Coeficiente De Gini

O coeficiente de Gini é unha medida da desigualdade ideada polo estatístico italiano Corrado Gini publicada no documento Variabilità e mutabilità (Variabilidade e mutabilidade en italiano), en 1912.

Normalmente utilízase para medir a desigualdade nos ingresos, dentro dun país, pero pode utilizarse para medir calquera forma de distribución desigual. O coeficiente de Gini é un número entre 0 e 1, onde 0 equivale á perfecta igualdade (todos teñen os mesmos ingresos) e o valor 1 correspóndese coa perfecta desigualdade (unha persoa ten todos os ingresos e os demais ningún). O índice de Gini é o coeficiente de Gini multiplicado por 100, é dicir, en porcentaxe, onde o 100 é o máximo, no canto de 1. Unha variación de dúas centésimas do coeficiente de Gini (ou dúas unidades do índice) equivale a unha distribución dun 7% de riqueza do sector máis pobre da poboación (por debaixo da mediana) ao máis rico (por derriba da mediana).

Coeficiente De Gini
Mapa de países segundo o seu coeficiente de Gini en 2017.
Coeficiente De Gini
Coeficiente de Gini do ingreso nacional no mundo. Mapa baseado en datos de 1989 a 2009, tomados do factbook da CIA (algúns datos son antes de impostos e transferencias, outras despois de impostos e transferencias).

Aínda que o coeficiente de Gini utilízase sobre todo para medir a desigualdade nos ingresos, tamén pode utilizarse para medir a desigualdade na riqueza ou renda. Este uso require que ninguén dispoña dunha riqueza neta negativa.

Definición

Coeficiente De Gini 
Diagrama que mostra a área a comprendida entre a curva de Lorenz e a diagonal do cadrado, dita área é proporcional ao coeficiente de Gini.

O coeficiente de Gini calcúlase como unha proporción das áreas no diagrama da curva de Lorenz. Se a área entre a liña de perfecta igualdade e a curva de Lorenz é a, e a área por debaixo da curva de Lorenz é b, entón o coeficiente de Gini é a/(a+b).

Esta proporción exprésase como porcentaxe ou como equivalente numérico desa porcentaxe, que é sempre un número entre 0 e 1. O coeficiente de Gini calcúlase a miúdo coa Fórmula de Brown, que é máis práctica:

Coeficiente De Gini 
Símbolo Nome
Coeficiente De Gini  Coeficiente de Gini
Coeficiente De Gini  Proporción acumulada da variable poboación
Coeficiente De Gini  Proporción acumulada dos variable ingresos

De forma resumida, a Curva de Lorenz é unha gráfica de concentración acumulada da distribución da riqueza superposta á curva da distribución de frecuencias dos individuos que a posúen, e a súa expresión en porcentaxes é o índice de Gini.

Propiedades

  • Todas as curvas de Lorenz pasan pola recta ou a curva que une os puntos (0,0) e (1,1). A maior índice de Gini tense logo unha maior desigualdade. Se dúas curvas de Lorenz se cruzan entre si, recoméndase non sacar conclusións de carácter visual, xa que poden ser enganosas; é mellor comparar a desigualdade que representan, calculando primeiro os índices de Gini correspondentes a cada curva.
  • Para determinar a área entre a curva de Lorenz e a liña de perfecta equidade, o ideal é calcular unha integral definida, pero ás veces non se coñece a definición explícita da curva de Lorenz, polo que é interesante utilizar outras fórmulas cun número finito de sumandos.
  • As propiedades do índice de Gini son comparables coas do cadrado do coeficiente de variación.
  • Empiricamente, a renda de moitos países aproxímase a unha distribución Gamma (con parámetro k < 5), isto é, uns índices de Gini entre 0,50 e 0,25. Os países con índices superiores a 0,50 teñen unha distribución aínda máis desigual que a distribución exponencial.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Tags:

Coeficiente De Gini DefiniciónCoeficiente De Gini NotasCoeficiente De Gini Véxase taménCoeficiente De Gini1912EstatísticaItaliaLingua italiana

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

New DealImperialismoO SalvadorRexións de FranciaMasturbación coas mamasShinovaArturo Fernández (xornalista)Aníbal MalvarCelanovaPontevedraAntonio GramsciThe WireRaquel AtanesMalariaNetflixDeputación da CoruñaÑRubén RiveraCory DoctorowLímite matemáticoRapa (serie de televisión)Benito KamelasParroquias de GaliciaSanta CombaForzas armadasPartido Comunista pola República GalegaAymeric LaporteRosario Porto OrtegaManu ChaoMarçal MolinéAppleTalkFervenza do ÉzaroAlicúnMandalaEstañoRosendo SalvadoChile (pemento)CornizóBenito SotoÁngel RodalPosición do misioneiroCapela SistinaXogoYouTubeHuelvaCastro CaldelasCourseraPortadaBloque Nacionalista GalegoSantiago de CompostelaVichyManuscrito VoynichLleidai0tj9Raposo comúnXacioPortomarínAzorUltradereitaXosefina de BeauharnaisTeobrominaFases da lúaSanta CompañaJulián MuñozBrahim DíazAntolín FaraldoTopónimos célticos en GaliciaPartido Comunista ItalianoQuim BarreirosHarry Potter e o misterio do príncipeDiáspora galega🡆 More