Illas Malvinas: Arquipélago do Océano Atlántico

As Illas Malvinas (en inglés: Falkland Islands) son un arquipélago do océano Atlántico meridional, na plataforma continental patagónica. As illas principais atópanse a 483 km ó leste da costa da Patagonia, en América do Sur, na latitude 52°S. O arquipélago, cunha área de 12 000 km², abrangue a illa Soidade, a illa Gran Malvina e 776 illas máis pequenas. É un Territorio Británico de Ultramar e conta cun autogoberno, mais o Reino Unido encárgase da súa defensa e das relacións exteriores. A capital das Malvinas é Stanley, na illa Soidade.

Modelo:Xeografía políticaIllas Malvinas
Imaxe

HimnoGod Save the King (1833) Editar o valor em Wikidata

Localización
Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía Editar o valor em Wikidata
 51°44′S 59°13′O / -51.73, -59.2259°13′O / -51.73, -59.22
Territorio reivindicado porReino Unido
Arxentina Editar o valor em Wikidata
CapitalPorto Arxentino/Stanley Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.550 (2018) Editar o valor em Wikidata (0,37 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie12.200 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
sen valor Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación3 de xaneiro de 1833 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
• Monarca Editar o valor em WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Lexislativa das Illas Malvinas , (Escano: 11) Editar o valor em Wikidata
MoedaLibra das Illas Malvinas Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.fk Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+500 Editar o valor em Wikidata
Código de paísFK Editar o valor em Wikidata

Páxina webfalklands.gov.fk Editar o valor em Wikidata

Existe unha gran controversia sobre a descuberta e posterior colonización das Malvinas polos europeos. En varios momentos, as illas tiveron asentamentos franceses, británicos, españois e arxentinos. O Reino Unido reafirmou o seu control sobre o arquipélago en 1833, malia que a Arxentina mantiña a súa reivindicación sobre as illas. En abril de 1982, forzas arxentinas ocuparon temporalmente o territorio. A administración británica restaurouse dous meses máis tarde, no final da guerra das Malvinas.

A poboación (3 662 habitantes en 2012) está constituída principalmente por nativos das illas, a maioría de ascendencia británica. Outras etnias inclúen franceses, xibraltareños e escandinavos. A inmigración procedente do Reino Unido, da illa de Santa Helena, no Atlántico Sur, e de Chile reverteu o decline da poboación. A lingua predominante (e oficial) é o inglés. De acordo cunha lei de 1983 aprobada polo Parlamento do Reino Unido, os malvineiros son considerados cidadáns británicos.

O arquipélago atópase no límite das zonas climáticas oceánica subantártica e de tundra e as dúas principais illas teñen cordilleiras que atinxen 700 metros de altura. Elas son o lar de grandes poboacións de aves, malia que moitas xa non se reproducen nas principais illas por mor da concorrencia con especies introducidas. As principais actividades económicas son a pesca, o turismo e a cría de ovellas, con énfase na exportación de la de alta calidade. A exploración de petróleo, licenciada polo Goberno das Illas Malvinas, permanece en controversia como resultado de disputas marítimas coa Arxentina.

Etimoloxía

O nome anglófono do arquipélago, Falkland, foi inspirado polo "Falkland Sound" (castelán: Canal de San Carlos), o estreito que separa as dúas illas principais do arquipélago. O nome "Falkland" foille dado ó canal por John Strong, capitán dunha expedición inglesa que desembarcou nas illas en 1690. Strong nomeou o estreito en homenaxe a Anthony Cary, 5º vizconde de Falkland, o tesoureiro da mariña que patrocinou a viaxe. O seu título de vizconde ten orixe na cidade de Falkland, Escocia, cuxo nome provén de folkland (terra sometida ó dereito-folk). O nome non foi aplicado nas illas até 1765, cando o capitán británico John Byron, da Mariña Real, as reivindicou para o rei Xurxo III como "Illas de Falkland". O termo "Falklands" é unha abreviatura padrón empregada para referirse ó arquipélago.

O nome castelán, Islas Malvinas, deriva do francés Îles Malouines, o nome dado para as illas polo explorador francés Louis Antoine de Bougainville en 1764. Bougainville, que fundou o primeiro asentamento humano das illas, nomeou a área en homenaxe ó porto de Saint-Malo (o punto de partida dos seus navíos e colonos). O porto, localizado na rexión da Bretaña, no oeste de Francia, recibiu ese nome por conta de San Malo (ou Maclou), o evanxelista cristián que fundou a cidade europea.

