Orde Da Xarreteira

A Orde da Xarreteira (en inglés Order of the Garter) é unha orde militar creada por Eduardo III de Inglaterra, a máis importante comenda do sistema honorífico do Reino Unido.

Suponse que foi creada para destacar os esforzos de Inglaterra na cruzadas para conquistar Terra Santa.

Orde Da Xarreteira
Insignia da Orde da Xarreteira

Características

Na lenda asociada á creación desta Orde, Eduardo III estaba danzando coa Condesa de Salisbury nunha gran festa da corte, cando esta deixou caer a súa xarreteira. Ao apañala do chan e amarrala de novo na súa perna, o rei reparou que os presentes fitábanos con sorrisos e murmurios. Irado, exclamou: «Honni soit qui mal y pense» ("avergóñese quen nisto ve malicia"), frase que se tomou como lema da orde. Tamén dixo que aquela pequena xarreteira azul sería tan gloriosa que todos a haberían desexar.

Sendo esta historia verdadeira ou non, a Orde do Xarreteira foi, de feito, creada por Eduardo III, o seu símbolo é unha xarreteira azul escura, de rebordo dourado, en que aparecen inscritas, en francés, as palabras ditas polo rei. O monarca reinante do Reino Unido é sempre o gran mestre da Orde. Ademais do gran mestre existen os cabaleiros reais, nos cales se inclúe sempre ao Príncipe de Gales (o monarca pode tamén nomear varios membros máis da familia real), os cabaleiros extranumerarios (monarcas reinantes de países estranxeiros nomeados polo británico) e os cabaleiros ou damas-compañeiras (24 personalidades nomeadas polo monarca británico).

Véxase tamén

Ligazóns externas


Orde Da Xarreteira 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Tags:

CruzadasEduardo III de InglaterraInglaterraLingua inglesaOrde militarReino UnidoTerra Santa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O divino saineteCessna T-37 TweetBubelaAAbrilEmilio González AfonsoLista de episodios de DoraemonXinzo de LimiaLandraPablo EscobarTRataAgustín Fernández PazDistritos de PortugalCorzoRibeiraMerloDía das Letras GalegasMovimento das Forças ArmadasIgantziÁlvaro CunqueiroPaulino PereiroMiro CasabellaTorre de HérculesEnsaio (literatura)Deserto do SáharaÁlvaro MorataDiáspora galegaGuerraComarca de SarriaJuan CorralGerardo Pardo de VeraJulio Iglesias RedondoDigital object identifierPaís Vasco (rexión histórica)Manuel MaríaMoción de confianzaBipartito galegoXosé Carlos MorellConceyu BableUcraínaAC-211ChorimaCamilo Díaz BaliñoMártires de CarralLuisa CarnésAlexandre BóvedaDomingo García-SabellCuruxa comúnRepública ChecaTelevisión de GaliciaO Pedrouzo, Arca, O PinoAs leis de CelavellaLista de exónimos en galegoEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Imperio BritánicoAna María Fernández MartínezLuís CíliaGalaicosLista de presidentes da República PortuguesaFelaciónFerroAtlánticaHard GZIrene FerrerasAsunta Basterra PortoFranciaXXXTentacionBárbara ReyRafael NadalGalipediaInglaterraOurenseRexina Vega🡆 More