus Tuberosus DescriciónHelianthus Tuberosus Uso na alimentaciónHelianthus Tuberosus HistoriaHelianthus Tuberosus Cultivo e usoHelianthus Tuberosus Esquema piramidal agrícolaHelianthus Tuberosus NotasHelianthus Tuberosus Véxase taménHelianthus Tuberosus

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Francisco AsoreyEditorial GalaxiaMarçal MolinéVerbos galegos ser, estar e irEl Correo GallegoNational Portrait GalleryParafusoMedalla CastelaoFranciaIbn al-AbbarAs dúas MaríasMoinanteConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesShinovaAs Pontes de García Rodríguez2024Hans ZimmerXinzo de LimiaPanteón de Galegos IlustresAParroquias de GaliciaDaniel BasteiroAlexander VórticeFerrer BassaOs demostrativos galegosPere Pau Ripollès AlegrePaís VascoFiúnchoTeoría de númerosValentín García GómezVilagarcía de ArousaEcce HomoO porco de péLabor Gallega (A Habana)Carles PuigdemontMario CaneiroTelexornalCarrasco (planta)Curuxa comúnEmilio González AfonsoFala de EstremaduraJéssica BouzasJennifer LopezClara CampoamorLista de deuses celtasDorothé SchubarthPontevedraTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaSalgueiro MaiaOs pronomes persoais galegosSupermanQueiroaRede privada virtualGuillermo Alonso BarciaLisboaMeigaIgantziJuana AcostaCristina MaróAliança CatalanaVertoO PorriñoSanguePaparazziJohn Forbes NashNordés (vento)Salvador DalíAlfabeto galegoLucie Idlout🡆 More