Na vixésima sesión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o Cuarto Comité determinou que en todas as linguas, agás o castelán, toda a documentación da ONU designaría o territorio como Falkland Islands (Malvinas). En castelán, o territorio é designado como Islas Malvinas (Falkland Islands). A nomenclatura utilizada polas Nacións Unidas para fins de procesamentos estatísticos é Falkland Islands (Malvinas).

Historia

Comezo da colonización europea

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Louis Antoine de Bougainville.

Malia que existe a posibilidade de que tribos de amerindios fueguinos teñan visitado as illas en tempos precoloniais, o arquipélago estaba deshabitado no momento da súa descuberta polos europeos. As alegacións en canto á data da descuberta das illas roldan en torno do século XVI, mais non hai consenso sobre se estes primeiros exploradores descubriron as Malvinas ou outras illas do Atlántico Sur. O primeiro desembarque rexistrado nas illas é atribuído ó capitán inglés John Strong, que, camiño ó litoral do Perú e de Chile en 1690, descubriu o estreito de San Carlos, mais iso segundo a visión británica da historia da illa. Segundo a versión histórica contada pola Arxentina, deféndese que Fernão de Magalhães é o descubridor da illa, xa que a Arxentina e o resto de América Latina poden ser considerados colonias de España e de Portugal segundo a visión dos británicos.

O arquipélago permaneceu deshabitado até o estabelecemento de Port Louis na illa Soidade en 1764 polo capitán francés Louis Antoine de Bougainville e a fundación do asentamento de Port Egmont na illa Saunders (ou Trinidad) polo capitán británico John MacBride. Aínda está en debate entre os historiadores se os asentamentos europeos eran conscientes da existencia uns dos outros. En 1766, Francia abandonou a súa reivindicación sobre as Malvinas en favor de España, que rebautizou a colonia francesa como Puerto Soledad no ano seguinte. Os problemas comezaron cando España descubriu Port Egmont e capturou o porto en 1770, o cal case provoca unha guerra que foi evitada pola restitución ó Reino Unido en 1771.

Ámbolos dous asentamentos, británico e español, coexistiron no arquipélago até 1774, cando novas consideracións económicas e estratéxicas dos británicos os levaron a retirarse voluntariamente das illas, deixando só unha placa onde reivindicaban o arquipélago para o rei Xurxo III. O español Vicerreinado do Río da Prata converteuse daquela na única presenza gobernamental no territorio. A illa Gran Malvina foi abandonada, e Puerto Soledad converteuse nun campo de prisioneiros na maior parte da súa existencia. Durante as invasións británicas do Río da Prata e durante as Guerras Napoleónicas en Europa, o gobernador das illas do arquipélago foi evacuado en 1806; o restante da gornición colonial española seguiu o seu exemplo en 1811, agás por gauchos e pescadores que permaneceron de forma voluntaria no arquipélago.

Disputa entre a Arxentina e o Reino Unido

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Representación de Port Saint Louis ou Puerto Soledad por Dom Pernety, 1769.

Despois diso, o arquipélago só foi visitado por navíos de pesca; o seu status político era indiscutíbel até 1820, cando o coronel David Jewett, un corsario estadounidense que traballaba para as Provincias Unidas do Río da Prata, informou que os navíos ancorados en Buenos Aires en 1816 eran unha reivindicación dos territorios españois no Atlántico Sur. Como as illas non tiñan habitantes permanentes, en 1823 Buenos Aires concedeu ó comerciante Luis Vernet, nado en Alemaña, o permiso para realizar actividades de pesca e exploración de gando salvaxe no arquipélago. A relación cordial entre o consulado e Vernet levouno a expresar "o desexo de que, no caso de os británicos retornaren para as illas, o Goberno do Reino Unido protexese a súa propiedade". Vernet asentouse nas ruínas de Puerto Soledad en 1826 e acumulou recursos nas illas até que fose seguro traer colonos e formar unha colonia permanente. Buenos Aires pasou a considerar Vernet o comandante militar e civil das illas en 1829 e el tentou regulamentar a pesca para parar as actividades de baleeiros e cazadores de focas estranxeiros. As actividades de Vernet duraron até unha disputa sobre os dereitos de pesca e caza que levou a unha incursión do navío de guerra estadounidense USS Lexington en 1831, cando Silas Duncan, o entón comandante da Mariña dos Estados Unidos, tomou o asentamento de Puerto Soledad.

