Frankenstein Ou O Moderno Prometeo: Novela de Mary Shelley en 1818

Frankenstein ou o moderno Prometeo é unha novela de terror gótico da británica Mary Shelley, que podería englobarse dentro do romanticismo, sendo tamén unha obra pioneira da ciencia ficción.

A obra foi publicada de xeito anónimo en 1818 en Londres, e por primeira vez co nome de Shelley no lombo en Francia dous anos máis tarde.

Frankenstein
Frankenstein Ou O Moderno Prometeo: Trama, Creación da obra, Repercusión da obra
Título orixinalFrankenstein; or, The Modern Prometheus
Autor/aMary Shelley
OrixeReino Unido
Lingualingua inglesa
(existe trad. publicada en galego)
Xénero(s)novela epistolar, body horror literature, ficción gótica, ciencia ficción e Fantasía
Data de pub.1/1/1818
Páxinas280
editar datos en Wikidata ]

Trama

A obra conta a historia de Victor Frankenstein, un científico obsesionado por retornar á vida un corpo inerte, o monstro de Frankenstein. Tras obrar o milagre, Frankenstein queda conturbado pola súa creación decide abandonala á súa sorte. Esta vai converterse no seu maior pesadelo.

Creación da obra

Frankenstein Ou O Moderno Prometeo: Trama, Creación da obra, Repercusión da obra 
Cuberta da obra na edición inglesa de 1831.

A obra foi ideada na Villa Diodati de Xenebra, cando Lord Byron, acompañado polo seu médico persoal, John Polidori, hospedou na súa residencia estival a Mary Shelley e o seu home, Percey Shelley, aínda que por aquel entón Mary e Percey aínda non estaban casados; el acababa de ser desherdado polo seu pai tras abandonar a súa muller e fillos para poder estar coa súa amada de 16 anos. O ano 1816 pasou á historia como o ano sen verán, por culpa da erupción do volcán Tambora que enrareceu a atmosfera durante todo o ano. Confinados baixo o teito da vila, as conversas xiraban arredor do galvanismo e outros temas relacionados co ocultismo. Os catro, acompañados eventualmente pola medio irmá de Mary, remataron por retarse nunha competición para saber quen era capaz de escribir a mellor historia de terror. So a obra de Shelley e The Vampyre de Polidori chegarían a cristalizar. A propia autora explica moitos destes acontecementos no prólogo da propia obra.

Sobre estes eventos do verán de 1816 trata a película Remando ao vento do director ovetense Gonzalo Suárez, na que Lizzy McInnerny interpreta a Mary Shelley e Hugh Grant a Lord Byron.

Se ben Byron non chegou a escribir a súa historia de terror si que compuxo o poema "The Darkness" no que fala da escuridade deses días na Vila Diodati.

Repercusión da obra

A novela abre a porta da ciencia ficción e tanto por isto como polo seu magnetismo vai ser unha obra de referencia en moitos eidos culturais con multitude de adaptacións tanto a literatura, o cine e banda deseñada entre outras.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Frankenstein Ou O Moderno Prometeo TramaFrankenstein Ou O Moderno Prometeo Creación da obraFrankenstein Ou O Moderno Prometeo Repercusión da obraFrankenstein Ou O Moderno Prometeo NotasFrankenstein Ou O Moderno Prometeo Véxase taménFrankenstein Ou O Moderno Prometeo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Horatio NelsonLand Rober Tunai ShowÁlxebraA lei de Lidia PoëtÁcido fosfatídicoLinguas altaicasPolpa dentariaTeoría de conxuntosVilar de SantosLista de concellos de OurenseÁcido isovaléricoInstrumentalPiñeiroCaso Asunta BasterraMustela nigripesMitocondriaPragaCangrexo ermitánGalería de imaxes das Pontes de García RodríguezCommelinidaeLuis ZaheraMiguel HernándezApp StoreTimothée ChalametMarylandCabaloRanger 5ArubaMonforte de LemosADN BNADPHMasideLingua rusaProvincias de EspañaTenerifeArolaCorpo cetónicoTroitaKevin MagnussenChordataPatacaDobre héliceSupernovaEstadio Municipal de RiazorOpisthocomus hoazinSabuguido, Vilariño de Conso28 de marzoMercedes-Benz C112Ana BucetaLista de nomes femininos en galegoKaren UhlenbeckEucaliptoNova OrleánsBalsa (árbore)Joe BidenRafael NadalHistoria da ChinaColesSemana SantaArco da vellaMesodermaJohn Horton ConwayDedativoRenault na Fórmula 1Grammy á carreira artísticaAgora RepúblicasViktoryja AzarankaBen-Hur (filme de 1959)EnemaCarlito syrichtaMosteiro de Santa María de Sobrado dos MonxesRolls-Royce TrentBelgrado21 LutetiaArianna d'OttoneBuchnera aphidicola🡆 More