Prometeo: Figura mitolóxica

Na mitoloxía grega, Prometeo (en grego antigo Προμηθεύς, ‘previsión’, ‘prospeción’) é o Titán amigo dos mortais, honrado por roubar o lume dos deuses e dárllelo ós homes.

Posteriormente foi castigado por Zeus por mor disto.

Prometeo: Mitos, Véxase tamén
Prometeo nunha escultura de Nicolas-Sébastien Adam, 1762 (Louvre)

Mitos

Prometeo era fillo de Xapeto e a oceánide Asia, ou da tamén oceánide Clímene. Era irmán de Atlas, Epimeteo e Menecio, ós que superaba en astucia e enganos. Non tiña medo ós deuses, e ridiculizou a Zeus por ser pouco espelido. Porén, Esquilo afirmaba no seu Prometeo encadeado que era fillo de Xea ou Temis. Segundo unha versión minoritaria, o xigante Eurimedonte violou a Hera cando aínda era unha nena e enxendrou a Prometeo, o que causou a furia de Zeus.

Prometeo: Mitos, Véxase tamén 
Óleo de Heinrich Friedrich Füger: Prometeo leva o lume á humanidade (Prometheus bringt der Menschheit das Feuer, ca. 1817).

Prometeo foi un gran benefeitor da humanidade. Urdiu un primeiro engano contra Zeus ó facer o sacrificio dun gran boi que dividiu a continuación en dúas partes: nunha delas puxo a pel, a carne e as vísceras, que agochou no bandullo do boi, e na outra puxo os ósos cubertos de gorentosa graxa. Deixou entón elixir a Zeus a parte que comerían os deuses. Zeus elixiu a capa de graxa e encheu de rabia cando viu que en realidade escollera os ósos. Dende aquela, os homes queiman nos sacrificios os ósos para llos ofrecer ós deuses, mais comen a carne.

Anoxado por este engano, Zeus privou ós homes do lume. Prometeo decidiu roubarllo, así que subiu ó monte Olimpo e colleuno do carro de Helios ou da forxa de Hefesto, e conseguiu devolverllo ós homes nun facho. Para vingarse por esta segunda ofensa, Zeus ordenou a Hefesto que fixese unha muller de arxila chamada Pandora. Zeus infundiulle vida e enviouna por medio de Hermes ó irmán de Prometeo, Epimeteo, en cuxa casa se atopaba a caixa de Pandora que contiña tódalas desgrazas (pragas, dor, pobreza, crime etcétera) coas que Zeus quería castigar á humanidade. Epimeteo casou con ela para acougar a ira de Zeus malia tela rexeitado unha primeira vez por mor das advertencias do seu irmán. Pandora acabaría abrindo a caixa, tal e como Zeus previra.

Tras vingarse así da humanidade, Zeus fíxoo tamén con Prometeo, a quen mandou levar ó Cáucaso para ser encadeado. Zeus envioulle unha aguia para que comese o fígado de Prometeo. Sendo el inmortal, o seu fígado volvíalle medrar cada noite, e a aguia volvía a comerllo cada día. Este castigo tiña que durar para sempre, mais Heracles pasou preto do lugar de camiño ó xardín das Hespérides e ceibouno disparando unha frecha á aguia. Desta volta, non lle importou a Zeus que Prometeo evitase o seu castigo, xa que a súa liberación proporcionoulle máis gloria a Heracles, quen era fillo de Zeus.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Prometeo MitosPrometeo Véxase taménPrometeoLingua grega antigaMitoloxía gregaTitán (mitoloxía)Zeus

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A fiestra valdeiraBragaSalvador IllaLeninO divino saineteHindemburg Melão Jr.Eladio SantosItä-Helsingin KiekkoPulga de areaAbril na cultura popular galegaDistritos de PortugalMaría Teresa PérezPonteareasGonzalo LouzaoAlberto PomboRelación sexual humanaColocación do pronome átono en galegoHentai633Premios Follas Novas do Libro GalegoPresidente de GabónUbaldo RuedaDiada de Sant JordiPink FloydPremio Miguel de CervantesLuís Pérez BarralXosé Neira VilasPornografíaXosé Luís Mosquera CambaMercedes Peón25 de abrilCSSAndrés Mellado FernándezJosé Luis GilDavid PerdomoTereixa NavazaCangasProxyLucía VeigaLucas Vázquez23 de abrilHistoria de CroaciaLuísa VillaltaMiro VillarRedondelaBárbaroGloria FuertesEscolas de Ensino Galego SementePrimeira República GalegaFieito realReal Academia GalegaXurxo de CapadociaTaylor SwiftRevolución galega de 1846Eva MejutoOtto von BismarckO Coello, Caldelas de Tui, TuiPilatesAlfizKDominic ThiemIteTeresa García-SabellZanfonaTerraSegunda República EspañolaTamara CanosaLuís SeoaneModelo OSIEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Xosé Ramón Fernández-Oxea🡆 More