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Representación da paisaxe das Malvinas, en 1849; pintura do almirante Edward Fanshawe, da Mariña Real Británica.
Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Predio histórico da "Falkland Islands Company" en Stanley.
Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Billete de 10 pesos das Illas Malvinas, emitido por Luis Vernet ca. 1828

Buenos Aires tentou manter influencia sobre o asentamento a través da instalación dunha gornición, mais un motín en 1832 foi seguido no ano seguinte pola chegada de forzas británicas que reafirmaron o dominio do Reino Unido. A Confederación Arxentina (entón liderada polo gobernador de Buenos Aires, Juan Manuel de Rosas) protestou contra as accións británicas e os gobernos arxentinos continuaron dende entón a rexistrar protestas oficiais contra o Reino Unido. As tropas británicas partiron despois de completar a súa misión, deixando a área como "unha especie de terra de ninguén". O vice de Vernet, o escocés Matthew Brisbane, volveu ás illas aquel ano para restaurar o asentamento, mais os seus esforzos remataron despois que, no medio de tumultos en Port Louis, o gaucho Antonio Rivero incitou un grupo de "descontentos" a asasinar a Brisbane e os líderes do asentamento; os sobreviventes escondéronse nunha caverna nunha illa preto de alí até que os británicos volveron e restauraron a orde. En 1840, as Malvinas convertéronse nunha colonia da coroa e colonos escoceses posteriormente estabeleceron unha comunidade pastoral oficial. Catro anos máis tarde, case todos foron realoxados en Port Jackson, considerado un lugar mellor para a sede do goberno, en canto o comerciante Samuel Lafone comezou unha iniciativa para incentivar a colonización británica.

Port Jackson logo foi renomeada como Stanley e converteuse oficialmente na sede do goberno local en 1845. No comezo da súa historia, Stanley tiña unha reputación negativa por mor de perdas de carga e de transporte; só en emerxencias os navíos cruzaban o cabo de Fornos para parar no porto da vila. Porén, a localización xeográfica das Malvinas probou ser ideal para reparar navíos e para o "Wrecking Trade", a compra e venda de navíos naufragados e das súas cargas. Alén deste comercio, o interese comercial no arquipélago era mínimo por mor das peles de baixo valor dos bovinos salvaxes que había nos pasteiros das illas. O crecemento económico comezou soamente após que "Falkland Islands Company", que mercara a empresa arruinada de Lafone en 1851, introduciu con éxito ovellas cheviot para a produción de la, estimulando a outras facendas a seguir o seu exemplo. O alto custo de materiais importados, combinado coa falta de traballo e os consecuentes altos salarios, significaba que o comercio de reparación naval no arquipélago era pouco competitivo. Despois de 1870, o comercio de reparación naval esmoreceu coa substitución de navíos de vela por navíos de vapor, que foi acelerado polo baixo custo do carbón en América do Sur; en 1914, coa abertura da Canle de Panamá, o comercio acabou completamente. En 1881, as Malvinas volvéronse financeiramente independentes do Reino Unido. Por máis dun século, a "Falkland Islands Company" dominou o comercio e o emprego no arquipélago; alén diso, posuía a maior parte das vivendas de Stanley, que se beneficiaba do comercio de la co Reino Unido.

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Enfrontamento naval durante a batalla das Malvinas en 1914; obra de William Lionel Wyllie.

Na primeira metade do século XX, as illas tiveron un papel importante nas reivindicacións territoriais do Reino Unido para as illas subantárticas e para unha parte da Antártida. As Malvinas gobernaron estoutros territorios como as súas dependencias dende 1908 até a súa disolución, en 1985. O arquipélago tamén desempeñou un papel menor nas dúas guerras mundiais como unha base militar, auxiliando o control do Atlántico Sur polos británicos. Na batalla das Malvinas, na primeira guerra mundial, ocorrida en decembro de 1914, unha frota da Mariña Británica derrotou unha escuadra do Imperio Alemán. Na segunda guerra mundial, após a batalla do Río da Prata en decembro de 1939, o HMS Exeter foi danado e dirixiuse ás Malvinas para facer reparacións. En 1942, un batallón en ruta cara a India foi transferido para as Malvinas como unha gornición perante os temores dunha captura do arquipélago polo Imperio do Xapón. Após o fin da guerra, a economía das illas foi afectada polo declive dos prezos da la e pola incerteza política provocada pola disputa de soberanía revivida entre o Reino Unido e a Arxentina.

