Lúa Prometeo: Satélite natural de Saturno

Prometeo (en grego Προμηθέας) é unha lúa interior de Saturno.

    Non confundir co asteroide chamado 1809 Prometheus.

Foi descuberta en outubro de 1980 (algúns días antes do 25 de outubro) a partir de imaxes tomadas pola sonda Voyager 1, e foi designada provisionalmente coma S/1980 S 27. A finais de 1985 recibiu o nome oficial de Prometeo, un Titán da mitoloxía grega. Tamén é coñecida coma Saturno XVI.

Prometeo
Lúa Prometeo: Galería multimedia, Notas, Véxase tamén
Imaxe de Prometeo tomada pola Cassini (26 de decembro do 2009)
Descubrimento
Descuberta por Collins, Voyager 1
Descuberta no outubro de 1980
Designación alternativa Saturno XVI
Características orbitais
Época 31 de decembro do 2003 ( 2453005,5 XD)
Eixo semi-maior 139.380 ± 10 km
Excentricidade 0,0022
Período orbital 0,612990038 días
Inclinación 0,008 ± 0,004° (respecto do ecuador de Saturno)
Satélite de Saturno
Características físicas
Dimensións 119×87×61 km
Radio medio 43,1 ± 2,0 km
Área superficial ~23.000 km2
Volume ~340.000 km3
Masa 1,566 ± 0,019 x 1017 kg
Densidade media 0,47 ± 0,07 g/cm³
Gravidade superficial ~0,003 m/s2
Velocidade de escape ~0,019 km/s
Período de rotación sincrónica
Albedo 0,6
Oblicuidade cero
Temperatura ~74 K

Esta pequena lúa é extremadamente alongada, cunhas dimensións de 119 x 87 x 61 kms. Ten varias cristas, vales e un bo número de cráteres que poden acadar 20 kms de diámetro, con todo ten menos cráteres cás súas lúas veciñas Pandora, Epimeteo e Xano. A partir da súa baixa densidade e albedo relativamente alto, pódese deducir que Prometeo é un corpo xeado moi poroso.

Prometeo actúa coma lúa pastor da parte interior do anel F. Imaxes recentes tomadas pola sonda Cassini amosa que a gravidade de Prometeo crea ondas e regueiros de material no anel F, coma se a lúa lle roubase algo de material ó anel. A órbita de Prometeo é caótica, coma consecuencia da resonancia orbital con Pandora. Os cambios máis apreciables ocorren aproximadamente cada 6,2 anos, cando a periapse de Pandora coincide coa apoapse de Prometeo, no momento en que as lúas se aproximan entre elas a uns 1400 kms. Prometeo tamén está visiblemente perturbada por Atlas.

Galería multimedia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Tags:

Lúa Prometeo Galería multimediaLúa Prometeo NotasLúa Prometeo Véxase taménLúa PrometeoLingua gregaMitoloxía gregaPrometeoSaturnoSatélite naturalTitán (mitoloxía)Voyager 1

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

La Voz de GaliciaPortugalFoliadaCarballo comúnYolanda DíazPaulino VázquezDígocho euPenerbosa, Negrelos, RodeiroConcello de CanedoJuan Carlos Rodríguez CebriánIslandiaAsiaOrchataMitoloxía galegaNormativa oficial do galegoSan Miguel de Presqueiras, ForcareiVincent van GoghChinche das camasLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaXulio CésarMitoAlberto Núñez FeijóoEscola de FrankfurtKSeychellesCecilia BaenaBrasilRotacismoJosé Manuel LageCampus de SerantesXosé BallesterosCatión de amonio cuaternarioDaniel de la TorreOrquídeaPedra de raio (folclore)Fabiola GarcíaAbraham BobaEduardo Sanches MaragotoMesopotamiaNavarraMarta Fernández-TapiasLucía VeigaPazos, VerínHéitor PicalloLista de WikipediasGazpachoCopia por contactoAlexandre BóvedaSingapurRastroAliados da segunda guerra mundialMario Obrero2021Carlos NegroPatacas frixidasOsloTom HanksPetínJuan José BallestaAntigo ExiptoRubén Fernández GarcíaTogoDíptico dos Nicómaco e dos SímacoFreixoMarta DacostaTeatroIsabel I de InglaterraManchester City F.C.William JoyceRamón CabanillasZCarracha🡆 More