Monarquía Británica

Os monarcas británicos son aqueles que gobernaron a algún dos dous reinos máis importantes de Gran Bretaña, Escocia e Inglaterra ou á unión destas dúas coroas con Irlanda primeiro e Irlanda do Norte despois, formando o Reino Unido (de Gran Bretaña e Irlanda do Norte).

Evolución dos títulos reais británicos

Ao redor do século IX xurdiron en Gran Bretaña dous grandes reinos: Escocia e Inglaterra, cada un dos cales levaba aparellado o título de rei. Esta situación mantívose ata o século XII, xa que ao conquistar parte de Irlanda, o monarca inglés Henrique II, creou o Señorío de Irlanda, que pasou ao seu fillo máis novo Xoán I (coñecido como Xoán sen Terra), mentres que a coroa de Inglaterra recaía no seu fillo máis vello Ricardo Corazón de León; ao morrer este último, Xoán converteuse rei de Inglaterra e Señor de Irlanda.

O título mantívose constante ata que Henrique VIII de Inglaterra converteu o señorío en reino, pasando a denominarse rei de Inglaterra e Irlanda. Precisamente ao morrer sen descendencia a última das súas fillas, Isabel, as coroas inglesa e escocesa únense na persoa de Xacobe I de Inglaterra e VI de Escocia, que gobernou cos títulos de rei de Escocia, Inglaterra e Irlanda.

Este título mantívose ata que Ana I asinou a Lei de Unión entre Inglaterra e Escocia, pasando a ser Raíña de Gran Bretaña e Irlanda. O sucesor de Ana, Xurxo I de Inglaterra, achegou o electorado de Hannover á lista de títulos reais británicos. Posteriormente, unha Lei de Unión similar á de Ana, esta vez entre Gran Bretaña e Irlanda, foi asinada por Xurxo III do Reino Unido, que pasou a titularse Rei do Reino Unido, Gran Bretaña e Irlanda. Posteriormente, este mesmo monarca conseguiu que o Congreso de Viena convertese o electorado de Hannover en reino. Con todo, a súa neta Vitoria non puido conservar ese título debido á Lei sálica imperante en Hannover, aínda que foi coroada posteriormente como emperatriz da India, converténdose polo tanto en Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Emperatriz da India.

A independencia de Irlanda en 1922 e da India en 1947, reduciu o título ao de Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, que é o usado pola monarca actual, Isabel II.