Guerra das Malvinas

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Forzas militares arxentinas patrullando Port Stanley após a toma da cidade, en abril de 1982.

As tensións latentes entre o Reino Unido e a Arxentina aumentaron durante a segunda metade do século XX, cando o presidente arxentino Juan Perón afirmou a soberanía arxentina sobre o arquipélago. A disputa intensificouse durante a década de 1960, pouco despois de que as Nacións Unidas aprobasen unha resolución sobre a descolonización, o que a Arxentina interpretou como favorábel á súa posición. En 1965, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Resolución 2065, apelando que ámbolos dous países conducisen negociacións bilaterais para chegar a unha solución pacífica sobre a disputa. De 1966 até 1968, o Reino Unido discutiu de forma confidencial coa Arxentina sobre a transferencia das Malvinas, sempre que a súa decisión fose aceptada polos habitantes. Un acordo foi alcanzado sobre os lazos comerciais entre o arquipélago e o continente en 1971 e, consecuentemente, a Arxentina construíu unha pista de aterraxe en Stanley en 1972. Porén, as negociacións de soberanía, unha disidencia malvineira, como expresa o seu forte lobby no Parlamento do Reino Unido, e tensións entre o Reino Unido e a Arxentina limitaron efectivamente as negociacións até o ano 1977.

Preocupado cos gastos de manutención das illas nunha época de cortes orzamentarios, o Reino Unido novamente considerou a transferencia da soberanía para a Arxentina no inicio do goberno de Margaret Thatcher. En 1981 remataron unhas novas conversas substanciais sobre a soberanía do arquipélago, e a disputa aumentou co pasar do tempo.

En abril de 1982, o desacordo tornouse un conflito armado, cando a Arxentina invadiu as Illas Malvinas e outros territorios británicos no Atlántico Sur, ocupándoos brevemente até a chegada dunha forza expedicionaria británica, que recuperou os territorios en xuño. Após a guerra, o Reino Unido expandiu a súa presenza militar, coa construción da base aérea Mount Pleasant, da Forza Aérea Británica, e co aumento do tamaño da súa gornición. A guerra tamén deixou preto de 117 campos minados, con preto de 20 000 minas de varios tipos, incluíndo antivehículos. Por mor do gran número de vítimas accidentais, as tentativas iniciais de retirar as minas remataron en 1983.

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Bombardeiro estratéxico británico Avro Vulcan indo para a illa de Ascensión o 18 de maio de 1982.

Baseándose nas recomendacións de Edward Shackleton, as Malvinas diversificaron a súa economía a partir dunha monocultura baseada nas ovellas para unha economía baseada no turismo e, co estabelecemento da Zona Económica Exclusiva das Malvinas, na pesca. A rede viaria tamén se fixo máis extensa e a construción da base de Mount Pleasant permitiu o acceso de voos de longa distancia ó arquipélago. A exploración de petróleo tamén comezou, con indicacións de posíbeis depósitos comercialmente explorábeis na bacía das Malvinas.

O traballo de eliminación das minas reiniciou en 2009. De acordo coas obrigas do Reino Unido nos termos do Tratado de Otava e o monte Sapper, o arquipélago foi limpado de minas en 2012, o que permitiu un fito histórico por vez primeira en 30 anos. A Arxentina e o Reino Unido restabeleceron relacións diplomáticas en 1990, mais as relacións deterioráronse porque non se chegou a ningún acordo sobre os termos de futuras discusións de soberanía. As disputas entre os gobernos levaron a algúns analistas a prever "un crecente conflito de intereses entre a Arxentina e o Reino Unido ... por mor da recente expansión da industria da pesca nas augas que rodean as Malvinas".

Xeografía

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Imaxe por satélite das Illas Malvinas.

