Informática Rato: Dispositivo usado para mover o cursor na pantalla dun ordenador

Un rato é un dispositivo periférico que se conecta a un ordenador e permite o desprazamento pola pantalla segundo os movementos que o usuario fai sobre unha superficie, facilitando así o manexo do ordenador.

Aínda que foi inventado por Douglas Engelbart en 1963 non se fixo popular ata a década dos 80. Hoxe en día a práctica totalidade dos ordenadores de escritorio dispoñen del.

Informática Rato: Dispositivo usado para mover o cursor na pantalla dun ordenador
Un rato mecánico típico, con dous botóns e unha roda. Ao premer na roda, esta actúa como botón central.

Os ratos detectan o movemento que con eles realiza o usuario mediante un sistema mecánico consistente nunha bóla que xira libremente e move dous eixos perpendiculares, mediante unha combinación dun díodo emisor cun fotodíodo (no caso dos ópticos), ou mediante un láser. A transmisión da información ata o ordenador pode ser a través de cable; este conéctase co ordenador a través dun porto específico, o PS/2 (habitualmente de cor verde), aínda que cada vez máis a través de portos USB). A conexión tamén pode ser sen fíos, ben por infravermellos ou ben por radiofrecuencia. É frecuente que os ratos teñan unha rodiña que tamén permite desprazarse pola pantalla.

O movemento do rato en dúas dimensións sobre unha superficie plana transmítese como modificación de coordenadas na pantalla e a súa representación visual recibe o nome de "punteiro". Os ratos deseñados para os sistemas MAC adoitan ter un botón, os de Windows dous e os de Linux/Unix dous ou tres. Ao botón da esquerda chámaselle tamén "primario" e ao da dereita "secundario", se ben isto pódese alterar para comodidade das persoas zurdas.

A premer o botón primario chámaselle "facer clic" ou "clicar". Se se fai dúas veces moi rápido dise "facer dobre clic".

Galería de imaxes

Tags:

1963Anos 1980Douglas EngelbartOrdenadorPeriférico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Raposo comúnMáquina comecartosDomingoO PorriñoChorimaSubgrupoBárbara ReyCatedral de Santiago de CompostelaEsther EstévezPanxermanismoBella ciaoPili PampínAliança CatalanaSerés, Serés, CastroverdeCamilo Nogueira RománpdwqjJesús Hidalgo BermejoFoca monxeSonia MéndezRevolución dos CaraveisDavid SuchetArantzaMichael JacksonGalego-portuguésFlorentino López CuevillasAs aves na cultura popular galegaAlberto FortesMilánWikipediaLandraLuísa VillaltaPontevedraOTANVangardasBortziriakThibaut CourtoisSalvador IllaArceMarta Fernández-TapiasReal Club Celta de VigoFerroAtlánticaLavandaBipartito galegoÁnxel CasalFrida KahloJulio Iglesias RedondoImmanuel KantLino LópezDepartamento de ApurímacPablo MartinezLucie IdloutLalínPaís VascoMaría a BalteiraMecanismo de AnticiteraRaquel Castro MartínezCouselo (planta)NoiaAC-101Eva CárdenasRaffaella CarràEcce HomoXabier DeiveBritney SpearsOman AirRoberto Vidal BolañoSanta CompañaLingua inglesaTelexornalEstadio de TammelaEstado Novo🡆 More