Mitoloxía Titán

Os titáns, masculino, e titánides ou titanias, feminino, foron deidades da primeira xeración divina, na mitoloxía grega, nacidos da unión entre Xea e Urano.

Uníronse entre si para procrear a segunda xeración de deuses, chamados Olímpicos, aínda que dous titáns uníronse a femias doutras estirpes (Xapeto con Clímene, unha oceánide, e Crío con Euribia), e dúas titánides, Temis e Mnemósine, foron compañeiras de Zeus.

Mitoloxía Titán
A caída dos Titáns de Rubens.

Reciben os nomes de Océano, Ceo, Hiperión, Crío, Xapeto e Cronos, os varóns; e Tetis, Rea, Temis, Mnemósine, Febe e Tía, as mulleres.

Zeus rebelouse contra o seu pai Cronos, que se fixera co poder no ceo tras castrar a Urano, nunha guerra coñecida como Titanomaquia, na que se enfrontaron Zeus e os seus irmáns contra os titáns (mentres que as titánides se mantiveron neutrais).

Mitoloxía

Mitoloxía Titán 
Mosaico de Petra (Xordania), representando ó deus Océano

Segundo Elvira Barba, o mito dos titáns ten raíces neolíticas, anteriores á chegada dos pobos indoeuropeos a Grecia.

Salvo Temis e Mnemósine, por un lado, e Cronos e Rea, por outro, os titáns no desenvolveron un perfil propio e apenas aparecen na iconografía. En todo caso, sábese que Océano e Tetis se mantiveron na ribeira da Terra polo seu comportamento neutral durante a guerra, e que criaron a Hera. Océano pode ser representado con atributos relacionados co seu carácter acuático (áncora, remo, ánfora que verte auga), pero son máis características unhas pinzas de cangrexo sobre a súa cabeza, con pelo largo, barba mollada e auga saíndo da súa boca.

Tetis represéntase, adoito en mosaicos, como muller sentada e máis ou menos núa, rodeada de peixes e monstros acuáticos, ás veces cun remo, e sempre cunhas ás na fronte. Pode estar soa ou acompañando a Océano.

No altar de Pérgamo figuran representadas as titánides Tía e Febe.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana (en castelán). Barcelona: Paidós. ISBN 978-84-7509-166-2. 

Tags:

Mitoloxía Titán MitoloxíaMitoloxía Titán NotasMitoloxía Titán Véxase taménMitoloxía TitánDeuses olímpicosMitoloxía gregaUranoXea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ignacio Rivera QuintanaTito VilanovaLiteratura galegaGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Manuel MurguíaConceyu BableXiros idiomáticos galegosLucie IdloutXunta de GaliciaGalaicosLedicia CostasArxentinaAdolfo SuárezCristiano RonaldoAC-101Estados Unidos de AméricaBilbaoSete Sabios de GreciaCuarzoGaliciaEcce HomoComarca de SarriaRepública Democrática do CongoMomia de ManchesterRomariz, Riós, RiósRoko (actriz)Galería de imaxes de arañas de GaliciaMondoñedoXestaBolboretaCamiño de SantiagoNational Portrait GalleryCatedral de Santiago de CompostelaBeteluOs vellos non deben de namorarseAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoLista das aves de GaliciaLabor Gallega (A Habana)AmieiroPontedeumeJackson PollockChorimaContactorDepartamento de ApurímacManuel Gago MariñoJude BellinghamBrasilRicardo BeirasBortziriakHeraldo de ViveroLista de exónimos en galegoA chave das nocesEstadio Municipal de RiazorDodecágonoLista de deuses celtasVento feridoO comparativo galegoLontreiraLista de castelos de PortugalJohannes VermeerEscáncerDeserto do SáharaPonte 25 de AbrilAmancio OrtegaAciñeiraRastroPedro RieloItxu DíazOldhamHenrique VIII de InglaterraAs leis de CelavellaHans ZimmerMiguel Ángel Zabalza BerazaAC-141VietnamVicente RiscoPaparazzi🡆 More