As Illas Malvinas teñen unha área de arredor de 12 000 quilómetros cadrados e un litoral con preto de 1 300 quilómetros de extensión. As dúas illas principais, illa Soidade e illa Gran Malvina, e unhas 776 illas menores constitúen o arquipélago. As illas son predominantemente montañosas e accidentadas, coa excepción das chairas de Lafonia (a península que forma a parte sur da illa Soidade). As Malvinas son fragmentos da cortiza continental resultantes do desmembramento do supercontinente da Gondwana e da abertura do Atlántico, que comezou hai 130 millóns de anos. As illas atópanse no Atlántico Sur, na plataforma continental da Patagonia, uns 500 km ó leste do litoral sur da Arxentina.

As Malvinas atópanse aproximadamente na latitude 51°40′ – 53°00′ S e lonxitude 57°40′ – 62°00′ W. As dúas illas principais do arquipélago están separadas polo estreito de San Carlos e os seus profundos abeiros costeiros forman portos naturais. A illa Soidade é a sede de Stanley (a capital e maior cidade), da base aérea Mount Pleasant da Forza Aérea Real e do punto máis alto do arquipélago: o monte Usborne (castelán: Cerro Alberdi), con 705 metros de altitude. Fóra deses asentamentos significativos está a área coloquialmente coñecida como "Camp", que é unha derivación do termo castelán para a rexión rural (campo).

O clima das illas é oceánico, frío, con moito vento e húmido. A variabilidade diaria do tempo é típica en todo o arquipélago. A choiva é común máis da metade do ano, cunha media de 610 milímetros en Stanley, e a caída esporádica de neve ocorre case todo o ano. A temperatura fica, xeralmente, entre 21,1 e -11,1 °C en Stanley, mais pode variar de 9 °C no inicio do ano para -1 °C en xullo. Son comúns os fortes ventos vidos do oeste e os ceos nubrados. A pesar das numerosas tempestades rexistradas mensualmente, as condicións climáticas son normalmente calmas.

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 

Panorama de Byron Sound (castelán: Bahia San Francisco de Paula), a partir de Hill Cove.


Biodiversidade

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Colonia de pingüíns saltadores da rocha na Illa Saunders (Trinidad).

As Illas Malvinas son unha parte bioxeográfica da zona antártica, con fortes ligazóns coa flora e a fauna da Patagonia, en América do Sur. As aves terrestres compoñen a maioría da avifauna das Malvinas; 63 especies reprodúcense nas illas, incluíndo 16 especies endémicas. Tamén é abondosa a diversidade de artrópodos. A flora das Malvinas está composta por 163 especies vasculares nativas. O único mamífero terrestre nativo do arquipélago, o raposo das Illas Malvinas, foi cazado até a extinción polos colonizadores europeos.

As illas son frecuentadas por mamíferos mariños, como o elefante mariño do sur e o lobo mariño suramericano, alén de varios tipos de cetáceos; o arquipélago tamén é fogar do raro Phalcoboenus australis. Os peixes endémicos na contorna das illas son principalmente do xénero das Galaxias. As Malvinas non teñen árbores, apenas unha vexetación resistente ó vento predominantemente composta por unha variedade de subarbustos.

Practicamente toda a área das illas é usada como pasto para as ovellas. Entre as especies introducidas están os renos, lebres, coellos, raposos, porcos, cabalos, ratas e gatos. O impacto prexudicial que varias destas especies causan á flora e fauna nativas levou as autoridades a tentar conter, eliminar ou exterminar especies invasoras, como raposos, coellos e ratos. Os animais terrestres endémicos foron os máis afectados polas especies introducidas. A extensión do impacto humano sobre as Malvinas non é clara, xa que hai poucos datos de longo prazo sobre a mudanza do hábitat.

Demografía

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Catedral de Stanley, a maior poboación do territorio.
Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Os moradores locais son predominantemente de ascendencia galesa e escocesa.

As Illas Malvinas son unha sociedade homoxénea, xa que a maioría dos habitantes descenden de inmigrantes escoceses e galeses que se instalaron no territorio en 1833. O censo de 2006 listou algúns moradores malvineiros como descendentes de franceses, xibraltarenses e escandinavos. Ese censo indicou que un terzo dos moradores naceron no arquipélago, sendo os residentes estranxeiros asimilados pola cultura local. Unha lei aprobada polo Parlamento do Reino Unido en 1983 deu a cidadanía británica ós moradores das illas.

