Eduardo VIII do Reino Unido, nado o 23 de xuño de 1894 e finado o 28 de maio de 1972, foi rei do Reino Unido desde o 20 de xaneiro de 1936 até abdicar o 11 de decembro no mesmo ano.
Era o fillo máis vello do Rei Xurxo V do Reino Unido e da princesa María de Teck.
Como primoxénito de Xurxo V, Eduardo (coñecido por David en familia) tornouse Príncipe de Gales en 1910 despois da ascensión do seu pai. En 1930, Eduardo coñeceu a Wallis Simpson, unha americana divorciada. A relación amorosa non foi aceptada pola familia real, que recusou recibir a Eduardo na presenza dela, e resultou nun afastamento de Eduardo do pai e irmáns.
En xaneiro de 1936, Eduardo tornouse Rei e manifestou a súa intención de casar coa Mrs. Simpson. Após ver a súa suxestión de realizar un casamento morganático ser rexeitada polo Primeiro ministro Stanley Baldwin, Eduardo VIII tomou unha decisión drástica. En decembro do mesmo ano, abdica, argumentando que non sería capaz de carregar o peso da coroa sen o apoio da muller que amaba. A coroa pasou, entón, para o seu irmán mais novo, Xurxo VI e Eduardo tornouse Duque de Windsor, revertendo a súa condición de príncipe do Reino Unido.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Eduardo VIII do Reino Unido, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.