Listaxe de reis británicos

Reis de Inglaterra Reis de Escocia
Nome Período
A casa de Wessex
Alfredo o Grande 871899
Eduardo o Vello 899924
Aelfweard 924
Aethelstan 924939
Edmundo I o Magnífico 939946
Edred 946955
Edwy 955959
Edgar 959975
San Eduardo II o Mártir 975978
Etelredo II 9781013
10141016
Edmundo II 9781013
10141016
A casa danesa
(Durante os primeiros anos houbo pretendentes saxóns ao trono).
Svend 10131014
Canuto I o Grande 10161035
Haroldo I 10351040
Harthacanute (Canuto Hardeknut) 10401042
A casa de Wessex (restauración)
San Eduardo III, o Confessor 10421066
Haroldo II 1066
Edgar Ætheling 1066
A casa de Normandía
Guillerme I 10661087
Guillerme II "Rufus" 10871100
Henrique I 11001135
Estevo I 11351154
Matilde I (Non chegou a gobernar)
A casa de Plantagenêt
Henrique II "Plantagenêt", conde de Anjou 11541189
Ricardo I "Corazón de León" 11891199
Nome Período
A casa de Alpin
Kenneth I 843858
Donald I 858862
Constantino I 862877
Aedh 877878
Eochaid 878889
Giric 878889
Donald II 889900
Constantino II 900943
Malcolm I 943954
Indulf 954962
Dubh 962966
Culen 966971
Kenneth II 971995
Constantino III 995997
Kenneth III 9971005
Malcolm II 10051034
Duncan I 10341040
Macbeth 10401057
Lulach 10571058
A casa de Dunkeld
Malcolm III 10581093
Donald III 10931094
10941097
Duncan II 1094
Edgar 10971107
Alexandre I 11071124
David I 11241153
Malcolm IV 11531165
Guillerme I 11651214
Reis de Inglaterra e Señores de Irlanda Reis de Escocia (continuación)
Nome Período
A casa de Plantagenêt (continuación)
Xoán I 11991216
Henrique III 12161272
Eduardo I 12721307
Eduardo II 13071327
Eduardo III 13271377
Ricardo II 13771399
A casa de Lancaster
Henrique IV, duque de Lancaster 13991413
Henrique V 14131422
Henrique VI 14221461
A casa de York
Eduardo IV, duque de York 14611483
Eduardo V 1483
Ricardo III 14831485
A casa de Tudor
Henrique VII 14851509
Nome Período
A casa de Dunkeld (continuación)
Alexandre II 12141249
Alexandre III 12491286
Margarida I 12861290
A casa de Balliol
Xoán Balliol 12921296
A casa de Bruce
Roberto I 13061329
David II 13291371
A casa de Balliol
Eduardo Balliol e David II loitaron polo trono.
Eduardo Balliol 13321338
A casa de Estuardo
Roberto II 13711390
Roberto III 13901406
Xacobe I 14061437
Xacobe II 14371460
Xacobe III 14601488
Xacobe IV 14881513
Reis de Inglaterra e Irlanda Reis de Escocia (continuación)
Nome Período
A casa de Tudor (continuación)
Henrique VIII 15091547
Eduardo VI 15471553
Xoana I 1553
María I 15531558
Isabel I 15581603
Nome Período
A casa de Estuardo (continuación)
Xacobe V 15131542
María I 15421567
Xacobe VI 15671625
Reis de Escocia, Inglaterra e Irlanda
Nome Período
A casa de Estuardo (continuación no caso de Escocia)
Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra 1567 (Escocia), 1603 (Inglaterra) –1625
Carlos I 16251649
A República de Inglaterra e o Protectorado
A república durou ata 1653, e sucedeulle o Protectorado que terminou en 1659, seguido dun período de anarquía ata a restauración de 1660.
Oliver Cromwell 16531658
Ricardo Cromwell 16581659
A casa de Estuardo (restauración)
Carlos II "o Alegre Monarca" 16601685
Xacobe II de Inglaterra e VII de Escocia 16851689
María II, Princesa de Orange 16891694
Guillerme III, Príncipe de Orange 16891702
Reis de Gran Bretaña e Irlanda
Nome Período
A casa de Estuardo (continuación)
Ana I 17021714
Reis de Gran Bretaña e Irlanda e Electores de Hannover
Nome Período
A casa de Hannover
Xurxo I 17141727
Xurxo II 17271760
Reis do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e do Reino de Hannover
Nome Período
A casa de Hannover (continuación)
Xurxo III 17601820 (Rei de Hannover:1814-1820)
Xurxo IV 18201830
Guillerme IV 18301837
Reis do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e emperadores da India
Nome Período
A casa de Hannover (continuación)
Vitoria I 18371901
A casa de Saxonia-Coburgo-Gotha
Eduardo VII 19011910
Reis do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e emperadores da India
Nome Período
A casa de Windsor
Xurxo V 19101936
Eduardo VIII 1936
Xurxo VI 19361952
Reis do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
Nome Período
A casa de Windsor (continuación)
Isabel II 19522022
Carlos III 2022–actualidade

Tags:

EscociaGran BretañaInglaterraIrlandaIrlanda do NorteReino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eduardo López BudénElvira RiveiroA Mesa pola Normalización LingüísticaImperio BizantinoVisigodosSexo oralBaionaPúrpuraMoreira (árbore)VerínMatriz cadradaAmorodoAquí no hay quien vivaJoe BidenPrehistoriaTereixa NavazaEnciclopediaRibadeoInformation Technology Infrastructure LibraryTeodorico II, rei visigodoFernando AlonsoVincent van GoghPedro J. RamírezAntón Avilés de TaramancosLista de prefixos e sufixosChumboIraqXosé Rubia BarciaAlfonso RuedaPontevedraLingua casteláBárbaroLagarto das silvasAliança Catalana24 de abrilXunta de GaliciaSegunda República EspañolaRelación sexual humanaAntonio MingoteMiki NadalGranma (iate)Concha BuikaCanle (comunicación)A morte na cultura popular galegaSevillaManuel Lago GonzálezBidueiroHorteláBlogNicolás González CasaresAntonio López DíazGonzalo LouzaoOs EoasFundación WikimediaAC-960Vila de CrucesVigoVienaGarbiñe MuguruzaO pensadorPoesíaGinger RogersLois PereiroOs ResentidosPolieno (química)PetróglifoGalego-portuguésMiguel de CervantesWikipedia en kusaalConcellos de GaliciaJessica AlbaBipartito galego🡆 More