Un declive de poboación significativo afectou o arquipélago no século XX, cando moitos dos habitantes máis mozos partiron das illas na busca dun estilo de vida moderno e mellores oportunidades de traballo. Nos últimos anos, o declive da poboación da illa estabilizouse grazas a inmigrantes provenientes do Reino Unido, de Santa Helena e de Chile. No censo de 2012, a maioría dos moradores clasificaron a súa nacionalidade como malvineira (59%), seguido da británica (29%), da santahelena (9,8%) e da chilena (5,4%). Un pequeno número de arxentinos tamén viven nas illas.

As Illas Malvinas teñen unha baixa densidade de poboación. De acordo co censo de 2012, a poboación das Malvinas chegaba a 2 932 persoas, excluíndo os militares que serven no arquipélago e os seus dependentes. Un relatorio de 2012 estimaba un total de 1 300 militares e 50 funcionarios públicos británicos do Ministerio de Defensa presentes nas Malvinas. Stanley (con 2 121 habitantes) é o lugar máis poboado do arquipélago, seguido de Mount Pleasant (con 369 residentes) e Camp (351 residentes). A distribución por idade das illas está condicionada pola idade de traballo (20-60 anos). Os homes son máis numerosos que as mulleres (53% e 47% respectivamente) e esta discrepancia é máis preeminente no grupo de 20-60 anos de idade. No censo de 2006, a maioría dos habitantes da illa identificáronse como cristiáns (67,2%), seguido por aqueles que se negaron a responder ou que non tiña ningunha filiación relixiosa (31,5%). O 1,3% restante (39 persoas) eran adeptos doutras relixións.

A educación nas Illas Malvinas, que segue o modelo do sistema educativo do Reino Unido, é de balde e obrigatoria para os residentes con idade entre 5 e 16 anos. A educación primaria está dispoñible en Stanley, na base Mount Pleasant (para fillos de funcionarios) e en varios asentamentos rurais. O ensino secundario está dispoñible só en Stanley. Os alumnos a partir de 16 anos de idade poden estudar en colexios no Reino Unido. O goberno das Illas Malvinas paga para que alumnos máis vellos frecuenten institucións de ensino superior, xeralmente nas illas Británicas.

Goberno e política

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
A Casa de Goberno, en Stanley, é a residencia oficial do gobernador.
Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Base aérea Mount Pleasant, da Forza Aérea Real do Reino Unido.

As Illas Malvinas son un Territorio Británico de Ultramar con goberno propio. Nos termos da Constitución de 2009, as illas teñen autonomía interna completa; o Reino Unido é responsábel das relacións internacionais, mantendo o poder "para protexer os intereses do Reino Unido e para asegurar o bo goberno global do territorio". A Monarca do Reino Unido é o xefe de Estado, e o poder executivo é exercido en nome do monarca polo gobernador, que á súa vez nomea o xefe executivo das illas no consello de membros da Asemblea Lexislativa das Illas Malvinas. Tanto o gobernador como o xefe executivo serven como Xefe de Goberno. O gobernador Colin Roberts foi nomeado en abril de 2014; e o xefe executivo Keith Padgett foi nomeado en marzo de 2012. O ministro británico responsábel das Illas Malvinas dende 2012, Hugo Swire, administra a política externa británica sobre o arquipélago.

O gobernador actúa no Consello Executivo das illas, composto polo xefe do executivo, o director financeiro e tres membros electos da Asemblea Lexislativa (co Gobernador como presidente). A Asemblea Lexislativa, unha lexislatura unicameral, consiste no xefe executivo, no director de finanzas e en oito membros (cinco de Stanley e tres de Camp) electos para mandatos de catro anos por sufraxio universal. Todos os políticos nas Illas Malvinas son independentes; non hai partidos políticos no arquipélago. Dende a elección xeral de 2013, os membros da Asemblea Lexislativa reciben un salario e traballan a tempo completo, ademais de seren obrigados a desistir de todos os empregos que exercían anteriormente.

