Hardware: Partes físicas que conforman un ordenador e os periféricos

O hardware, o equipo ou soporte físico, é o conxunto de partes físicas que conforman un ordenador (pantalla, teclado, monitor, rato etc) e os periféricos asociados (impresora etc).

Está formado polos elementos de entrada, de control e de saída.

Hardware: Etimoloxía, Tipos de hardware, Historia
Compoñentes dun ordenador.
Hardware: Etimoloxía, Tipos de hardware, Historia
CPU

A partir desta palabra criouse a antónima: software.

Etimoloxía

A palabra inglesa harware provén das palabras "hard+ware" = "mercancía+dura", do inglés medio hard (duro) e do alto alemán ware (cousa, mercancía) e significa literalmente a ferralla.

Tipos de hardware

O hardware pode clasificarse en varias categorías, segundo a súa función dentro dun sistema informático:

  1. Hardware de entrada: Este tipo de hardware permite ao usuario introducir datos no sistema informático. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o teclado, o rato e o escáner.
  2. Hardware de saída: Este tipo de hardware permite ao sistema informático mostrar información ao usuario. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o monitor, a impresora e os altofalantes.
  3. Hardware de almacenamento: Este tipo de hardware é utilizado para almacenar datos de forma permanente ou temporal. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o disco duro, a memoria RAM e as unidades de estado sólido (SSD).
  4. Hardware de procesamento: Este tipo de hardware é o que realiza os cálculos e procesamentos necesarios para que o sistema informático funcione. O exemplo máis común deste tipo de hardware é o procesador.
  5. Hardware de rede: Este tipo de hardware permite a comunicación entre dous ou máis sistemas informáticos. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o router, o módem e a tarxeta de rede.

Historia

A evolución do Hardware, pasou por cinco xeracións, que son:

  • Primeira xeración (anos 50-55): Os ordenadores estaban compostos por válvulas de baleiro, e o seu uso era estritamente militar e científico. Comezaba o uso do linguaxe máquina e das cintas, e tarxetas perforadas.
  • Segunda xeración (anos 55-60): Chega o transistor (máis barato, pequeno, fiable, con menos consumo...). Tamén comezan a impoñerse os primeiros linguaxes de programación, como o Fortran, Cobol, Algol e de máis. Os ordenadores xa contan coas primeiras memorias (serán de ferrita e magnéticas).
  • Terceira xeración (anos 60-70): O chip deixa desfasados a todos os dispositivos anteriores. Comeza a comercialización en masa de ordenadores, debido á enorme redución de tamaño e cartos. Invéntanse os primeiros Sistemas Operativos, que permitiran a multiprogramación, modo interactivo etc.
  • Cuarta xeración (anos 70-actual): Coa chegada do microprocesador a potencia dos computadores medra enormemente. Tamén axuda a aparición dos Sistemas Operativos de tempo compartido, que permitirán o uso do ordenador por parte de varios usuarios. As redes de comunicación e transmisión de datos implántanse tamén.
  • Quinta xeración (comezando): Co paso do tempo, a informática busca sistemas expertos, onde a súa entrada de datos deixe de ser mera información estruturada, para converterse en coñecemento. Utilizaranse de forma masiva a linguaxe humana e a intelixencia artificial. O hardware deixa de evolucionar tanto, porque tanta evolución deixa o software obsoleto, incapaz de explotar toda a potencia que as novas máquinas ofrecen.

Notas

Véxase tamén


Hardware: Etimoloxía, Tipos de hardware, Historia 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Hardware EtimoloxíaHardware Tipos de hardwareHardware HistoriaHardware NotasHardware Véxase taménHardware

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Perífrases verbais galegasCAPTCHAFernando Álvarez LamelasMártires de CarralInfluenzaAnne HathawayLuís Pérez BarralLibroAndorraMoucho comúnTrofeo Teresa HerreraJosé Manuel López VarelaTomiñoO Caimán do río TeaHenri MasperoDeclaración dos Dereitos do NenoLista de países por superficiePablo VioqueCristiano RonaldoVagalume (revista)Vox populiEleccións ao Parlamento de Galicia de 2016BateaGuerra da Independencia españolaUniversidade de Santiago de CompostelaJennifer AnistonViana do BoloNoelia ReyJorge LorenzoXabier DeiveFollaXornalistaConxugaciónSonsoles EspinosaAliança CatalanaAC-524Manuel MaríaEleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017Xoán Manuel PintosBerta DávilaMelideCorrelinguaAnnapolis, MarylandEstados Unidos de AméricaUn millón de vacasDe NinghuresNacionalismo galegoFrancisco Porto MellaImmanuel KantAyrton SennaFauna de GaliciaOs EoasArteixoCoristancoBaby ReindeerMariola (xogo)FranciaEstadio Ramón Sánchez PizjuánSiri HustvedtFlorentino López CuevillasGaliñaGalipediaOliver ReedMichelangeloLois XV de FranciaGonzalo López AbenteRamón PiñeiroMartín SarmientoAbeleiraProvincias de EspañaBandeAC-840Cristina Losada🡆 More