Mitoloxía Grega Xigantes

Na mitoloxía grega e romana, os xigantes (en grego: Γίγαντες, Gígantes, en singular: Γίγας, Gígas) foron unha raza fantástica de gran forza e agresividade.

Protagonizaron a Xigantomaquia, a batalla que tiveron contra os deuses olímpicos. Segundo Hesíodo, os xigantes eran descendentes de Xea (a Terra), nados do sangue que caeu cando Urano (o Ceo) foi castrado polo seu fillo, o titán Cronos .

Mitoloxía Grega Xigantes
Poseidón (esquerda) brandindo un tridente e portando a illa Nísiros nos ombreiros mentres loita cun xigante (probabelmente Polibotes), cerámica do -500 ou -450.
"Pois cantas gotas de sangue desprenderon, recolleunas todas Xea e, transcorrido o tempo, deu a luz ás poderosas Erinias, ós grandes Xigantes, resplandecentes co brillo das súas armas, con longas lanzas nas súas mans, e ás Ninfas que chaman Melias na inmensa terra" .
(Hesíodo: Teogonía 183-188)

Xea enxendrou ós Xigantes para vingar ós Titáns, tamén fillos seus, que foran encerrados no Tártaro por Zeus trala Titanomaquia.

O número de Xigantes estímase en 24 , aínda que os diferentes mitógrafos discordan nas cifras que dan. Tampouco coinciden os nomes que proporcionan. Pseudo-Apolodoro só menciona 13 nomes pero engade que había máis: "ó resto exterminouno Zeus fulminándoos cos raios" . Hixino dá unha lista de 23, entre os que inclúe algúns que nada teñen que ver cos xigantes do mito, a outros están marcados como dubidosos .

Cómpre advertir que hai moitos máis personaxes mitolóxicos descritos como xigantes (por exemplo, Xerión, Tifón ou Atreo). Grimal atribúe a adición destes xigantes, propia de tradicións máis modernas, a unha inclusión abusiva dos mitógrafos de seres xigantescos, de gran forza, ou mesmo monstruosos, pero que non pertencen á raza dos Xigantes fillos de Xea e do sangue de Urano .

Nómina dos Xigantes

Non será ata o Período helenístico que comeza a darse nome ós diferentes Xigantes e identificar a cada deus co que se enfrontou cada Xigante:

  • Agrio, ó que mataron as Moiras.
  • Alcioneo, morto por Heracles. Era o máis forte dos Xigantes.
  • Clitio, queimado polas teas de Hécate.
  • Efialtes, morto polas frechas de Apolo e Heracles, coas que lle atravesaron os ollos.
  • Encélado, enterrado por Atenea baixo o monte Etna.
  • Éurito, morto por Dioniso a golpes do seu tirso.
  • Gratión, morto por Artemisa.
  • Hipólito, morto por Hermes.
  • Mimas (ou Mimante), morto por Hefesto, que o sepultou baixo ferro fundido, ou por Ares.
  • Palas (ou Palante), morto por Atenea, que logo se protexeu coa súa pel como escudo.
  • Polibotes, sepultado por Poseidón baixo un fragmento da illa de Cos ou de Nisiro que lle botou enriba.
  • Porfirión (ou Porfirio), morto pola acción conxunta de Zeus e de Heracles, tras intentar violar a Hera, esposa de Zeus.
  • Toante, tamén morto polas Moiras.

Orixe

O nome "xigantes" está asociado normalmente con "nados da terra", e a Teogonía de Hesíodo explicítao ó describir que os xigantes son os descendentes de Xea (a Terra). De acordo con Hesíodo, Xea, muller de Urano, tivo moitos fillos: unha primeira xeración de titáns, os ciclopes e os hecatonquiros .

Mais Urano odiaba os seus fillos, e tan axiña como nacían, encerrábaos dentro de Xea, causándolle a ela moita anguria. E entón Xea fixo unha fouce de aceiro e deulla a Cronos, o máis novo dos seus fillos titáns, e agochouno (presumiblemente aínda dentro do cuerpo de Xea) para agardar por unha emboscada.

Mitoloxía Grega Xigantes 
Un Xigante loitando contra Artemisa (relevo no Vaticano)

Cando Urano quixo xacer con Xea, Cronos castrou ó seu pai, e as pingas de sangue que caeron recibiunas Xea, que deu a luz ós xigantes. Os xenitais de Urano -que Cronos lanzou ó mar- crearon unha escuma branca da cal xurdiu Afrodita.

O mitógrafo Pseudo-Apolodoro di que os xigantes proveñen da unión de Xea e Urano, e non fai ningunha conexión coa castración de Urano, dicindo sinxelamente que Xea "irritada polo acontecido ós titáns, enxendra con Urano os xigantes" .

O lugar do seu nacemento e escenario da guerra foi Flegras, na península de Palene, a máis occidental das tres que compoñen a Calcídica (Macedonia). Timeo di que a guerra tivo lugar no sur de Italia, de onde lles vén a relación popular cos volcáns desta zona.

Descrición

Os Xigantes eran enormes criaturas , de aspecto terrorífico e inmensa forza, con longas barbas e mesto cabelo; tiñan colas de serpes no canto de pernas. Da súa forza dá proba o feito de que comezasen a guerra contra Zeus lanzando ó Olimpo rochas como montañas e árbores ardendo.

Dicíase que os Xigantes vencidos foron enterrados baixo volcáns e que eran a causa de erupcións volcánicas e terremotos, como manifestación do seu enfado pola súa reclusión eterna.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Mitoloxía Grega Xigantes Nómina dos XigantesMitoloxía Grega Xigantes OrixeMitoloxía Grega Xigantes DescriciónMitoloxía Grega Xigantes NotasMitoloxía Grega Xigantes Véxase taménMitoloxía Grega XigantesCronosDeuses olímpicosHesíodoLingua gregaMitoloxía gregaMitoloxía romanaTitán (mitoloxía)Urano (mitoloxía)XeaXigantomaquia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mila KunisPalabraMétopaGuerra civil rusaGran Premio de Bahrain de 2018Estados Unidos de AméricaDamascoManuel JaboisCornizóCabo VerdeCalzada do XiganteADN polimerasePirelliParasitismoMonforte de LemosOca (xogo)Bilurico comúnMundial de Fútbol de 2006Roko (actriz)Raquel AtanesÁcido sapiénicoThe ArtistMártires de CarralAngkor WatMúsculo lisoYorgos LanthimosSahelEmma StoneAllarizAir AustralEleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024ChipreDune (filme de 2021)RusiaTom HanksPiñorAbdul KalamDactiliaArolaEdicto de MilánCarlos GardelGotemburgoAnimalPristiophoridaeErgocalciferolARN mensaxeiroPlovdivDictionary of Greek and Roman Biography and MythologyDobre héliceLocativoBlastocistoIntrónCristianismo e homosexualidadeTeoría de conxuntosPárkinsonKiribatiQuirópterosContratoColinesteraseGran Premio de Singapur de 2018SelenaShirley ChisholmBronquioliteCúpulaColumbiformesEd O'BrienArvicola amphibiusUral AirlinesTangoEstados Unidos de BélxicaMartin ScorseseAndre Drummond🡆 More