Debido á súa ligazón co Reino Unido, as Malvinas fixeron parte dos países e territorios ultramarinos da Unión Europea. O sistema xurídico das illas, supervisado polo Ministerio dos Negocios Estranxeiros e Commonwealth, está amplamente baseado no dereito inglés e a constitución conecta o territorio ós principios da Convención Europea de Dereitos Humanos. Os moradores tamén teñen o dereito de recorrer ó Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e ó Consello Privado do Reino Unido. A aplicación da lei é de responsabilidade do Royal Falkland Islands Police (RFIP) e a defensa militar das illas é garantida polo Reino Unido. Unha gornición militar británica está estacionada nas illas e o goberno das Malvinas financia unha compañía de infantaría lixeira adicional de responsabilidade das Forzas de Defensa das Illas Malvinas. As augas territoriais das illas esténdense por 370 quilómetros a partir das súas costas, en base á Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar; esta fronteira coincide coa fronteira marítima da Arxentina.

Disputa da soberanía

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Monumento ós mortos na guerra das Malvinas, en Ushuaia, Terra do Fogo, Arxentina. A inscrición di: "O pobo de Ushuaia a quen… co seu sangue regou as raíces da nosa soberania sobre as Malvinas. Volveremos!!!"

Tanto a Arxentina como o Reino Unido reivindican a soberanía sobre o arquipélago. A posición dos británicos é a de que os malvineiros non indicaron un desexo de mudanza e que non hai problemas pendentes para resolver sobre as illas. O Reino Unido basea a súa posición na administración continua que fai das illas dende 1833 (agás en 1982, durante a guerra das Malvinas) e no "dereito á autodeterminación, tal como estabelece a Carta das Nacións Unidas", dos habitantes.

A Arxentina sustenta que os malvineiros non teñen dereito á autodeterminación, alegando que, en 1833, o Reino Unido expulsou as autoridades e os colonos arxentinos das Malvinas cunha ameaza de uso de "forza maior" e, despois, os arxentinos foron impedidos de volver ás illas. O goberno arxentino postula que adquiriu as Malvinas de España cando alcanzou a independencia en 1816 e que o Reino Unido ocupou ilegalmente o territorio en 1833.

En 2009, o daquela primeiro ministro británico, Gordon Brown, tivo unha reunión coa presidenta arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, e declarou que non habería máis negociacións sobre a soberanía das Malvinas. En marzo de 2013, as Illas Malvinas realizaron un referendo sobre o seu status político e o 99,8 por cento dos electores apoiaron seguir baixo o dominio británico. A Arxentina non recoñece as Illas Malvinas como un interlocutor nas negociacións; por conseguinte, rexeitou o referendo sobre a soberanía do arquipélago e considera as illas como parte da súa provincia da Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.

Economía

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Stanley é o centro financeiro da economía das Illas Malvinas.
Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Facenda na área rural das Malvinas.

A economía das Malvinas está clasificada como a 222ª maior do mundo por PIB (PPC), mais o arquipélago ocupa a 10ª posición por PIB (PPC) per capita. A taxa de desemprego foi de 4,1% en 2010 e a inflación foi calculada en 1,2% en 2003. En base ós datos de 2010, as illas teñen un Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) moi elevado (0,874), e un coeficiente de Gini moderado para a desigualdade de renda, de 34,17. A moeda local é a libra das Illas Malvinas, que está indexada á libra esterlina británica.

O desenvolvemento económico foi impulsado polo reabastecemento de navíos e pola cría de ovellas para a produción de la de alta calidade. Na década de 1980, malia que as fibras sintéticas afectaron o sector de cría de ovellas, o goberno estabeleceu unhas importantes medidas de recuperación económica co estabelecemento dunha zona económica exclusiva e coa venda de licenzas de pesca para "calquera persoa que pretenda pescar dentro desta zona". Dende o fin da guerra das Malvinas, en 1982, a actividade económica das illas centrouse cada vez máis na exploración de campos de petróleo no seu mar territorial e no turismo.

A cidade portuaria de Stanley recuperou o foco económico das illas, cun aumento da poboación, con traballadores migrantes de Camp. O medo da dependencia de licenzas de pesca e ameazas, como a sobrepesca, a pesca ilegal e flutuacións de prezos no mercado de peixes, fixo medrar o interese na exploración de petróleo como unha fonte alternativa das medidas; os esforzos de exploración aínda procuran "reservas explorábeis". Os proxectos de desenvolvemento en educación e deportes foron financiados polo goberno das Malvinas, sen a axuda do Reino Unido.

