Civilización Do Val Do Indo

A civilización do val do Indo foi unha civilización da Idade de Bronce orixinaria da rexión noroesee do subcontinente indio, que durou dende o 3300 até o 1300 a.C., sendo a súa fase de maior madureza entre 2600 e 1900 a.C.

Xunto co Antigo Exipto e Mesopotamia, foi unha das tres civilizacións máis antigas, e das tres, foi a que alcanzou unha maior área de influencia, dende o nordeste de Afganistán, a través de gran parte de Paquistán até o oeste e noroeste da India. Floreceu na conca do río Indo, que flúe ó longo de Paquistán, e ó longo dun sistema de ríos perennes, na súa maioría alimentados por monzóns, que outrora discorrían preto do estacional río Ghaggar-Hakra, no noroeste da India e leste de Paquistán.

Civilización Do Val Do Indo
Extensión da civilización do val do Indo entre os anos 2900 e 1900 a.C..
Civilización Do Val Do Indo
Ruínas escavadas de Mohenjo-daro, na provincia de Sindh, en Paquistán, cos grandes baños ó fondo. Mohenjo-daro, na beira dereita do río Indo, é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, sendo o primeiro sitio do sur de Asia en ser declarado.

As cidades desta civilización caracterizábanse pola súa planificación urbana, casas de ladrillo cocido, complexos sistemas de drenaxe, sistemas de subministración de auga, grupos de grandes edificios non residenciais, e novas técnicas de artesanía (produtos de cornalina) e metalurxia (cobre, bronce, chumbo e estaño). As grandes cidades de Mohenjo-daro e Harappa chegaron a ter entre 30 000 e 60 000 habitantes, e a propia civilización durante o seu momento de máximo apoxeo puido ter entre un e cinco millóns de habitantes. O gradual secado do terreo durante o terceiro milenio a.C. foi o estímulo inicial para a urbanización asociada a esta civilización, mais eventualmente tamén reduciu a subministración de auga, causando a desaparición da civilización, e a dispersión da poboación cara ó leste.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

-1300AfganistánAntigo ExiptoCivilizaciónIdade de BronceIndiaMesopotamiaPaquistánRío IndoSubcontinente indio

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xinzo de LimiaEduardo Blanco AmorPeer-to-peerCarlomagnoAmazonIgantziCubaMauro ScaloniLesakaGonzalo Pérez JácomeEstadio de TammelaHAC-211PoesíaNarónMucha e NuchaHarry StylesEduardo PondalMondoñedoHolocaustoLingua galegaParlamento de GaliciaIsabel Díaz AyusoEva MejutoPili PampínEmilio Aragón BermúdezAntón LamazaresMario CaneiroLista de voces dos animaisUnión AfricanaMoscovaLista de emperadores romanosDos arquivos do trasnoLino LópezMedalla CastelaoSalgueiro MaiaÁreas lingüísticas do galegoJesús Hidalgo BermejoLareiraConcellos de GaliciaEstados Unidos de AméricaIKEANoelia ReyA chave das nocespdwqjLista de xentilicios de concellos galegosVigoJordi PujolSanta CompañaTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaFrancisco Porto MellaBeraRebel MoonAdrenalinaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoVietnamRataNacho Castaño2015Alfonso Basterra CamporroPosicións sexuaisPosición do misioneiro invertidaEmilio Pérez TouriñoÁlvaro MorataPobo palestinoLingua inglesaEscudo de GaliciaFernando Salgado VarelaCorzoPrestigeXosé Manuel BeirasRibeiraÁngel CarracedoRevolución galega de 1846Porno suave🡆 More