Atenea: Deusa grega

Atenea é a filla de Zeus e de Metis, chamada posteriormente polos romanos Minerva.

É unha das seis deusas principais do panteón grego clásico. Deusa da sabedoría, gardiá da xustiza e das leis. Aínda que é unha deusa virxe actúa como nai adoptiva de heroes como Perseo e Teseo, e é adorada desde moi antigo como patroa de Atenas, onde se construíu o Partenón, o Erecteión e os Propileos para adorala. Nos mitos clásicos nunca tivo consorte ou amante, e por iso a miúdo era coñecida como Atenea Partenos ("virxe").

Infotaula de personaAtenea
Atenea: Atributos, Rifa polo padroado de Atenas, Mitos relacionados con Atenea
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀθηνᾶ Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoOlympus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOlympus (en) Traducir
Monte Olimpo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeidade da guerra (pt) Traducir , deity of wisdom (en) Traducir , art deity (en) Traducir , deity of crafts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CelebraciónRelixión da Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Símbolo iconográficoCapacete (pt) Traducir, Éxida, Oliveira, gorgoneion (pt) Traducir e Curuxa Editar o valor em Wikidata
Patrón deSabedoría, guerra, tecemento, Olaría e agricultura Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCoribante (pt) Traducir, Hixía (mitoloxía) Editar o valor em Wikidata
PaisZeus Editar o valor em Wikidata  e Métis (pt) Traducir e Coryphe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Atenea: Atributos, Rifa polo padroado de Atenas, Mitos relacionados con Atenea
Atena Giustiniani, copia romana do orixinal grego atribuído a Fidias. Museos Vaticanos.

Represéntase coa armadura hoplítica, é dicir, coa lanza, o casco e a éxida (especie de coraza de pel de cabra). Na éxida hai representada a cabeza da gorgona Medusa, que lle dera Perseo. O seu nacemento foi accidentado, pois Zeus, tras deixar preñada a Metis, e para evitar os celos da súa esposa Hera, cómea. Co paso do tempo Zeus sofre unhas incribles dores de cabeza. Acode a Hefesto, quen lle abre a cabeza coas súas ferramentas de ferreiro, de onde nacerá Atenea, xa adulta e armada.

Atributos

Atenea: Atributos, Rifa polo padroado de Atenas, Mitos relacionados con Atenea 
A deusa Atenea, a cidade de Atenas e a moeda ateniense, foron simbolizados coa figura do moucho común, glaux (γλαύξ), coñecido como "moucho de Atenea"-.

O seu animal favorito é o moucho; a súa planta, a oliveira. Atenea descríbese tradicionalmente como a “ deusa de ollos garzos”. Pola protección que concede a Ulises a e Heracles, Atenea simboliza o auxilio achegado polo espírito á forza bruta e o valor persoal dos heroes. Por iso, é considerada no mundo grego, sobre todo en Atenas, a súa cidade (á que dera o seu nome), como a deusa da Razón.

Preside as artes e a lectura. Non obstante, mantén unha relación máis estreita coa Filosofía que coa Poesía e a Música. Tamén é a protectora das fiandeiras, tecedoras, bordadoras etc. No seu carácter de deusa da actividade intelixente, con frecuencia era escollida como protectora e patroa das cidades. Ademais de Atenas, contaba con templos como Esparta, Mégara, Argo etc.

Hai semellanzas entre Hefesto e Atenea porque tamén protexe aquelas artes e oficios. Pero así mesmo dise que o deus intentou violala, e que, mentres ela escapaba, derramou el o seu seme sobre a perna dela. Desgustada, Atenea limpou o esperma e arroxouno ó chan. E desa semente que impregnou o chan mentres a deusa escapaba, naceu Erictonio, cuxa parte do corpo era como de serpe.

Rifa polo padroado de Atenas

Atenea: Atributos, Rifa polo padroado de Atenas, Mitos relacionados con Atenea 
Nacemento de Atenea—ánfora, 550–525 BC, Louvre.

A mitoloxía grega sitúase na disputa entre Palas Atenea e Poseidón polo poder sobre Atenas, Ambos acordaron que cada un faría un regalo ós atenienses e que estes elixirían o que preferisen. Poseidón bateu o chan co seu tridente e fixo brotar unha fonte, pero a súa auga era salgada e polo tanto non moi útil, mentres que Atenea ofreceu a primeira oliveira, co que Atenea quedou como patroa, pois a árbore dá madeira, olivas e aceite. Crese que esta historia alude a un enfrontamento entre os habitantes da época micénica e os inmigrantes posteriores.

Mitos relacionados con Atenea

Atenea: Atributos, Rifa polo padroado de Atenas, Mitos relacionados con Atenea 
Detalle de Las hilanderas de Velázquez que representa ao fondo o mito de Aracne.

Unha muller chamada Aracne alardeou en certa ocasión de ser mellor tecedeira que Atenea, a deusa da tecedura. Atenea apareceuse disfrazada como unha anciá e díxolle que se arrepentise da súa hubris, pero no canto de facelo Aracne desafiou a Atenea a un concurso. A anciá quitouse o disfrace e empezou o concurso. Atenea teceu unha representación do conflito con Poseidón preto de Atenas, mentres que Aracne teceu unha das moitas fazañas de Zeus. Atenea enfureceuse pola habilidade de Aracne e a súa elección de tema, e cun toque engaiolouna cunha tremenda culpabilidade. Aracne intentou matarse e Atenea converteuna na primeira araña.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Atenea AtributosAtenea Rifa polo padroado de AtenasAtenea Mitos relacionados con Atenea NotasAtenea Véxase taménAtenea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Partido Comunista ItalianoEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Pocholo Martínez-BordiúCatedral de Santiago de CompostelaBélxicaLuis Fraga EgusquiaguirreBadalonaCamilo José CelaMarta DarribaA CoruñaTarazonaGreta ThunbergHorteláMarineda CityIgrexa católicaCasa BaillyXogoWorld Wide WebMarcos PereiroTopónimos célticos en GaliciaSionismoCopa do SarLibertarioEstrasburgoPatricia VázquezCreative CommonsSloganLiam NeesonEstrella GaliciaAno (astronomía)José Luis Iglesias LagoJoaquin PhoenixTerceira InternacionalAustraliaComunistaCabeza de ManzanedaFinados en 2024Aymeric LaporteMarçal MolinéHungríaBenidormEva CárdenasVilariño de ConsoHimno Nacional de ChileEstadio Municipal de RiazorSanta CompañaPropagandaMosteiro de Santa María de OseiraPatacaRío ObiPortela da CandaJagoba ArrasateIslamKuala LumpurDominio públicoMoinanteIria SobradoHard GZManuela ReyEmilia Pardo BazánMandalaUS AirwaysKarim BenzemaEconomía de GaliciaMasturbación coas mamasEuropaIndonesiaEurocopa de FútbolEscultura barrocaRobert OppenheimerLista de nomes femininos en galego🡆 More