O sector primario da economía responde pola maior parte do produto interno bruto das illas, sendo a industria de pesca a responsable do 50-60% do PIB anual do arquipélago; a agricultura tamén contribúe de modo significativo para o PIB e emprega preto dunha décima parte da poboación. Un pouco máis dun cuarto da forza de traballo traballa para o goberno local, que é o maior empregador das Malvinas. O turismo, parte do sector servizos, foi estimulado polo aumento do interese na exploración da Antártida e pola creación de ligazóns aéreas directas co Reino Unido e América do Sur. Os turistas, na súa maioría de navíos de cruceiro, son atraídos pola vida salvaxe e polo medio ambiente das illas, así como por actividades como a pesca e o mergullo en naufraxios; a maioría hospédase en aloxamentos de Stanley. As principais exportacións das illas inclúen la, peles, carne de veado, peixes e luras; as súas principais importacións son combustibles, materiais de construción e roupa.

Cultura

Illas Malvinas: Etimoloxía, Historia, Xeografía 
Gauchos do continente de América do Sur, como estes dous homens en Hope Place, Illa Soidade, influenciaron o dialecto local.

A cultura das Malvinas está "baseada na cultura británica que foi traída polos colonos das Illas Británicas", malia que tamén foi influenciada polas culturas de América Latina. Algúns termos e nomes de lugares utilizados polos antigos habitantes gauchos das illas aínda son aplicados na fala local. A lingua predominante e oficial das Malvinas é o inglés, sendo o dialecto local o inglés británico; porén, os habitantes tamén falan castelán e outras linguas. De acordo co naturalista Will Wagstaff, "as Illas Malvinas son un lugar moi social e deterse a falar é un xeito de vida".

O arquipélago ten dous xornais semanais: Teaberry Express e The Penguin News, e as transmisións de radio e televisión son a programación do Reino Unido. Wagstaff describe a gastronomía local como "moi británica e con moita utilización de verduras, cordeiro, carne de carneiro, carne e peixes". Comúns nas comidas son os "bolos caseiros e biscoitos con té ou café". As actividades sociais son, de acordo con Wagstaff, "típicas dunha pequena cidade británica, cunha variedade de clubs e organizacións que cobren moitos dos aspectos da vida comunitaria".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Bibliografía adicional

Ligazóns externas

Tags:

Illas Malvinas EtimoloxíaIllas Malvinas HistoriaIllas Malvinas XeografíaIllas Malvinas DemografíaIllas Malvinas Goberno e políticaIllas Malvinas EconomíaIllas Malvinas CulturaIllas Malvinas NotasIllas Malvinas Véxase taménIllas Malvinas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bipartito galegoFrancisco Varela OuroNarónTarragonaArmando BlancoTonhito de PoiLondresOldhamXabier FortesMarcelo CaetanoVertoMañónLalínLista de episodios de Shin ChanCarlos SoberaTotó GarcíaAna María Fernández MartínezDiglosiaOtelo Saraiva de CarvalhoAntón LamazaresPosición do misioneiro invertidaVichelocregoNova YorkUnión AfricanaJosé Manuel Rodríguez PuenteFernando AlonsoInstagramManuel RicoAntónio de SpínolaLista de voces dos animaisNoelia ReyRataIrene FerrerasMiguel Ángel Zabalza BerazaParlamento de GaliciaEstanislao FiguerasFesta da Palabra SilenciadaO Pedrouzo, Arca, O PinoFauna de GaliciaRevolución dos caraveisMucha e NuchaGran Guerra IrmandiñaBortziriakAlbert EinsteinSuízaÑDiego González RivasDe NinghuresAccidente de ChernóbilLista de xentilicios de concellos galegosXurxo AyánSonDeSeuFelaciónFederico García LorcaMártires de CarralLareiraCoordenadas xeográficasPalauMéxicoLorenzo VarelaGabriel García Márquez28 de decembroPovoaçãoAbrilLista das aves de GaliciaRevolución dos CaraveisLontreiraHarvey WeinsteinOTANComarcas de GaliciaJesús Vázquez AlmuíñaLuisa Carnés🡆 More