Mitoloxía Epimeteo: Personaxe da mitoloxía grega

Na mitoloxía grega Epimeteo (en grego antigo Ἐπιμηθεύς Epimêtheús, ‘que reflexiona máis tarde’, retrospectiva, literalmente pensamento-tardío,) era irmán de Prometeo (previsión, literalmente pensamento-adiante), xa que a diferenza de Prometeo (quen podía ver o futuro), este vía con atraso cousas do pasado.

Ambos actuaban como representantes da humanidade pero mentres que Prometeo se caracteriza por ser enxeñoso e intelixente, Epimeteo represéntase como bobo. Era fillo do titán Xapeto e da oceánide Clímene. Outros irmáns seus son Atlas e Menecio. Unido a Pandora, tivo unha filla, Pirra a loira, que unida a Deucalión (fillo de Prometeo) foron os pais do xénero humano tras o diluvio.

Mitoloxía Epimeteo: Mitoloxía grega, Notas, Véxase tamén
Epimeteo e Pandora.

Mitoloxía grega

Segundo o uso do vello mito por parte de Platón no seu Protágoras (320d-322a), os dous titáns encargáronse da difusión dos trazos entre os animais de recente creación; Epimeteo era o responsable de darlle unha característica positiva a todos os animais, pero cando foi o momento de darlle ao home un trazo positivo, por falta de previsión encontrouse con que non quedaba nada. Prometeo decidiu que os atributos da humanidade serían as artes civilizadas e o fogo, que roubou do carro de sol Apolo. Prometeo máis tarde foi sometido a xuízo polo seu crime. No contexto do diálogo de Platón "Epimeteo, o ser no que os pensamentos seguen á produción, representa a natureza no sentido do materialismo, de acordo con que o pensamento vén despois que os corpos sen pensamentos e os seus movementos irreflexivos".

Segundo Hesíodo, quen relatou a historia dúas veces (Teogonía , 527ff; Os traballos e os días, 57ff), Epimeteo foi quen aceptou o regalo de Pandora dos deuses. O seu matrimonio pode deducirse (e así foi feito por autores posteriores), pero non se fai explícito en ningún texto.

Nos mitos posteriores, a filla de Epimeteo e Pandora foi Pirra, que casou con Deucalión, e foi unha dos dous que sobreviviron o diluvio .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Protágoras, diálogo de Platón.
  • Kerenyi, Karl, 1951. The Gods of the Greeks, pp 209ff.
  • Graves, Robert, (1955) 1960, The Greek Myths, 39.a-j.
  • Amis, Les, 2009. Commemorating Epimetheus.

Tags:

Mitoloxía Epimeteo Mitoloxía gregaMitoloxía Epimeteo NotasMitoloxía Epimeteo Véxase taménMitoloxía EpimeteoAtlas (mitoloxía)DeucaliónDiluvioGrego antigoMitoloxía gregaOceánidePandora (muller de Epimeteo)PirraPrometeoTitán (mitoloxía)Xapeto (mitoloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Outonín, San Cristovo de Lóuzara, SamosProxyVicente Piñeiro15Estrutura terciaria dos ácidos nucleicosEduardo Blanco AmorToniña comúnAlcaldes da CoruñaAWStats59Guerra de CoreaLuísa MerelasTrasnoXosé MonteagudoBarbadosW77KLista de pseudónimos e sobrenomes galegosCapital (economía)Borja Verea1914OuroAEugenia OsterbergerPatacas frixidasEstados membros da Unión EuropeaIllas BalearesArandoXabier Deive54As aves na cultura popular galegaJosé Miñones CondeRomaXosé Ramón GayosoCopa do Rei de fútbolSuso DíazParadigmas dos verbos irregulares galegosPablo Iglesias PosseChimpínCamiño de SantiagoEleccións municipais de 2019 en GaliciaTelevisión de GaliciaSenegalEfecto FöhnNervio ópticoXiros idiomáticos galegosCopa España (fútbol)José CoronadoPedra de raio (folclore)TrigoAmesMike TaylorLedicia CostasBelén RegueiraMarca HispánicaImma António SoutoBaltasar Pardal VidalAs Cruces, SobradoDíptico dos Nicómaco e dos SímacoPremio RañolasBDólar EisenhowerCatión de amonio cuaternarioMundial de Fútbol de 2018 - Grupo BLe VilliVacaHistoria do CairoEuroO Mariscal99ChatGPTLugo🡆 More