Frutosa: Composto químico

A frutosa, tamén chamada comercialmente levulosa, debido ao sentido de rotación da luz polarizada, é unha forma de azucre encontrada nas froitas e no mel.

É un monosacárido coa mesma fórmula empírica que a glicosa pero con diferente estrutura. É unha hexosa (6 átomos de carbono). O seu poder enerxético é de 4 quilocalorías por cada gramo.

D-Frutosa
Frutosa: Efectos sobre a saúde, Galería, Notas Frutosa: Efectos sobre a saúde, Galería, Notas
Frutosa: Efectos sobre a saúde, Galería, Notas
Identificadores
Número CAS 57-48-7
PubChem 11769129
ChemSpider 388775
UNII 6YSS42VSEV
Número CE 200-333-3
KEGG C02336
ChEBI CHEBI:28645
ChEMBL CHEMBL604608
Código ATC V06DC02
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C6H12O6
Masa molar 180,16 g mol−1
Densidade 1,694 g/cm3
Punto de fusión 103 °C

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Todas as froitas naturais teñen certa cantidade de frutosa (a miúdo xunto con glicosa), que poden ser extraídas e concentradas para facer un azucre alternativo.

Efectos sobre a saúde

Frutosa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía368 kcal (1 540 kJ)
100 g
0 g
0 g
MineraisCantidade
%DV
Calcio
0%
0 mg
Ferro
1%
0.1 mg
Fósforo
0%
0 mg
Potasio
0%
0 mg
Sodio
1%
12 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Utilizase como edulcorante para os diabéticos xa que tomado en doses moderadas non precisa insulina para ser metabolizado. A diferenza do azucre refinado que se absorbe instantaneamente producindo unha subida e unha baixada rápida de enerxía, a frutosa, é metabolizada e gardada, en parte, polo fígado en forma de glicóxeno como reserva para cando necesitemos facer un esforzo.

A frutosa produce escasos efectos no nivel de glicosa no sangue e non estimula a secreción de insulina.

A frutosa ten o mesmo valor calórico que a glicosa, 400 Kcal por 100 g, pero como adoza máis que a glicosa, precísase en menor cantidade e, consecuentemente, consómense menos calorías.

Moitas persoas, sen sabelo, son máis ou menos intolerantes á frutosa e non poden asimilar ben alimentos cun alto contido deste azucre. Díse que sofren intolerancia á frutosa. Neste caso a frutosa depende da glicosa para que sexa absorbida nos intestinos e finalmente pase ao torrente sanguíneo. Os transportadores de membrana GLUT-5 e GLUT-2 son os encargados destes fenómenos de transporte. A absorción de frutosa en ausencia de glicosa é moi baixa, acumulándose no intestino groso onde serve de alimento á flora que nel reside producindo gases. A inxesta dun exceso de frutosa tamén favorece a retención de auga. Estes efectos dan lugar á expansión do abdome, flatulencia, excrementos non compactos e mesmo diarrea, dependendo das cantidades inxeridas doutros factores.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Frutosa Efectos sobre a saúdeFrutosa GaleríaFrutosa NotasFrutosa Véxase taménFrutosaAzucreCarbonoFroitaGlicosaGramoHexosaMelMonosacárido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

María Antonieta de AustriaLeonardo da VinciFillas de CassandraMarta Fernández-TapiasXabier DeiveBilbaoIgnacio Rivera QuintanaFerrer BassaMecanismo de AnticiteraPablo EscobarDavid BeckhamContactorDonald TrumpJesús Hidalgo BermejoDiego Rivas RegoMOTANAC-101MerloLeopoldo RubidoCaso Asunta BasterraXoán Manuel PintosPosición do misioneiro invertidaCoordenadas xeográficasParroquias de GaliciaDiáspora galegaOs adverbios galegosCeleste CaeiroXeración do 36María Jesús MonteroPadrónLugoISBNItxu DíazCabo Norte, NoruegaCarlos NegroAntónio de Oliveira SalazarCamilo Díaz BaliñoPablo PicassoAs Pontes de García RodríguezBolboretaO Pedrouzo, Arca, O PinoGonzalo LouzaoRicardo BeirasLista de paísesAs dúas MaríasEstanislao FiguerasNormativa oficial do galegoÁngeles VázquezSonsoles EspinosaAeroporto de VigoMarmelo (doce)Provincias de EspañaBrasiliaCarbohidratoJava (linguaxe de programación)As leis de CelavellaXosé Ramón GayosoFesta dos maiosComarcas de GaliciaBispoCarrasco (planta)The HivesEscáncerIrene FerrerasGalaicosCarlomagnoCouselo (planta)Asalto do bou EvaManuel Curros EnríquezJackson PollockCaraveleiraCuarzoDiego AnidoPello OtxandianoDía das Letras Galegas🡆 More